Se solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia el número de fallecidos por Covid-19 desglosado por municipio de residencia y lugar de defunción. El solicitante alegó que la administración disponía de los datos pero se negaba a entregarlos. La Comisión da Transparencia estima la reclamación porque la denegación por 'reelaboración' no estaba motivada ni justificada.
Puntos clave de la argumentación
1
Las causas de inadmisión del derecho de acceso a la información deben interpretarse de forma restrictiva, siendo aceptables solo las limitaciones justificadas y proporcionadas.
2
Se considera que existe reelaboración solo cuando la información debe crearse expresamente usando diversas fuentes o cuando el organismo carece de los medios técnicos para extraer los datos.
3
La resolución de la Consellería de Sanidade carecía de motivación suficiente, limitándose a mencionar un 'nuevo tratamiento de la información' sin justificar su complejidad o imposibilidad técnica.
4
Dado que la administración notifica diariamente los casos a la RENAVE, la información ya existe en bases de datos y su extracción no constituye una reelaboración de la información.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 23 de
marzo de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de maio de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor o o o o e ma rzo e 021 , unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución
do 18 de marzo de 2021 da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se
concede parcialmente o acceso á información sobre os datos de falecidos por coronavirus
segundo o seu concello de residencia e segundo o lugar de defunción dende que comezou a
pandemia (marzo de 2020) ata a última data que estea dispoñible a información.
O reclamante indica na súa reclamación que a Consellería de Sanidade esgrime que a
información solicitada require unha acción previa de reelaboración que a exime de entregala
e lle remite á páxina oficial coas estatísticas relacionadas coa pandemia, nas que non figura o
dato solicitado. A Consellería recoñece que disp,ón da información, pero négase a poñela a
disposición do solicitante. O reclamante afirma que a información xa foi entregada a outro
solicitante a través do Portal de Transparencia estatal, xa que sol icitou datas de todas as
comunidades.
O escrit o viña acompañado de copia da solicitude presentada, a resolución da Consellería de
Sanidade e do seu DNI.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
Segundo. Con data do 25 de marzo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 30 de marzo de 2021.
Terceiro. Con data do 16 de abril de 2021 a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo copia do expediente e informe no que comunica que con data do 18 de marzo de
2021, estimouse a petición do interesado, facilitándoselle parcialmente a información
solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no informe remitido pola Consellería, ao interesado notificóuselle
a resolución con data do 18 de marzo de 2021 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do
Valedor do Pobo con data do 23 de marzo de 2021, debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade información referente ao número de
falecidos por Covid-19 segundo o seu concello de residencia e segundo o lugar de defunción
dende que comezou a pandemia (marzo de 2020) ata a última data que estea dispoñible a
información. A Consellería emitiu resolución na que remite ao interesado á información que
figura na súa páxina web, na que figuran os datos das persoas falecidas por Covid-19 en Galicia
en número global, con carácter acumulado e dende o inicio da pandemia, que son actualizados
diariamente, pero na que non figura a información por concello de residencia e/ou lugar de
defunción solicitada polo interesado, ao implicar, segundo figura na dita resolución, un novo
tratamento da información dispoñible.
Recoñece por tanto a Consellería que dispón do dato solicitado, pero non o concede, dando
acceso parcial á información solicitada mediante a remisión á información que figura na súa
web, xustificándoo na necesidade de reelaboración da información coa que conta.
Respecto do concepto de reelaboración, esta Comisión xa se pronunciou en ocas1ons
anteriores, e en liña co Criterio lnterpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno e a xurisprudencia existente na materia, no senso de que as causas de inadmisión
establecidas no artigo 18 da Lei 19/2013, neste caso inadmisión parcial, deben ser
interpretada de xeito restritivo. En materia de acceso á información, débese partir da premisa
de que o dereito de acceso aparece configurado no noso ordenamento cunha formulación
ampla, de xeito que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e
proporcionadas.
Se pode considerar que existe reelaboración cando a información que se solicita debe
elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de
información, ou cando o organismo ou entidade á que se solicite a información, careza dos
medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se
solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada.
,.
(}. Rúa do Hó,reo, 6S
1S700, Santiago de Compostela
ACoruñ.a
t,,,.,,,
\.,~J i nfo@comisiondatra:nsparencia.ga1 (1 www.c_omisiondatran.spare ncia.ga1
En todo caso, para a aplicación desta causa de inadmisión, debe quedar debidamente
motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No
presente caso, a resolución ditada pola Consellería de Sanidade carece de toda motivación
que xustifique a aplicación da indicada causa de inadmisión, máis aló da mención de que
implicaría un novo tratamento da información dispoñ ible e da transcrición dunha parte do
criterio interpretativo do Consejo de Transparencia citado.
Na resolución impugnada queda acreditado que a Admin istración dispón dos datos que lle son
solicitados, xa ·que afirma que dar os mesmos implicaría un novo tratamento do información
dispoñible. A Consellería de Sanidade, notifica os casos de contaxiados por Covid-19 e
falecidos di'ariamente ao M inisterio de Sanidade para a súa inclusión na RENAVE (Rede
Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica), na que figura a enquisa individualizada para cada un
dos casos. Por tanto, non ten que volver elaborar os datos nin crear a información, ex profeso
para dar resposta ao solicitante. Débese entender que a información está nunha aplicación
informática ou base de datos que se vai actualizando diariamente, na que se recollen os datos
das persoas falecidas por Covid-19, e dentro deses datos debe entenderse que se recollen,
entre outros, o seu lugar residencia e lugar de defunción. O tratamento deses datos, é dicir, a
elaboración dun informe que relacione os falecementos co lugar de residencia e de
falecemento, non pode entenderse que poida ser cualificado como reelaboración, senón un
tratamento informático do que a Consellería non xustifica de ningún xeito, nin na resolución
recorrida nin no informe remitido, nin a súa complexidade, nin que non sexa tecnicamente
posible, ou que non dispoña dos recursos necesarios para facelo.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada ao considerar que
non está xustificada a causa de inadmisión da solicitude presentada, debendo a Consellería
facilitar os datos de falecemento por Concello de residencia ou de defunción.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 23
de marzo de 2021, contra a Resolución do 18 de marzo de 2021, da Secretaria Xeral Técnica
da Consellería de Sanidade pola que se concede parcialmente o acceso á información sobre
os datos de falecidos por coronavirus segundo o seu concello de residencia e segundo o lugar
de defunción.
Segundo: Instar á Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
- ;: [email protected] www.comisiondatransparencia.gal
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021.05.27 10:28:02 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.