El solicitante pidió a la Consellería de Sanidade de Galicia el acceso a las auditorías de acreditación de hospitales. La Consellería denegó el acceso alegando que eran documentos internos, que requerían reelaboración y contenían datos personales. La Comisión da Transparencia estima la reclamación y ordena dar acceso a la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La información no puede considerarse auxiliar o de apoyo ya que las auditorías son instrumentos relevantes para la toma de decisiones en el proceso de acreditación hospitalaria.
2
El volumen extenso de la información solicitada no justifica la inadmisión por reelaboración, ya que se trata de documentos concluidos y no de la creación de nueva información.
3
La falta de soporte técnico o la destrucción parcial de documentos antiguos no es causa de inadmisión, sino que limita la entrega a lo que efectivamente exista.
4
No se acredita la existencia de datos personales de salud en las auditorías, y en caso de existir, la Administración debe proceder a su disociación antes de la entrega.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 26 de
novembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de maio
de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexist ro
do Valedor do Pobo o 2 de marzo de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 25
de febrei ro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que se
inadmite a súa solicitude de acceso ás auditorías de acreditación de hospitais realizadas pola
dita Consellería de acordo co Decreto 52/2001.
O reclamante indica que de acordo coa sentenza do Tribunal Supremo do 16 de outubro de
2017 (casación 75/2017) as causas de inadmisión deben ser interpretadas de forma estrita,
cando non restritiva, sen que caiba aceptar limitacións que supoñan un menoscabo
inxustificado e desproporcionado do dereito de acceso á información.
Que o Decreto 52/2001, do 22 de febreiro sinala respecto á acreditación dos centros
hospitalarios, que o seu certificado de acreditaci-ó n debe ser obxecto de exposición nun lugar
visible ao publico e que a acreditación ten unha duración máxima de 4 anos, polo que habendo
un rexistro de centros acreditados e dado que a acreditación dura un máximo de 4 anos non
debería ser problema para a Administración acceder ás auditorías realizadas no proceso de
acreditación·. O Decreto citado na súa exposición de motivos, alude á transcendencia pública
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 6.S
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga[
das acreditacións ao dicir que este sistema permite coñecer os niveis de calidade dos hospitais
e identificar as posibles áreas de mellora, o que redundará en beneficio tanto do sistema
sanitario e dos seus usuarios, como dos propios centros e dos seus profesionais, e esta
transcendencia pública é negada pola resolución recorrida.
Por tanto se as auditorías tradúcense nun certificado público, hai un rexistro de centros
acreditados, e a súa finalidade é coñecer a calidade dos hospitais en beneficio dos usuarios e
profesionais a súa "transcendencia pública" é evidente.
Considera que non se pode cualificar ás auditorías de información auxiliar ou de apoio por
canto estas teñen relevancia na toma de decisións públicas.
Respecto da denegación porque sexa necesaria a reelaboración da información solicitada,
considera que non pode ser de aplicación, por canto as auditorías previstas no Decreto
52/2001, do 22 de febreiro son documentos conclusos que responden a unha estrutura e
contido previsto no Anexo 11 do citado Decreto, polo que non é necesario volvelas a facer.
Respecto da argumentación de que a información solicitada contén datos de carácter persoal,
non se sostén, por canto de acordo co Decreto que as regula, as auditorías conforman a
comprobación, mediante visita de auditoría, do cumprimento dos criterios de acreditación
incluídos no anexo II do decreto e á emisión, por parte do equipo auditor, dun informe técnico
no que se reflectirá a situación xeral do centro e a correspondente a cada unha das áreas
auditadas. O anexo contempla 20 áreas de auditoría e cada área consta de varias criterios e
requirimentos que en ningún momento se retiren a datos persoais de saúde de ningún
usuario, unicamente dotación e medios do hospital.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resposta á mesma e de copia
do seu DNI.
Segundo. Con data do 10 de marzo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A solicitude de informe recibiuse pola Consellería de Sanidade con data do 12 de marzo de
2021.
Terceiro. Con data do 12 de maio de 2021, a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que o interesado presentou con data do 26 de agosto de
2020 a solicitude de acceso ás auditorías de acreditación de hospitais realizadas pola
Co~sellería de Sanidade, que foi denegada con data do 29 de setembro d_e 2020 pola
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected]! www.c.omisiondatransparencia.gal
Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios por ser as auditorías ferramentas de
carácter interno que se utilizan no proceso de acreditación hospitalaria. A solicitude
reiterouse polo interesado con data do 29 de outubro de 2020, e foi denegada novamente
pola mesma subdirección con data do 27 de novembro de 2020.
Ante a reclamación presentada contra esa denegación, a Comisión da Transparencia con data
do 24 de febreiro de 20210, declarou a non conformidade a dereito e instou a retroacción do
expediente, polo que con data do 25 de febreiro de 2021, ditouse resolución pola Secretaría
Xeral Técnica pola que se inadmite o acceso á información pública solicitada en base aos
apartados b) e c) do número 1 do artigo 18 da Lei 19/2013, de 9 de decembro.
Considera a Consellería que as auditorías son ferramentas de carácter interno que se utilizan
no proceso de acreditación hospitalaria, e son por tanto de carácter auxiliar e de apoio, que
non teñen transcendencia pública nin directa cara a terceiros ao ser recomendacións de
melloras realizadas por un órgano especializado e solicitadas polos xerentes das áreas ou
directores de hospital para coñecer o grao de eficiencia, eficacia, e de cumprimento de
protocolos, etc de unidades concretas cara á súa acreditación, conforme ao Decreto 52/2001,
de 22 de febreiro.
Considera que é de aplicación a causa de inadmisión do artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, polo
amplo volume da información solicitada, que tería que elaborarse expresamente para dar a
resposta requirida (auditorías dende o ano 2001), que suporía unha labor de recompilación
ao necesitar a utilización dun elevado número de recursos humanos. Afirma que pola
antiguidade da documentación, non se atopa en soporte técnico, e probablemente soamente
se dispoña parcialmente dela, estando moita destruída.
Alega a Consellería que a información, ademais, acadaría datas de saúde de persoas que se
atopan protexidas pola lexislación vixente, cuxa eliminación- no caso de accederse á
información- tamén implicaría a utilización de moitos recursos humanos no senso antes
descrito.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
(+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
No presente caso, a resolución impugnada ditouse con data do 25 de febreiro de 2021, e a
reclamación se interpuxo con data do 2 de marzo de mesmo ano, polo que debe admitirse a
mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou o acceso á auditorías de acreditación de hospitais realizadas pola
Consellería de Sanidade de acordo co Decreto 52/2001, que regula a acreditación dos centros
hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia, solicitude que foi inadmitida ao considerar
a Consellería que concorren na información solicitada dúas causas de inadmisión, isto é que
se trata de documentos de carácter interno e son por tanto información de carácter auxiliar
ou de apoio (causa de inadmisión do artigo 18.1.b) da Lei 19/2013), e que é necesaria unha
acción previa de reelaboración (artigo 18.1.c) da mesma Lei), así como que a información
solicitada contén datos referentes á saúde.
A consideración dunha información como auxiliar ou de apoio que xustifique a inadmisión
dunha solicitude de acceso á información, pode considerarse un concepto xurídico
indeterminado que ha de ser resolto atendendo a criterios de sentido común, en relación co
contexto en que se sitúa e ao que debe dárselle unha interpretación claramente restritiva do
(+34) 98156 37 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected]\ www.tomisiondatransparencia.ga!
ámbito de aplicación do artigo 18.1.b) da Lei, é dicir, unha interpretación abertamente
favorable ao exercicio do dereito de acceso.
É a condición de auxiliar ou de apoio da información solicitada e non a denominación formal
como tal, a que se debe ter en conta á hora de apreciar a existencia desta causa de inadmisión.
O Criterio interpretativo 6/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno concreta, que
a causa de inadmisión se pode dar ante información que poida conter opinións ou valoracións
persoais do autor que non manifesten a posición dun órgano ou entidade, cando o solicitado
sexa un texto preliminar ou borrador sen a consideración de final, cando se trate de
información preparatoria da actividade do órgano ou entidade que recibe a solicitude, cando
se refira a comunicacións internas que non constitúan trámites do procedemento ou informes
non preceptivos e que non sexan incorporados como motivación dunha decisión final.
O criterio verdadeiramente determinante para a inclusión de determinada información no
ámbito de aplicación do artigo 18.1.b) da Lei 19/2013 vén dado, en conexión coa propia
finalidade da Lei, pola súa relevancia para o coñecemento da toma de decisións públicas, da
significación que poida ter para o coñecemento de como se adoptou determinada decisión e
a súa aplicación, sen que poida denegarse a información que teña relevancia na tramitación
do expediente ou na conformación da vontade pública do órgano, baixo a súa cualificación
como información de carácter auxiliar ou de apoio.
Respecto da consideración da información solicitada como informes internos, unicamente
poden considerarse como información auxiliar aqueles que non serviron de base para a
adopción da resolución final que se dite e que sirvan para coñecer o proceso de toma de
decisións polos suxeitos obrigados a facilitar a información ou a rendición das súas contas.
No presente caso, as auditorías solicitadas non se poden considerar información interna nin
información auxiliar, por canto como afirma a Consellería no seu informe, son ferramentas
que se utilizan no proceso de acreditación hospitalaria que conteñen recomendacións de
melloras realizadas por un órgano especializado para coñecer o grao de eficiencia, eficacia, e
de cumprimento de protocolos de unidades hospitalarias cara á súa acreditación, sendo por
tanto instrumentos que teñen relevancia na decisión que finalmente se adopte no
procedemento de acreditación.
Respecto da inadmisión por ser necesario un proceso previo de reelaboración, de acordo co
criterio interpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, a reelaboración
pode entenderse aplicable cando a información que se solicita, pertencendo ao ámbito
funcional de actuación do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse
expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou
cando o citado organismo ou entidade careza dos medios técnicos que sexan necesarios para
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1
extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar
a información solicitada.
A aplicación desta causa de inadmisión, como calquera outra, debe quedar debidamente
motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No
presente caso, se están a solicitar auditorías de acreditación de hospitais, que son
documentos, de maior ou menor extensión, en formato papel ou en formato electrónico, que
están finalizados, polo que non se pode admitir que o acceso a os mesmos, sexan mais ou
menos extensos, supoña unha labor de reelaboración.
O maior volume que poida ter a información solicitada, non debe confundirse con
reelaboración. Nos casos nos que o volume ou complexidade da información que se solicita
fai necesario un proceso específico de traballo ou manipulación para conseguila, xustifica,
como prevé o artigo 20.1 da Lei 19/2013, unha ampliación do prazo para resolver, pero non a
inadmisión da solicitude, agás que se xustifique o polo esforzo que para o órgano vai a supoñer
recompilar a información e a repercusión sobre o cumprimento das súas funcións que vaia a
supoñer e o interese público existente na difusión da información, xustificación que mais ala
da mera alegación, non consta nin na resolución impugnada nin no informe remitido pola
Consellería.
Por outra banda, o feito de que de parte da información unicamente se dispoña de forma
parcial, ou estea destruída, non xustifica a inadmisión da solicitude, senón que unicamente
xustifica que por non terse non se pode proporcionar, debendo especificárselle ao interesado
estas circunstancias.
Respecto da existencia de datos referentes á saúde contidos nas auditorías, o reclamante
afirma na súa reclamación que de acordo co Decreto que as regula, as auditorías teñen como
obxecto reflectir a situación xeral do centro e a correspondente a varios criterios de cada unha
das áreas auditadas e que en ningún momento se refiren a datos persoais de saúde de ningún
usuario, unicamente a dotación e medios do hospital, afirmación esta que a Consellería non
nega nin rebate. Do anexo do decreto que transcribe o reclamante, non parece que os
informes de auditoría conteñan datos persoais especialmente protexidos, e de existir, debe
por parte da Consellería, procederse á disociación dos mesmos antes de entregar a
documentación, sempre que dita disociación non faga que a información solicitada careza de
sentido ou coherencia.
De acordo co anterior, e dado que non se consideran xustificadas as causas de inadmisión nas
que se basea a resolución recorrida, procede a estimación da reclamación presentada,
debendo a Consellería de Sanidade dar acceso á mesma.
j
¡:.
• e , .' ~..
'i.w} (•34) 981 56 9740 ~~. ·:& RUa do Hórreo, 6S
15700, Sontiago de Compostela
,¡ r- 1.r¿,nsparend¿, ACotuña
1-~ \ (:idh(J{1 {;) iní[email protected] ~~ www.comisiondatransp<11rencia.ga1
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do
2 de marzo de 2021, contra a inadmisión da súa solicitude de acceso ante Consellería de
Sanidade, ás auditorías de acreditación de hospitais realizadas pola dita Consellería de acordo
co Decreto 52/2001.
Segundo: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábi les, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021.05.27 10:25:57 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.