Un ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia informes de la Dirección General de Salud Pública y recomendaciones del Comité Clínico que fundamentaron los Decretos 3/2021 y 8/2021. La Comisión da Transparencia estima parcialmente la reclamación, obligando a entregar los informes técnicos, pero deniega las recomendaciones del Comité al no existir actas ni documentos independientes.
Puntos clave de la argumentación
1
La condición de información auxiliar o de apoyo debe interpretarse de forma restrictiva y favorable al ejercicio del derecho de acceso.
2
No se considera información auxiliar aquella que, aunque no sea preceptiva, resulte relevante para conocer la motivación de la decisión adoptada y la conformación de la voluntad pública.
3
El Criterio interpretativo 6/2015 del CTBG establece que no es admisible denegar información que tenga relevancia en la tramitación del expediente o en la rendición de cuentas.
4
Los informes de la Dirección General de Salud Pública son accesibles al servir de apoyo directo para la adopción de decisiones administrativas.
5
No es posible acceder a las recomendaciones del Comité Clínico como documento independiente ya que dicho órgano no levanta actas ni elabora informes, quedando su contenido plasmado únicamente en la exposición de motivos de los decretos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión. da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 6 de abril
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de maio de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 6 de abril de 2021; unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 12 de
marzo de 2021, da Directora Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, pola que se
inadmite a súa solicitude de obtención de copia do informe da Dirección Xeral de Saúde
Pública de 13 de xaneiro de 2021 e do contido das recomendacións do comité clínico reunido
e que fundamenta a decisión adoptada no Decreto 3/2021 e do informe da dita Dirección
Xeral de 25 de xaneiro de 2021 e do contido das recomendacións do comité cl ínico reunido a
eses efectos e que fundamentan a decisión adoptada no Decreto 8/2021.
O reclamante indica na súa reclamación que tanto os informes da Dirección de Saúde Pública
de 13/ 1 e 25/1 como o contido das recomendacións do comité cl ínico non poden considerarse
informes internos de acordo co criterio interpre1tativo 6/2015 do Consejo de Transparencia y
Buen Gobierno e a interpretación que do mesmo fai o Tribunal Supremo, xa que a
consideración do que é información auxiliar ou de apoio que poida non ser facilitado debe de
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.tomisio~datransparencia.gat
ser interpretado restritiva mente, sen que dependa de como se lle chame o documento, senón
o seu contido.
Considera que non se poden excluír documentos que teñan relevancia na conformación da
vontade pública do órgano, que causaría indefensión na cidadanía, ao non poder ter
coñecemento pleno das razóns que levaron á Administración para tomar a decisión
administrativa. Considera que tanto os Informes da Dirección Xeral de Saúde Pública como o
contido do asesoramento prestado polos comités técnicos son medidas sanitarias que afectan
os dereitos da cidadanía. Ademais, son decisións discrecionais que cobran forma de Decreto,
polo que é imprescindible coñecer a completa motivación que lles levou a adopta la.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, a resolución da Consellería de
Sanidade, copia de Criterio lnterpretativo 6/2015 do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno e de copia do seu DNI.
Segundo. Con data do 8 de abril de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 23 de abril de 2021 a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo copia do expediente e informe no que pon de manifesto que o interesado solicitou
con data do 16 de xaneiro de 2021 copia do informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do
13/01/2021 e do contido das recomendacións do Comité Clínico que fundamentan a decisión
adoptada no Decreto 3/2021, do 13 de xaneiro e con data do 1 de febreiro de 2021 solicita
que se lle facilite copia do informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 25/01/2021 e do
contido das recomendacións do Comité Clínico que fundamentan a decisión adoptada no
Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro.
A Dirección Xeral de Saúde Pública emitiu resolución con data do 12 de marzo de 2021, pola
que se inadmite o acceso á información solicitada en base ao disposto no artigo 18.1 b) da lei
19/2013.
Considera a Consellería que os informes solicitados son información de carácter auxiliar
xerada no seo da propia organización administrativa, que sirve de apoio aos órganos
superiores para adoptar decisións, tendo en conta os datos epidemiolóxicos e a incidencia da
pandemia, que manexa a Consellería de Sanidade a nivel central e periférico nas xefaturas
territoriais e xerencias das áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Engade que os datos atópanse dispoñibles para toda a cidadanía na páxina web do Sergas con
carácter acumulado desde el inicio da pandemia e actualizados diariamente (cifras totais de
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comisiondalransparencía.ga1 www.c.omisiondatransparencia.gal
pacientes con infección activa, hospitalizados en coidados intensivos, pacientes curados,
falecidos e contaxiados etc.).
Con esta información epidemiolóxica, xunto coa que aportan as xefaturas territoriais sobre as
características dos gromos identificados, e a carga asistencial que rexistran os hospitais e
demais centros asistenciais das xerencias das áreas sanitarias (pacientes hospitalizados,
ocupación das UCIS, ... ), no seo do Comité Clínico realízase unha avaliación das posibles
actuacións e formúlanse as pertinentes recomendacións.
Precisamente é o resultado desa avaliación a que queda plasmada na exposición de motivos
dos decretos referenciados, constituíndo o fundamento técnico das medidas que finalmente
son adoptadas.
Xa que logo, resulta salientable que o interesado dispón de plena información da xustificación
de todas e cada unha das medidas adoptadas na exposición de motivos dos decretos que, en
función da evolución da pandemia, vanse adoptando para facer fronte á crise sanitaria, xa que
reflicte a información epidemiolóxica e a incidencia da pandemia desde o punto de vista da
actividade asistencial.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
(+34) 98156 97 4-0 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisíondatransparencia.ga l
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no informe remitido pola Consellería, ao interesado notificóuselle
a resolución con data do 6 de abril de 2021 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor
do Pobo con data do 23 de abril de 2021, debe admitirse a reclamación por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou o acceso a dous informes da Dirección Xeral de Saúde Pública de 13 e
25 de xaneiro de 2021 e do contido das recomendacións do comité clínico reunido e que
fundamenta a decisión adoptada no Decreto 3/2021 e no Decreto 8/2021, acceso que lle foi
denegado mediante a inadmisión das súas solicitudes, por resolución da Dirección Xeral de
Saúde Pública por considerar que a información solicitada se trata de información auxiliar ou
de apoio.
O artigo 18.1.b) da Lei 19/2013, permite a inadmisión das solicitudes de acceso referidas a
información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores,
opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades
administrativas.
Documentación auxiliar ou de apoio é un concepto xurídico indeterminado que ha de ser
resolto atendendo a criterios de sentido común, en relación co contexto en que se sitúa e ao
que debe dárselle unha interpretación claramente restritiva do ámbito de aplicación do artigo
18.1.b) da Lei, é dicir, unha interpretación abertamente favorable ao exercido do dereito de
acceso.
É a condición de auxiliar ou de apoio da información e non a denominación formal que a
mesma poida recibir o elemento determinante para a aplicación da causa de inadmisión. A
enumeración do artigo 18.1.b) é unha mera exemplificación que, en ningún caso, afecta a
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
todos os conceptos enumerados, senón aos que realmente teñan a condición principal de
auxiliar ou de apoio.
O Criterio interpretativo 6/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno establece que
causa de inadmisión é aplicable ante solicitudes de acceso nas que se conteñan opinións ou
valoracións persoais do autor que non manifesten a posición dun órgano ou entidade, cando
se trate de textos preliminares ou borradores sen a consideración de final, cando se trate de
información preparatoria da actividade do órgano ou entidade que recibe a solicitude,
comunicacións internas que non constitúan trámites do procedemento ou informes non
preceptivos e que non sexan incorporados como motivación dunha decisión final.
O criterio verdadeiramente determinante para a inclusión de determinada información no
ámbito de aplicación do artigo 18.1.b} da Lei 19/2013 vén dado, en conexión coa propia
finalidade da Lei manifestada no seu Preámbulo, pola súa relevancia para a rendición de
contas, o coñecemento da toma de decisións públicas, e a súa aplicación. O propio Criterio
declara que a motivación que esixe a Lei 19/2013, para que operen as causas de inadmisión
ten a finalidade de evitar que se denegue información que teña relevancia na tramitación do
expediente ou na conformación da vontade pública do órgano, información que, en ningún
caso, terá a condición de información de carácter auxiliar ou de apoio que, por definición,
supón unha limitada incidencia ou relevancia nunha decisión pública; liña na que igualmente
apuntan os primeiros pronunciamentos xudiciais na materia. Pode así concluírse que a
natureza auxiliar ou de apoio de determinada información non deriva de ningún dato ou
elemento cualitativo, das súas posibles características obxectivas; depende, en último termo,
da significación que poida ter para o coñecemento de como se adoptou determinada decisión.
A interpretación en todo caso, debe facerse de forma claramente favorable ao exercido do
dereito.
Respecto dos informes internos, non se pode considerar cbmo información auxiliar, aqueles
que aínda que non sexan preceptivos, forman parte do procedemento administrativo
resultando relevantes para coñecer a motivación da decisión adoptada. Un informe non
preceptivo e que non se incorporou á motivación final do acto poderá ser considerado, para
os efectos da aplicación do artigo 18.l.b}, información auxiliar ou de apoio, pero carece desta
condición se se estima relevante para o coñecemento da actuación pública.
Como recoñece expresamente a Consellería, os informes da Dirección Xeral de Saúde Pública
solicitados polo interesado son informes que serven de apoio aos órganos superiores para
adoptar decisións, polo que deben considerarse información pública e proporcionarllos ao
solicitante.
Respecto das recomendacións do Comité Clínico que fundamentan as decisións adoptadas
nos Decretos 3/2021 e 8/2021, debe terse en conta que as mesmas se elaboran tendo en
..
~~ (•34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
L1' [email protected]
~\...
www.comis iondatransparencia.ga1
conta os datos epidemiolóxicos e a incidencia da pandemia que manexa a Consellería,
información coa que se realiza unha avaliación das posibles actuacións e se formulan as
pertinentes recomendacións, e son o fundamento técn ico das medidas que finalmente son
adoptadas. Este fundamento ou motivación, queda plasmado na exposición de motivos dos
decretos referenciados, e trátase por tanto de información á que ten acceso o interesado a
través dos mesmos, como xa fixo referencia a Consellería na resolución impugnada. En
informe emitido pola Consellería con data do 7 de maio de 2021, sobre unha solicitude similar,
a Consellería fai constar expresamente que o Comité non levanta actas das súas sesións, nin
elabora acordos ou informes, polo que as recomendacións son as que figuran nas exposicións
de motivos, tal e como se comunicou ao interesado.
De acordo co anterior, procede a estimación parcial da reclamación presentada, debendo a
Consellería de Sanidade proporcionar ao interesado a información referente aos informes de
da Dirección Xeral de Saúde Pública do 13 e 25 de xaneiro de 2021.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por con
data do 6 de abril de 2021, contra a Resolución do 12 de marzo de 2021, da Directora Xeral de
Saúde Pública da Consellería de Sanidade, pola que se inadmite a súa solicitude de obtención
de copia dos informes da Dirección Xeral de Saúde Pública de 13 e 25 de xaneiro de 2021 e do
contido das recomendacións do comité clínico reunido e que fundamenta a decisión adoptada
nos Decretos 3/2021 e 8/2021.
Segundo: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada de acordo co establecido no fundamento
xurídico quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso~administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected]! www.c.om isiondatransparencia.gal
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.05.27 10:30:38 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.