Se solicitó al Concello da Coruña el acceso al expediente de autorización de construcción de la empresa Habitat, S.A. El Ayuntamiento denegó el acceso alegando que el expediente estaba en curso. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, determinando que el hecho de que un expediente esté tramitándose no impide acceder a los documentos que ya estén finalizados.
Puntos clave de la argumentación
1
Se debe diferenciar entre la información en fase de elaboración y los expedientes administrativos en curso, ya que en estos últimos pueden existir informes ya concluidos que constituyen información pública.
2
La denegación basada en que el expediente está en curso no es una causa de inadmisión válida según el artículo 18 de la Ley 19/2013, que solo prevé la inadmisión si la información está en curso de elaboración.
3
Los documentos inconclusos son provisionales y su difusión podría generar inseguridad, pero los documentos finalizados dentro de un procedimiento no terminado deben proporcionarse al interesado.
4
La Instrucción de transparencia del Concello da Coruña que excluye la documentación de expedientes en curso no puede aplicarse por contravenir la normativa básica de transparencia.
5
Antes de proporcionar la información, la administración debe abrir un trámite de audiencia a los afectados conforme al artículo 19.3 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 19 de
abril de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de maio de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito do 19 de abril de 2021,
unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18
de xanei ro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo
á súa solicitude presentada ante o Concello da Coruña, de vista do expediente de solicitude
de aut orización presentado pola empresa Habitat, S.A. para a construción dun edifício sobre
a parcela C + z sita na rúa Aurelio Aguirre Galarraga da dita cidade.
O reclamante non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado da súa solicitude e copia da reclamación present ada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 22 de abril de 2021 déuselle t raslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga l
A recepción da solicitude pola administración foi o 26 de abril de 2021.
Terceiro.- Con data do 29 de abril de 2021, o interesado remite escrito no que comunica que
recibiu escrito do Concello denegando o acceso ao expediente alegando unha instrución de
Transparencia que non é conforme coa legalidade.
Cuarto.- Con data do 12 de maio de 2021, o Concello da Coruña remite informe no que
comunica que con data do 29 de abril de 2021, foille notificado ao interesado escrito no que
se lle denega o acceso ao expediente por atoparse o mesmo en tramitación, e de acordo coa
co punto 2.b) da Instrución de transparencia do Concello da Coruña aprobada por Decreto do
Alcalde do 9 de marzo de 2016, non ten a consideración de información pública a
documentación que consta nun expediente en curso, cuxo acceso rexerase polo disposto na
normativa reguladora do réxime xurídico dás Administracións Públicas e do procedemento
administrativo común.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
. potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
(+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
'! [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga l
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no expediente remitido, a o interesado presentou a reclamación
con data do 19 de abril de 2021, ao non ter obtido resposta á súa solicitude presentada con
data do 1 de marzo de 2021, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo,
aínda que o Concello ditase resolución expresa con data do 29 de abril de 2021.
Quinto.- Análise do expediente
O dereito de acceso á información é un dereito fundamental recoñecido a nivel internacional
como tal, é un dereito esencial para promover a transparencia das institucións públicas e para
fomentar a participación cidadá na toma de decisións. Ademais as Administracións Públicas
fináncianse con fondos procedentes dos contribuíntes e a súa misión principal consiste en
servir aos cidadáns polo que toda a información que xeran e posúen pertence á cidadanía.
O dereito dos cidadáns de solicitar, aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia, calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o contrai da
actuación pública.
No presente caso, o interesado solicitou vista do expediente de solicitude de autorización
presentado pola empresa Habitat, S.A. para a construción dun edificio sobre a parcela C + Z
sita na rúa Aurelio Aguirre Galarraga, que lle foi denegada polo Concello, en base á Instrución
de transparencia do Concello, que establece que non ten a consideración de información
pública a documentación que consta nun expediente en curso.
O artigo 18.1.a} da Lei 19/2013 recolle, como fundamento dunha posible inadmisión da
solicitude de acceso, o feito de que a información requirida se atope en curso de elaboración.
Débese diferenciar, xa que se trata de situacións diferentes, os casos nos que un documento
ou unha información se atopa en fase de elaboración, dos supostos nos que un expediente
administrativo se atopa en curso, é dicir, non finalizado. Trátase de dúas situacións diferentes,
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1
aínda que ambas están caracterizadas pola falla de terminación, e que se debe ter en conta
no momento de resolver una solicitude de acceso á información.
No primeiro caso, trátase dun documento ou dunha información en proceso de elaboración,
que aínda non está terminado, e no segundo, trátase dun suposto no que o procedemento
administrativo non se finalizou, pero no que poden existir documentos ou informes xa
concluídos, e que polo tanto non van a ser modificados nin están pendentes de aprobación.
No caso dos informes ou documentos finalizados, aínda que o expediente careza de resolución
final, os documentos que xa estean incorporados ao mesmo, son documentos que constitúen
información pública, e por tanto deben ser proporcionados ao solicitante, aínda que o
procedemento administrativo aínda se estea tramitando, e por tanto non estea finalizado.
O motivo polo cal se poden inadmitir solicitudes de acceso ao contido de documentos ou
informacións que non están finalizados ou están en fase de elaboración, é por que se trata de
contidos provisionais, cuxo contido non é definitivo, e que pode cambiar. A difusión dun
documento ou unha información que non é definitiva, pode afectar ao eficaz funcionamento
das Administracións públicas e xerar confusión e inseguridade á cidadanía.
Os documentos inconclusos unicamente dan unha información indicativa e indiciaria e por
tanto non concluínte, polo que non se poderían considerar que constitúen información
pública. Sen embargo, os documentos que xa están finalizados e que forman parte dun
procedemento administrativo cuxa tramitación aínda non finalizou, agás que proporcionar
esta información poida impedir ou obstaculizar gravemente o exercício da acción
administrativa, si constitúen información pública, polo que deben proporcionarse ao
interesado. Considérase por tanto que o punto 2.b) da Instrución de transparencia do
Concello, que establece que non ten a consideración de información pública a documentación
que consta nun expediente en curso, non pode aplicarse, por non ser unha das causas de
inadmisión que establece o artigo 18 da Lei 19/2013, que considera como causa que a
información estea en curso de elaboración, pero non que o expediente estea en curso.
No presente caso, non consta que o solicitante teña a condición de interesado nun expediente
administrativo en curso, polo que non sería de aplicación o disposto na Disposición Adicional
primeira da Lei 19/2013 respecto da aplicación da normativa propia do procedemento
administrativo, sendo de aplicación a normativa en materia de Transparencia.
De acordo co disposto no artigo 25 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as limitacións o dereito
de acceso unicamente serán aplicables durante o período de tempo que establezan as leis, ou
mentres se manteña a razón que as xustifique, polo que o recomendable é que se informe á
persoa solicitante sempre que sexa posible, da data prevista de finalización da información
~ (+34) 981 5697 40 O Rúa do Hô rrco. 6S
15700, Santiago d e Compostela
A Corurla
(:) [email protected] {¡l www.comisiondatr-ansparencia.ga!
que se está a solicitar, e se lle remita a información (de oficio, sen esperar a que sexa
nova mente solicitada) cando o expediente estea finalizado.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo o Concello
da Coruña dar acceso aos documentos e/ou informes que consten no expediente e que estean
finalizados, ou de non existir, comunicar ao interesado que no expediente, toda a información
e documentación está en curso de elaboración. Antes de proporcionar a dita información,
debe abrirse trámite de aud iencia de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013,
aos que teñan dereitos que poidan resultar afectados polo acceso á información para que
poidan realizar as alegacións que estimen oportunas, resolvendo o que proceda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 19
de abril de 2021 contra a falla de contestación inicial e posterior resolución expresa da súa
solicitude ao Concello da Coruña, de vista do expediente de solicitude de autorización
presentado pola empresa Habitat, S.A. para a construción dun edifício sobre a parcela C + Z
sita na rúa Aurelio Aguirre Galarraga.
· Segundo: Instar ao Concello da Coruña a que no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicit ada de acordo co fundamento xurídico quinto desta resolución,
respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da
mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello da Coruña a que no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da resposta e no seu caso da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
adm inistrativo do Tribunal Superior de Xustiza de· Galicia, de conformidade co previsto no
info@comisíondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.gat
artigo 10,1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021.05.27 10:33:46 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.