El ciudadano solicitó a la Consellería de Política Social el acceso a expedientes de quejas y denuncias sobre residencias de mayores. Tras la denegación, recurrió ante la Comisión de Transparencia de Galicia, que decide inadmitir la reclamación por haber sido presentada fuera del plazo legal de un mes.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es extemporánea ya que la resolución impugnada fue notificada el 1 de octubre de 2020 y la reclamación se presentó el 3 de marzo de 2021.
2
El transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión según el artículo 116 d) de la Ley 39/2015.
3
La tramitación de las reclamaciones ante la Comisión de Transparencia se ajusta a la normativa de procedimiento administrativo común en materia de recursos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Gallcla na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Visto o escrito presentado por con data do 3 de marzo de
2021 no Rexistro electrónico da Xunta de Galicia, remitido pola Dirección Xera l de Avaliación
e Reforma Administrativa con data do 11 de marzo de 2021, polo que interpón unha
reclamación ante a Comisión da Transparencia contra a Resolución da Consellería de Política
Social do 1 de outubro de 2020, pola que se lle denega a súa solicitude de acceso á información
aos expedientes de todas as queixas, reclamacións e denuncias presentadas en nome propio
e no ante o servizo de inspección sobre residencias de maiores, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 27 de abril de 2021, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
presentou, mediante escrito presentado con data do
a reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, unha Reclamación contra Resolución da
Consellería de Política Social do 1 de outubro de 2020, pola que se lle denega da súa solicitude
de acceso á información aos expedientes de todas as queixas, reclamacións e denuncias
presentadas en nome propio e no ante o servizo de inspección
sobre residencias de maiores.
O reclamante indicaba que se lle nega o acceso a actuación do seu servizo de inspección,
amparándose no artigo 14 da Lei 19/ 2013 e no artigo 25 da lei 1/2016, así como no artigo
72.3 da lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia que establece a obriga de sixilo profesional
do persoal inspector, que debe respect ar a confidencialidade dos datos persoais que afecten
a intimidade dos usuarios ou as persoas relacionadas co servizo.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comisiondal!an~parencia.gal www.c.omisiondatransparencia.gal
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.gal
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia
de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter
potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que
debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto
impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio
administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación
da reclamación é extemporánea, xa que a notificación da resolución reclamada practicouse o
1 de outubro de 2020, e, segundo consta no expediente, a reclamación tivo entrada no
Rexistro da Xunta de Galicia o 3 de marzo de 2021, é dicir, fóra do prazo previsto.
Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no
artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das
Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos
interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de
Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co
disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a
interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de
conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da
reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de
procedemento administrativo.
i' fi- (•3'1) 981569740 ( } Rua do Hórreo, 65
ii '· 15700, Santiago de Compostela
t,'lj i·, ,,"> ;n;:·
,:..,,< ;•· 1·c•1. 1\
.,. ;. A Coruña
I.H.• ,.í
\ r,¿~fi( IÍ .,r,-\: ~
~ ,.; info@comisiondat,ansparencia.ga1 ~ ,., wvlW cornisioncfatransparencia.gal
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión
do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xulllo de 2017),
ACORDO
Único: lnadmitir a reclamación presentada por contra a
Reclamación contra Resolución da Consellería de Política Social do 1 de outu bro de 2020, pola
que se lle denega da súa solicitude de acceso á información aos expedientes de todas as
queixas, reclamacións e denuncias presentadas en nome propio e no
~ nte o servizo de inspección sobre residencias de maiores.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa un icamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administ rativo do Tribunal Superior de Xust iza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
admi nistrativa .
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 202 1.04.28 09:54:1 O+02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
/;