El solicitante pidió al Concello de Sanxenxo documentación sobre las obras del Parque da Panadeira. Tras no recibir respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento acabó remitiendo la información y señalando su publicación en el Perfil del Contratante.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que fue interpuesta en plazo, considerando que el Ayuntamiento respondió con fecha posterior a la presentación de la queja por silencio administrativo.
2
La documentación solicitada sobre el proyecto de obras es considerada información pública al haber sido elaborada o adquirida por el Ayuntamiento en el ejercicio de sus funciones.
3
El derecho de acceso implica recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
4
Se constata que el Ayuntamiento remitió los informes técnicos y jurídicos de viabilidad, así como las autorizaciones de Costas y Ordenación del Territorio.
5
El Ayuntamiento informó correctamente que el proyecto técnico, el presupuesto y la adjudicación se encuentran publicados en el Perfil del Contratante de la Plataforma de Contratación del Sector Público.
6
La Comisión estima la reclamación por motivos formales al comprobar que el Ayuntamiento, aunque fuera de plazo, resolvió adecuadamente la solicitud de acceso.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da dispc;,sición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por mediante
escrito do 16 de abril de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que
se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de
maio de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito que tivo entrada
no rexistro o Va e or do Pobo o 16 _de abril de 2021, unha reclamación ao amparo do
disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso
ante desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de
Sanxenxo, ao proxecto de obras de remodelación do Parque da Panadeira executadas entre
xaneiro e marzo de 2019, o título habilitante municipal para a súa realización, orzamento das
obras e Informes técnico e xurídico, acordo do órgano de Goberno Municipal competente de
adxudicación das obras a contratista externo ou ben, de execución das mesmas con medios
propios, publicacións e notificacións realizadas e estudo de detalle ou documento urbanístico
en virtude do cal se modificou a rasante existente no edificio no
lateral lindeiro co a rúa Constitución.
O interesado presenta a reclamación ao non ter obtido resposta á súa petición.
Os escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, e do DNI do reclamante.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! www.<.omisíondatransparencia.gal
Segundo. Con data 19 de abril de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Sanxenxo para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A solicitude foi recibida polo Concello con data do 21 de abril de 2021.
Terceiro. Con data do 6 de maio de 2021 o Concello de Sanxenxo contesta á petición remitindo
o informe solicitado.
No informe faise constar que con data do 28 de abril de 2021, remitiuse ao interesado, xunto
cun oficio da alcaldía, o informe técnico e informe xurídico de viabilidade urbanística do
proxecto de remodelación do Parque Municipal de A Panadeira, Resolución dictada pola
directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de autorización para a realización de
obras na zona de servidume de protección e tránsito do domínio público marítimo-terrestre
no dito Parque, autorización do Servizo Provincial de Costas para a execución das referidas
obras.
No oficio de remisión da documentación anteriormente indicada, infórmase ao solicitante que
o proxecto de obras de Humanización del Parque de A Panadeira, forma parte do expediente
nº 22/2018 de contratación das obras de referencia, que esta publicado no Perfil del
Contratante na Plataforma de Contratación del Sector Público, no que figura o proxecto
técnico das obras, orzamento das obras, acordo adoptado pola alcaldía, a adxudicación
publicada na Plataforma e a súa formalización, así como os actos públicos de apertura de
ofertas.
A día de hoxe non consta acuse de recepción do solicitado dá notificación efectuada en data
28/04/2021.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 20 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
lli
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga\
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
info@comísiondatransparencia.ga1 wv-;w.comisíondatransparencia.gal
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
De acordo coa información que figura no expediente, o Concello de Sanxenxo resolveu con
data do 28 de abril de 2021, é dicir, con data posterior á que a o interesado presentase a súa
reclamación ante a Comisión da Transparencia por falla de contestación, polo que debe
admitirase a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou do Concello de Sanxenxo o acceso á documentación correspondente ao
proxecto de obras de remodelación dun parque municipal, que debemos entender que é
información pública de acordo co establecido no artigo 13 da Lei 19/2013 e 24 da Lei 1/2016,
por canto se trata de documentos adquiridos ou elaborados polo Concello no exercido das
súas funcións.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública, tendo dereito o solicitante, a recibir da Administración a orientación e
asesoramento necesario para o exercido deste dereito, tal e como establece o artigo 26 da
Lei 1/2016.
*~ (+34)9815697 40 ('.J Rúa do Hórreo, 65
(-)
'l..:j'-
info@',comis.iondatransparencia.gal ~~ www.comisiondatransparencia.ga1
O Concello de Sanxenxo remitiu ao interesado a os informes técnicos e xurídicos de viabilidade
urbanística do proxecto solicitados e as resolucións e autorizacións que constan no expediente
para a realización de obras na zona de servidume de protección e tránsito do dominio público
marítimo-terrestre. Así mesmo, informou ao solicitante que o proxecto de obras e o seu
orzamento, esta publicado no Perfil del Contratante na Plataforma de Contratación del Sector
Público.
De acordo co anterior, ao considerar que o Concello, aínda que fóra do prazo establecido na
normativa de Transparencia, resolveu adecuadamente a solicitude de acceso á información,
procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por
,_ c o n t r a a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante
~ de Sanxenxo, ao proxecto de obras de remodelación do Parque da Panadeira.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recu rso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sa la do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 262/120208, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009()
Fecha: 2021.05.27 10:3 1:41 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.