El solicitante pidió al Concello de Brión convenios o actas de colaboración con una asociación desde 2012. Alegó que, pese a la inexistencia de documentos, había actividades conjuntas visibles en redes sociales. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque el Ayuntamiento informó correctamente que la documentación solicitada no existe.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se limita a contenidos o documentos que ya existan y estén disponibles en poder del organismo en el momento de la solicitud.
2
Cuando la información solicitada no ha sido elaborada o no es posible elaborarla, el sujeto obligado cumple su deber indicando claramente que dicha información no existe.
3
No procede atender peticiones de información adicionales (como criterios de apoyo o importes económicos) que no formaron parte de la solicitud inicial de acceso.
4
Se confirma que el Ayuntamiento actuó correctamente al comunicar la inexistencia de convenios formales, independientemente de que existieran colaboraciones verbales.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a.reclamación presentada p o r - m e d i a n t e escrito do 15 de abril
de 2021, e considerando os a n t e c ~ xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de maio de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 15 de abril de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da
Alcaldía de Brión nº 164/2021, do 13 de abril, pola que se resolve a súa solicitude de obtención
de copia dos convenios asinados polo concello coa
desde o 01.01.2012 ata a actualidade, o no seu caso, copia das
actas, decretos da alcaldía, etc, nas que se acordase o patrocinio ou colaboración con
actividades promovidas por dita asociación.
O reclamante indicaba que solicitou do Concello copia dos convenios asinados coa -
dende o 1 de xaneiro de 2012 e que
en caso de non existir convenio, lle facilitasen copia das actas, decretos da Alcaldía ou
documentación análoga en que se acordase o patrocinio ou colaboración con actividades
promovidas pola dita Asociación. o Concello lle informa que non existe ningún convenio
asinado, nin tampouco acordo de patrocínio ou colaboración e segundo a páxina de Facebook
da Asociación e a información publicada por medios de comunicación, constan diversas
actividades realizadas conxuntamente pola Asociación e o Concello entre as que sinala o Libro
Brión en fotos, Plantación de árbores no parque de Lamiño, Andaina Terras de Altamira, polo
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comísiondalransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga l
que o reclamante considera que existe colaboración entre o Concello e a Asociación e solicita
que no caso de non existir documentación se lle me informe sobre cales foron os criterios para
decidir apoiar estas iniciativas, desagregar o tipo de colaboración (loxística, cesión de espazos,
uso de persoal público, etc.} e o importe económico expresado en euros.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do
seu DNI.
Segundo. Con data do 19 de abril de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Brión para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 3 de maio de 2021 o Concello de Brión contesta a petición remitindo
o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que por parte do Concello, ante a solicitude de acceso á
información, revisáronse todos os convenios dende a data solicitada e non se atopou ningún
asinado con esa asociación, do que se lle informou ao interesado. No informe, o Concello
manifesta a súa sorpresa por que o interesado solicite ao Concello unha información da que
el xa dispón, segundo di, a través da rede social Facebook.
Considera o Concello que o interesado, a través do seu escrito de reclamación presentado
ante a Comisión, pretende obter documentación que non foi obxecto da solicitude inicial,
consistente en que se lle informe de cales foron os criterios para decidir apoiar esas iniciativas,
desagregar o tipo de colaboración ( loxística, cesión de espazos, uso de persoal público, etc ... }
e o importe económico, que considera que é materia allea ao obxecto do que debe ser a
reclamación regulada na normativa de Transparencia.
Non obstante, co ánimo de poder informar ao interesado do xeito máis amplo posible, informa
que no ano 2014 a referida Asociación obtivo unha subvención da Xunta de Galicia para a
edición dun libro de fotografía antiga do Concello e parte dos libros foron repartidos pola
propia asociación e parte foron doados ao Concello para repartir entre a veciñanza. Ao non
ser suficientes para todos os veciños, a asociación cedeu lle o libro ao concello para que editara
máis números, momento a partir do cal o libro pasou a ser propiedade do concello e estase
entregando a todas as persoas que se empadroan. En 2020 o Concello editou un segundo
libro, no que figura a colaboración da asociación na medida en que as fotos son en boa parte
das recompiladas no ano 2014 e outras doadas por veciños.
Respecto da plantación de arbores, a Asociación solicitou a colaboración do Concello para a
cesión dun espazo para realizar estas plantacións, que se fan abertas á participación de toda
a veciñanza. A colaboración do concello nestas plantacións limítase á cesión do espazo público
/
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comísiondatransparencia.gal www.c.omislondatransparencia.gal
onde se realiza e á promoción da actividade no propio concello a través das canles habituais
(bandos, facebook, app ... ) para animar á xente a participar nunha actividade medioambiental
que beneficia a todos.
No referente ás andainas, solicitouse a colaboración do Concello para instalar o punto de
recollida de dorsais, almacenar o material, instalar o equipo de megafonía, utilización do palco
da música, utilización da área municipal de piragUismo para o avituallamento do xantar e
utilización das duchas do pavillón municipal de deportes, apoio da Polida Municipal e a
agrupación de Protección Civil en caso necesario, utilización de 20 mesas e 40 bancos para os
diferentes avituallamentos, vallas para delimitar as zonas de saída e chegada da andaina e as
zonas de avituallamento.
A partir do ano 2017 o concello asume a organización da andaina xunto coa asociación,
facéndose cargo dos gastos fixos do seguro de responsabilidade civil e accidentes e do gasto
da asistencia sanitaria, estando presente unha ambulancia durante todo o día na andaina e a
partir do ano 2018 a andaina organízase tamén coa colaboración da Federación Galega de
Montañismo.
Así pois algunhas actuacións realizadas por esa asociación desde o ano 2012 foron auspiciadas
de forma verbal polo concello, ofrecendo axuda para o desenvolvemento de actividades desa
asociación, cun evidente interese público, e que redundaron sempre en beneficio de todos os
veciños do concello, sen ningunha contraprestación económica por parte do concello.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga[
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro}.
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 15 de abril de 2021 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
o mesmo día, debe admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou ao Concello de Brión copia dos convenios asinados con unha Asociación
e no seu caso actas, decretos da alcaldía ou calquera outro documento no que se acordase o
patrocinio ou colaboración coa dita Asociación. O Concello resolveu comunicando ao
interesado que non existe ningún convenio do Concello con esa Asociación.
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce
a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio das súas
competencias.
No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou
unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio
facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben simplemente porque non é necesario
ou non é posible elabora la porque non se dan as circunstancias para facelo, o suxeito obrigado
cumpre, indicando ao solicitante con claridade, que a información solicitada non existe. De
r ''t..
~ (+JA)9815697 ◄0 ('•">
.,,r
Rú• do Hórreo, 6S
¡f 15700, Santiago de Composlela
. i 1.:-1 [ i"-,fJi'll Pr'lt
~
!ti A Coruña
('
G2ilí( 1a f''-:) [email protected]¡»r~ncia.ga1 1P'í\
\¡,;,! www.C.0'1'1isiond atran~part ncia.gat
acordo co anterior, considérase axeitada a resposta dada polo Concello de Brión
comunicándolle que a información solicitada non existe.
No informe remit ido polo Concello, afirma que algunhas actuacións realizadas pola Asociación
desde o ano 2012 foron auspiciadas de forma verba l polo concello, ofrecendo axuda para o
desenvolvemento de act ividades tal e como se relata nos antecedentes desta resolución.
Respecto da solicitude por parte do reclamante no seu escrito de reclamación de que se lle
remita documentación que non foi obxecto da súa solicitude inicia l, (que se lle informe de
cales foron os crlterios para decidir apoiar esas iniciativas, desagregar o tipo de colaboración
e o im porte económico), considérase de acordo co informe do Concello que non procede
pronuncia rse sobre a mesma, xa que non foi obxecto da súa solicitude.
De acordo co anterior, ao considerar que o Concello deu resposta adecuada á solicitude de
acceso á información form ulada, procede a desestimación da reclamación prese ntada.
En· base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por con data do 15 de
abril de 2021, contra a Resolución da Alcaldía de Brión nº 164/2021, do 13 de abril, pola que
se resolve a súa solicitude de obtención de copia dos convenios asinados polo concello coa
Contra esta resolución que pon fin á vía administ rativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, inte rpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do cont encioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Ga licia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regu ladora da xurisd ición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.05.27 10:32:17 +02'00'
M aría Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.