Desestimada 25/05/2021 · 93 días en resolverse

Reclamación contra la resolución de acceso al expediente AIP-MI-LU-2020-2 y desestimación de la misma

Una empresa reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia contra la resolución que permitió el acceso de una asociación a un expediente sobre actividades mineras. Alegó falta de competencia del órgano emisor, carácter ambiental de la información y abuso de derecho. La Comisión desestimó la reclamación al haberse convalidado el acto y no acreditarse finalidad antijurídica.

Puntos clave de la argumentación

1 El vicio de falta de competencia de la resolución original fue subsanado mediante la convalidación efectuada por la Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais según el artículo 52 de la Ley 39/2015.
2 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante acredite legitimación, sea interesado o motive su solicitud, siendo irrelevante la finalidad estatutaria de la asociación.
3 La documentación solicitada no se considera información ambiental según la Ley 27/2006, ya que versa sobre actuaciones previas a un expediente sancionador relacionadas con yacimientos arqueológicos, teniendo carácter patrimonial o cultural.
4 El carácter abusivo de una solicitud debe evaluarse según el contenido objetivo de la documentación y no por los móviles del solicitante, no pudiendo denegarse el acceso basándose en la presunción de un uso ilegítimo futuro de la información.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencla e bo goberno Vista a reclamación presentada por en representación de - mediante escrito do 21 de febreiro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de maio de 2021, adopta a segui nte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. A Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e lndustria, remitiu con data do 26 de febreiro de 2021, unha reclamación do 21 de febreiro de 2021, presentada por en representación de ao amparo do establecido no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra a Resolución do 14 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación pola que se convalida a resolución do 6 de abril de 2020, pola que se da acceso á ao expediente AIP-MI-LU-2020-2. O reclamante en síntese indicaba que a resolución ditouse pola Xefatura Territorial da Consellería, que carece de competencias de conformidade co disposto no artigo 27.4 da lei 1/2016 e sen que conste a existencia de delegación de competencias de acordo co disposto no artigo 40.4 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público. Considera que a resolución impugnada é ilegal, por canto non se lle remitiu a copia da solicitude realizada pola nin copia dos estatutos da dita asociación como tiñan solicitado. (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisíondatransparencia.gat Considera que información solicitada é información sancionadora/ambiental, polo que debe tramitarse a solicitude de acordo co disposto na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, que é un réxime específico no que se esixe unha lexitimación ao solicitante para ter dereito de acceso a este tipo de información, esixe a existencia dun vinculo entre a Asociación ou Corporación accionante e o obxecto do proceso. Considera que en base ao disposto no artigo 7 do Código Civil e o artigo 11.2 da Lei Orgánica do Poder Xudicial que a solicitude é abusiva e que a Asociación solicitante converteu o peche da explotación mineira e a súa actividade industrial nunha auténtica obsesión, en algo obxecto de acoso e derribo. Segundo. Con data do 4 de marzo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola entidade reclamante á Consellería de Economía, Emprego e lndustria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 20 de abril de 2021 a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación Consellería de Economía, Emprego e lndustria contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a resolución de procedemento de acceso a información do 14 de xaneiro de 2021 ditada pola Xefa Territorial en Lugo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación no expediente AIP-MI-LU-2020-2 foi obxecto de convalidación por parte da directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais mediante resolución do 15 de abril de 2021 e notificada ás partes interesadas no expediente. Ao ter por obxecto a resolución do 14 de xaneiro a convalidación da resolución do 6 de abril de 2020, e ter sido esta obxecto de recurso polos mesmos reclamantes e que se está a tramitar nesa Comisión co número RSCTG 72/2020, considera que procedería a acumulación coa RSCTG 19/2021. Respecto ao fondo do asunto, de acordo co informe emitido pola xefa do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo, consta que a tramitación se realizou conforme a Lei 19/2013, dado que a información pública solicitada é relativa a un procedemento de actuacións previas a un expediente sancionador por posibles actividades mineiras que afectaría a xacementos arqueolóxicos próximos a canteira Trinidade nº257, ao non apreciarse que se tratase de unha solicitude de información ambiental. (1 \,~ (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 Í ~ \ i_ _; ~ Í< H i { !;- -t 15700, Santiago de Compostela . '~ t rar1.sp:.:irf--ndê1 A Coruña 'lt ~,: ,. ,,. Ccditi¿.1 f ~} [email protected] • .J""I~ \WJW.<.omisiondatrans.pare-ncia.gal Figura no informe da Xefatura Territorial respecto das alegacións presentadas pola reclamante, que en canto a que non lle foi remitida a solicitude de acceso á información pública e que polo tanto non lle foi posto de manifesto a motivación da mesma, nin dos seus estatutos ou da súa representación, que a dita solicitude non contiña motivación, e en canto á acreditación da representación da Asociación, esta xa lle foi remitida na tramitación doutros expedientes. A Xefatura Territorial considera que o carácter ambiental da información solicitada non foi posta de manifesto polo solicitante nin apreciada pola administración, dado que o acordo de peche de actuacións previas solicitado, é un documento de investigación e comprobación de feitos denunciados, non constitúe propiamente documentación ambiental, senón que ao afectar a xacementos arqueolóxicos próximos á Canteira, enténdese a dita documentación de carácter patrimonial ou cultural. Respecto da consideración de existencia de abuso de dereito alegado pola mercantil,. Se ben é certo que son numerosas as solicitudes de acceso á información pública presentadas pola Asociación, non se puido constatar unha finalidade antixurídica das mesmas, polo que se procedeu a conceder a información solicitada. Cuarto.- Con data do 29 de abril de 2021, remitíuselle á - copia da reclamación presentada por como terceiro interesado, a fin de que no prazo de dez días, puidese presentar as alegacións ou documentos que estime convinte. Transcorrido o dito prazo, a asociación non presentou alegacións. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa . Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] wv--JW.c.omisiondatransparencia.gal dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, á entidade recorrente aceptou a notificación da resolución con data do 21 de xaneiro de 2021, e a súa reclamación apresentou no Concello de Foz con data do 19 de febreiro do mesmo ano, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Acumulación de expedientes. Débese en primeiro lugar, resolver sobre a acumulación formulada no oficio remitido pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais que considera que ao ter por obxecto a resolución do 14 de xaneiro de 2021 (convalidada pola Dirección Xeral con data do 15 de abril de 2021), a convalidación da resolución do 6 de abril de 2020, e ter sido esta obxecto de recurso polos mesmos reclamantes e que, segundo a Dirección Xeral, se está a tramitar nesa Comisión co número RSCTG 72/2020, considera que procedería a acumulación co presente expediente. Respecto da acumulación dos expedientes administrativos, o artigo 57 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, establece que o órgano administrativo que tramite un procedemento, poderá dispoñer de oficio a súa acumulación a outros cos que garde identidade substancial ou íntima conexión, sempre que sexa o mesmo órgano quen deba tramitar e resolver o procedemento. Os efectos que produce a acumulación de expedientes administrativos, é a de resolver nun só procedemento e nunha soa resolución todas as cuestións expostas, para o que é necesario que ambos expedientes se atopen en nas mesmas fases procedimentais. No presente caso, o expediente RSCTG 72/2020, foi resolto pola Comisión da Transparencia en sesión celebrada con data do 29 de setembro $ it e (•34) 981 56 97 40 {:¡ Rúa do Hórreo, 65 ;i fh' -,• ¡··, <, l ·; ;.¡ r <,, ,. ,· ¡ ,:, A Coruña 1 ,.,a · ··· ~·"'·'i_.,\ ...... i,~• ta .,. c;ancit (1J info@comi$iOodatransparencia.ga1 (f;} www.comtsiondatransparencia.ga1 de 2020, polo que carece de sentido a acumulación dun expediente, o RSCTG 72/2020, no que xa se ditou resolución por esta Comisión, co presente expediente. Sexto.- Análise do expediente Entrando xa na análise das alegacións contidas na reclamación presentada pola representación de a alegación da falla de competencia da Xefatura Territorial que existía na resolución do 14 de xaneiro de 2021 non pode ser estimada, por canto a mesma, que se ben adoecía do vicio de falla de competencia por terse ditado pola Xefatura Territorial, foi convalidada pola resolución do 15 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, en base ao disposto no artigo 52 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sendo por tanto en base á dita convalidación, ditada polo órgano competente, de acordo co disposto no artigo 27.3 da Lei 1/2016. En canto a alegación de que a resolución impu reclamante a copia da solicitude realizada pola nin a copia dos estatutos da dita asociación, como tiñan solicitado, e necesario lembrar que o acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo, polo que non é esixible nin ter a consideración de interesado nin acreditar lexitimación algunha para o acceso. Neste senso todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercício das súas funcións, que por tanto constitúe información pública, pode ser obxecto dunha solicitude de acceso, sen que sexa necesario motivar a solicitude, xa que non está vinculada á titularidade dun interese por parte do solicitante, de conformidade co disposto no artigo 26 da Lei 1/2016 e 17 da Lei 19/2013, polo que a efectos de acceso á información pública é completamente irrelevante coñecer si os fins para os que se constituíu a asociación, están ou non relacionados coa información solicitada. Respecto da consideración da información solicit ada como información ambiental, debemos ter en conta que de acordo co disposto no artigo 2.3 da Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regu lan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, é información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente que lles afecten, as medidas admin istrativas, políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente e os informes sobre a execución da lexislación ambiental. No presente caso, tal e como se fai constar no fundamento xurídico da resolución da. informe da Xefatura Territorial, a solicitude ten por obxecto o acceso a un procedemento de actuacións. previas a un expediente sancionador por posibles actividades mineiras que (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 info@cornísiondatransparencia.gal wvvw.comisiondatransparencia.gal afectaría a xacementos arqueolóxicos proxImos a unha canteira, e que non derivou en expediente sancionador, polo que non pode considerarse que se trate de información ambiental. Respecto á consideración pola entidade reclamante, de que en base ao disposto no artigo 7 do Código Civil e o artigo 11.2 da Lei Orgánica do Poder Xudicial a solicitude é abusiva por canto a Asociación solicitante converteu o peche da explotación mineira e a súa actividade industrial nunha auténtica obsesión, en algo obxecto de acoso e derribo, de acordo coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 436-2020, o carácter abusivo debe avaliarse en función do contido obxectivo da documentación solicitada, e por tanto, as motivacións do solicitante ou os móbiles que lle impulsan non son parte esencial do xuízo sobre a admisibilidade da solicitude de acceso á información pública, sen que poida basearse a inadmisión na presunción polo órgano requirido, dunha futura utilización ilexítima da información obtida. A formulación ampla no recoñecemento e na regulación legal do dereito de acceso á información obriga a interpretar de forma estrita, cando non restritiva, tanto as limitacións a ese dereito que se contemplan no artigo 14.1 da Lei 19/2013 como as causas de inadmisión de solicitudes de información que aparecen enumeradas no artigo 18.1. Por iso, non pode utilizarse o feito de que o solicitante sexa unha asociación e os seus fins estatutarios desta para tachar de abusiva a solicitude, referida a información pública á que calquera cidadán pode acceder, cando a motivación do solicitante e a finalidade para a que se vai a utilizar esa información nin se expresa na solicitude, nin tiña por que explicitarse. Non se pode denegar o acceso por unha presunción sobre o destino futuros que se lle poida dar a esa información, destino que en todo caso vén condicionado polo disposto no artigo 24.2a) da Lei galega 1/2016 de transparencia e bo goberno, conforme ao cal no exercicio do seu dereito ao acceso á información pública garantirase á cidadanía a posibilidade de utilización da información obtida sen necesidade de autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou outras leis. É dicir, calquera utilización da información non terá máis limitacións que as derivadas con carácter xeral das leis, e se esa utilización fose ilexítima, o reclamante poderá utilizar os mecanismos de defensa previstos no ordenamento xurídico, pero non pode utilizarse ese eventual feito posterior, futuro e hipotético como un prius que impida o exercicio dun dereito recoñecido legalmente a todas as persoas, neste caso a unha Asociación. Neste senso, considérase, tal e como figura no informe da Consellería, que non existen elementos que poidan constatar que a solicitude de acceso teña finalidade antixurídica algunha. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, .t 4,~ (+34) 98156 97 40 (;'j., Rua do H6rreo, 65 -f' :t¡ Uérn:-,¡ú1r0nd¿i ·1it /1, i "l t>·;1·l ¡·•·¡:::, l._) ~ t. •..-.,! CJ info@comisiondatram,paiE"ncia.ga1 e WY/W,COmisiondatr-anspareoc:ia.gal ACORDA Única: Desestimar a reclamación presentada por en representación de contra a Resolución do 14 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación pola que se convalida a resolución do 6 de abril de 2020, pola que se da acceso á ao expediente AIP-MI-LU- 2020-2. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.05.27 10:24:48 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.