Una empresa reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia contra la resolución de la Xefatura Territorial da Coruña que permitía el acceso a expedientes mineros. La empresa alegó que la información contenía secretos industriales y know-how. La Comisión desestimó la reclamación por falta de concreción del perjuicio, aunque se abstuvo de pronunciarse sobre los planes de restauración y labores por ser información ambiental.
Puntos clave de la argumentación
1
La aplicación de límites al acceso a la información requiere la concurrencia de un perjuicio real, concreto y no hipotético, superando la mera alegación de riesgo de filtraciones.
2
Para denegar el acceso basándose en secretos industriales, el recurrente debe delimitar y justificar específicamente qué partes de la documentación están amparadas por dicho secreto, no bastando alegaciones genéricas.
3
El hecho de que una empresa solicite una concesión administrativa implica la conciencia de que la documentación formará parte de un expediente público accesible a interesados.
4
El uso posterior e ilegítimo de la información obtenida no puede justificarse como motivo para impedir el ejercicio del derecho de acceso a la información pública.
5
La información relativa a planes de restauración y labores mineras se considera información ambiental y, por tanto, se rige por la Ley 27/2006, quedando fuera de las competencias de la Comisión da Transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por en representación d e -
mediante escrito do 1 de marzo de 2021, e considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 25 de maio de 2021, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación de preseritou,
mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 1 de marzo de 2021, unha
reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, contra a Resolución do procedemento de acceso á información
ditada no expediente número incoado pola Xefatura Territoria l da
Coruña, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación da
Coruña, en virtude de solicitude formulada pola
O reclamante, en resumo, indicaba que é titular d
. , 4,
e por t anto titular lexítimo
dos dereitos de propiedade intelectual e industrial dun notable conxunto de informes, planos,
mapas, estudos, incluídos os Plans de Labores, de Explotación e de Restauración, contratos e
outros datos referentes aos bens e dereitos, e outra documentación técnica e económica que
(~ (+34)98156 9740 Rua do Hórreo, 6S
1S700, Santiago de Compostela
A Coruña
{1:J [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
conforman o know-how da empresa e é necesaria para a actividade regular e detentador dun
interese tamén lexítimo en que se protexa o referido carácter reservado desa información,
evitando innecesarios accesos e risco de filtracións a terceiros.
Afirma que ten constatados diversos casos de filtracións de información sensible a terceiras
entidades que veñen facendo un uso indebido, por manipulación intencionadamente
terxiversada e infundada do seu contido, que redunda en prexuízo e descrédito público de
GTT e das propias Autoridades Mineira e Ambiental.
Afirma no seu escrito de alegacións que de acordo coa Instrución 6/2018, do 3 de agosto de
2018, da Dirección Xera l de Enerxía e Minas sobre acceso á información pública en materia de
minas, non .se deben admitir nin atender solicitudes expostas en termos xenéricos e con
pretensión de alcance omnímodo, como foi neste caso, do mesmo xeito que se establece no
artigo 19 da Lei 19/2013.
Considera que aínda que non se poida esixir motivación na solicitude de acceso á información,
o órgano competente si debe ponderar os dif,erentes dereitos e intereses que se vexan
afectados.
Alega o carácter reservado de información que consta nos expedientes administrativos e a
necesidade de salvagardar polo seu carácter confidenciai ou reservado, o amplo conxunto de
información de natureza técnica, comercial, fíinanceira, etc., que contén a información
solicitada. Considera que non ten sentido diseccionar por exemplo un proxecto ou un informe
de voaduras ·como os que se conteñen na información solicitada, de tal forma que se
manteñan protexidos aquelas "palabras, liñas ou parágrafos" que, por referirse a t écnicas
propias da empresa solicite manter afastadas do coñecemento de competidores, e separar
outras que poidan satisfacer o interese dun terceiro solicitado e a información sobre
almacenamento e emprego de explosivos debe ser protexida na súa integridade, sen que
caiba levar a cabo esa espede de "disección" por "palabras, liñas ou parágrafos", como se
pretende na resolución impugnada.
A obtención, utilización ou revelación ilícitas dun segredo empresarial comprometen a
capacidade do seu titular lexítimo para aproveitar as vantaxes que lle corresponden como
precursor polo seu labor de innovación.
Informa que a empresa púxose por escrito ao dispor da Asociación
solicitante, pa ra manter un a reunian e, en unción da mesma, facilitar a información que
correspondese, sen obter resposta por parte deste.
desenvolvendo, como actual t itular do
tendentes á reapertura da mina, conforme as au onzac1ons e apro
2.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo. 65
15700, Sontiago de Compostela
A Coruña
O info@comisiondatran~pare ncia.ga1 www.comisiondatranspa:en(ia.ga1
outorgadas, polo que pon de relieve o posible uso sesgado e parcial da documentación que
poidan obter determinadas asociacións ou grupos de presión.
solicita de forma subsidiaria, enténdese que de non estimarse
tota lmente a súa reclamación, a estimación parcial, no senso de que lle sexan facilitadas á
entidade solicitante as resolucións de transmisión e de consol idación de dereitos, sempre e
cando non se lle dea traslado das condicións especiais, por estar estas vinculadas a datos e
aspectos técnicos e económico-financeiros que si merecen a protección, e que non se lle
facilite o acceso aos Plans de Labores, que conteñen o know-how da titular da explotación.
Segundo. Con data do 3 de marzo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Econom ia, Empresa e lnnovación para
que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de marzo de 2021.
Terceiro. Con data do 24 de abril de 2021 a Vicepresidencia Segunda e Conselleria de
Economia, Empresa e lnnovación contesta a petición remitindo o informe e o expediente
instruído.
No informe sinálase que a resolución de procedemento de acceso a información do 20 de
xaneiro de 2021 ditada polo Xefe Territorial na Coruña da Vicepresidencia segunda e
Conselleria de Economia, Empresa e lnnovación no expediente foi
obxecto de convalidación por parte da directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos
Naturais mediante resolución do 15 de abril de 2021, da que xunta copia.
De acordo co informe do 18/03/2021 da Xefatura Territorial, consta que na tramitación do
expediente de solicitude de acceso seguiuse o procedemento que establece a normativa. A
información solicitada refírese a diversos expedientes de dereitos mineiros e permisos de
investigación, en concreto aos denominado
as, como ao permiso de investigacion
e entre a información pública solicitada hai información que se considerou ambiental,
como os plans de restauración, que se tramitaron coas especificidades propias da Lei 27/2006.
As alegacións presentadas por sinala que son practicamente
coincidentes con as que presentou durante a fase de alegacións durante a tramitación do
expediente de acceso a información pública; e referidas a concorrencia da condición de outros
terceiros interesados lexitimados para formu lar alegacións, posible vicio procedimental por
omisión do trámite de alegación a terceiros, incumprimento do deber de identificación e
concreción da información, carácter reservado de información obrante nos expedientes
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
administrativos e a necesidade de salvagardalo e necesidade de ponderación dos intereses
concorrentes e interpretación estrita dos termos en que se formulou a solicitude.
Estas alegacións, déuselles xa resposta na resolución do 20 de xaneiro de 2021 da Xefatura
Territorial son, tal e consta no expediente que se achega, e foron obxecto de desestimación
motivada na dita resolución do 20 de xaneiro de 2021.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e quE: fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga!
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
O artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas, ao regular os termos e prazos, que se o prazo se fixa en meses ou
anos, estes computaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou
publicación do acto de que se trate. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a
r
"'
~ (+3◄)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago d e Compostela
re·~
'Y:f!'
info@comisiondauam.:pare-ncia.ga1 www.<.ornisiondatransparencia.ga1
notificación, si o último día de prazo é inhábil, se entenderá prorrogado ao primeiro día hábil
seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o
cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
No presente caso, consta que a entidade accedeu á notificación da resolución o 29 de xaneiro
de 2021, polo que non existindo día equivalente no mes de febreiro, o último día de prazo era
o 28, que ao ser día inhábil se entende prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, é dicir, 1 de
marzo de 2021, día no que se presentou a reclamación, polo que debe admitirse a por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
De acordo co informe remitido pola Consellería, a representación da
- solicitou acceso no seu escrito de concreción da solicitude presentado con data do 19
de novembro de 2020, á información referente á titularidade actual das concesións dos
dereitos mineiros vixencia das
concesións, plans a ores anuais presenta os con respec o a ca a un a e as, solicitudes
de prórroga, concesión de prórrogas, permisos de investigación solicitados e concedidos e
para que minerais, anuncios de exposición ao público de ser o caso para os permisos de
investigación solicitados e plans de restauración presentados.
A información solicitada debemos de considerar que se trata de información pública por
canto se trata de información que forma parte dun expedientes administrativos de concesión
mineira, e por tanto elaborada e adquirida polo órgano competente da Administración na
materia, e no exercício das súas funcións. En contra do alegado pola recorrente, considérase
que a solicitude concreta o obxecto da información solicitada tras ser requirido polo Xefatura
Territorial para que se fixera tal concreción, de acordo co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013.
Da documentación solicitada, considérase que o acceso á mesma debe rexerse polo disposto
na Lei 19/2013 e Lei 1/2016, agás na información referente ao o pian de restau ración
presentado polo solicitante do permiso de investigación e aos plans de
labores mineiros, que ao tratarse de información de contido ambiental, ten na Lei 27/2006,
do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental,
participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, unha regulación de acceso á
información específica, que de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira
da Lei 19/2013, debe tramitarse polo seu réxime específico.
O artigo 2.3 da Lei 27 /2006, considera información ambiental toda información en forma
escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos
elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como
substancias, enerxía, ru ído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como
políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes
sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas,
condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións.
De acordo co establecido na Resolución da Consellería de lnnovación e lndustria do 22 de
decembro de 2008 (DOG nº 20, do 29 de xaneiro de 2009), pola que se aproba e se fai público
o novo modelo do Pian de labores de actividades mineiras, existen numerosas referencias a
información medioambiental, tales como información sobre control hidroxeolóxico, drenaxes,
balsas e presas de decantación e de residuos, destino de lodos, destino dos lodos, materias
primas tratadas, produción de residuos e o seu destino, restauración e condicións ambientais
impostas, informes de seguimento ambiental anual, entre outros, polo que queda fora do
ámbito de competencias desta Comisión, pronunciarse sobre o acceso á información referido
aos plans de labores mineiras.
Os motivos de oposición á resolución impugnada, refírense á necesidade de protección, por
parte da recorrente, dos dereitos de propiedade intelectual e industrial do conxunto de
informes, planos, mapas, estudos, contratos e outros datos referentes aos bens e dereitos, e
outra documentación técnica e económica que conforman o know-how da empresa e
necesaria para a súa actividade, dos innecesarios accesos e risco de filtracións a terceiros, isto
é, a concorrencia do límite de acceso á información contido no artigo 14.1.J) da Lei 19/2013.
De acordo coa literalidade do art. 14.1 só procede a aplicación dun límite ao acceso á
información pública en presenza dunha lesión ou prexuízo efectivo ao ben ou interese xurídico
protexido en cada un dos seus apé!rtados que sexa consecuencia do dito acceso. En
consecuencia, é necesario que concorra de forma indubitada a posibilidade real, non
hipotética, e concreta, de producirse un prexuízo, sen que sexa suficiente a mera alegación de
que se poida producir unha lesión no ben ou interese protexido, sendo necesario ademais que
non concorra no caso ningún interese superior que poida xustificar a concesión.
As condicións expresadas deben darse conxuntamente, de modo tal que calquera invocación
do art. 14.1 ten un dobre condicionante e require a realización polo aplicador de dous exames
sucesivos, os denominados pola doutrina especializada e o preámbulo da Lei test do dano e
test do interese. A través do primeiro compróbase a probabilidade do hipotético prexuízo ou
lesión e a existencia dun nexo causal entre o acceso á información que se solicita e o prexuízo
alegado. Mediante o segundo compróbase se existe no caso algún interese superior ao
protexido coa limitación que xustifique o acceso solicitado.
O artigo 14.2 da Lei 19/2013 engade aínda unha condición mais para a aplicación dos límites,
consistente en que a súa aplicación sexa xustificada e proporcionada ao seu obxecto e
finalidade de protección.
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1
Esta condición opera en dobre sentido: esixe por unha banda que a apreciación da certeza da
lesión ou prexuízo no interese protexido e a da superioridade dos outros intereses en presenza
sexan razoadas e, por outro, que unha vez apreciada a limitación do acceso, esta sexa dunha
intensidade proporcional á entidade do dano que se trata de evitar, isto é, que se limite ao
estritamente necesario para salvagardar o ben protexido.
A propiedade intelectual e industrial, constitúen límites que responden a intereses e dereitos
de natureza privada, debido a que se refire a dereitos de terceiros, non da propia
Administración Pública.
Cando unha empresa solicita unha autorización ou concesión administrativa, é consciente de
que a documentación que presente vai a formar parte dun expediente administrativo e que
sobre o seu contido, poderán obter información os que teñan interese en relación co
outorgamento desa autorización ou concesión. Débese nese caso sinalar cales son os contidos
ou partes da documentación que están amparados polo segredo intelectual ou industrial, de
ser o caso no momento da súa presentación, e xustificalo convenientemente no trámite de
audiencia que se debe conceder ante unha solicitude de acceso ao expediente.
No presente caso a entidade recorrente, nin nas alegacións presentadas no trámite de
audiencia, nin no seu escrito de reclamación ante esta Comisión, delimita nin xustifica nin
minimamente, que parte da documentación solicitada debe limitarse do acceso, limitándose
a alegalo de forma xenérica.
Con respecto da constatación por parte da reclamante de diversos casos de filtracións de
información sensible da que se pode facer un u?o indebido, débese ter en conta que a Lei
1/2016 establece no seu artigo 24.2 que o cidadán, no exercido do seu dereito ao acceso á
información pública ten dereito de utilizar a información obtida sen necesidade de
autorización previa e sen máis limitacións que as derivadas desta ou outras leis, polo que
calquera utilización da información obtida, non terá máis limitacións que as derivadas con
carácter xeral das leis, e se é ilexítima, o titular da mesma poderá utilizar os mecanismos de
defensa previstos no ordenamento xurídico; pero en ningún caso pode utilizarse un eventual
feito posterior, futuro e hipotético, como xustificación para impedir o exercício dun dereito
recoñecido legalmente a todas as persoas.
De acordo co anterior, por considerar que a resolución recorrida é conforme coa normativa
en materia de acceso á información pública, procede a desestimación da reclamación
presentada, agás no referente ao pian de restauración e plans de labores mineiros, sobre os
que por tratarse de información de carácter ambienta, esta Comisión carece de competencias
para pronunciarse.
f:~t} Rúa do Hôrreo, 65
ACoru~a
~j www.comisiondatransparencia.ga1
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada con data do 1 de marzo de 2021 p o r -
en representación de contra a Resolución do
procedemento de acceso á información ditada no expediente incoado
pola Xefatura Territorial da Coruña, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía,
Empresa e lnnovación da Coruña.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado dig italmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.05.27 10:26: 13 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.