Un ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia datos detallados de Covid-19 por municipio. La Consellería denegó parte de la información remitiéndolo a su web y alegando necesidad de reelaboración. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al considerar que la Administración posee los datos y no justificó la imposibilidad técnica de entregarlos.
Puntos clave de la argumentación
1
La denegación basada en la 'reelaboración de información' debe interpretarse de forma restrictiva, siendo aceptable solo si se requiere el uso de diversas fuentes o existe una carencia de medios técnicos para extraer los datos.
2
La resolución de la Consellería carecía de motivación suficiente para justificar la aplicación de la causa de inadmisión, limitándose a mencionar un nuevo tratamiento de la información.
3
Se acredita que la Administración dispone de los datos solicitados ya que los notifica diariamente al Ministerio de Sanidade a través de la RENAVE.
4
No se ha justificado la complejidad de obtener los datos, su imposibilidad técnica ni la falta de recursos necesarios para su suministro.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación •
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 23 de abril
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de maio de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. : - presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
· Valedor do _ l , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28
da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 6 de
abril de 2021, da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle concede
o acceso parcial á información solicitada referente á situación epidemiolóxica da covid19 en
cada municipio de Galicia actualizada a 4 de marzo de 2021 que reflicta para cada un dos
concellos o número de casos e a incidencia acumu lada nos últimos 7 días e 14 días, e o total
dende que existen rexistros.
O reclamante indica na súa reclamación que solicitou á Consellería de Sanidade dous informes,
un actualizado a 4 de marzo de 2021 e outro actualizado na data máis próxima á resolución
da solicitude, que contivesen datas desagregados por Concello do número de casos de Covid-
19 diagnosticados e a incidencia acumulada nos últimos sete dias, nos últimos 14 dias e dende
que comezou a pandemia (incidencia acumulada total).
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1
Na súa resposta do 6 de abril, a Consellería de Sanidade só fai referencia ao informe solicitado
para o 4 de marzo, non ao máis actualizado. Considera que non se proporciona a información
solicitada, derivando a unha páxina web que segundo a resolución, contén gran parte da
información requirida, en concreto a incidencia acumulada por concello e o número de novos
casos diagnosticados, nos últimos 7 e 14 días, tamén por concello; non así a incidencia
acumulada total, o que o que implicaría un novo tratamento da información dispoñible.
O interesado afirma que a páxina web non ten un repositorio histórico cos informes diarios,
de maneira que non se poden recabar a día de hoxe os datos a unha das datas solicitadas (4
de marzo). A páxina non contén a incidencia acumulada nin para 7 nin para 14 días (que era o
requirido na súa solicitude) senón que mostra un rango de incidencia. Respecto dos casos
novos rexistrados en cada municipio (tanto a 7 como a 14 días), a Consellería de Sanidade
especifica o número exacto cando é O ou 10 ou máis, pero cando está entre estas dúas cifras
só indica o rango "entre 1 e 9"; polo tanto, non precisa o que pide a solicitude.
A web á que remite a Consellería actualiza a diario o número acumulado de casos que se
rexistraron en cada área sanitaria pero non en cada Concello, dato que posúe dado que para
imputar os contaxiados a cada área sanitaria, debe sumar os de cada concello. Polo tanto, a
Consellería dispón dos datos solicitados.
O interesado considera que si a páxina web recolle con periodicidade diaria o número de
novos casos diagnosticados en cada concello, a Consellería de Sanidade non tería máis que
sumar todos os casos diagnosticados para cada concello. Afirma que os técnicos da Consellería
de Sanidade xa elaboran varios días á semana un informe que contén os datos que se piden
na solicitude, incluído o dato de casos totais diagnosticados en cada concello e incidencia
acumulada total, que non se proporciona a pesar de que se solicita.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, a resolución da Consellería de
Sanidade e d e copia do seu DNI.
Segundo. Con data do 28 de abril de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 4 de maio de 2021 a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo copia do expediente e informe no que unicamente comunica que con data do 6 de
abril de 2021, estimouse a petición do interesado, facilitándoselle parcialmente a información
solicitada.
,1,
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] wvJW.comisiondatransparencia.gal
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no informe remitido pola Consellería, ao interesado notificóuselle
a resolución con data do 6 de abril de 2021 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor
do Pobo con data do 23 de abril de 2021, debe admitirse a reclamación por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade información referente á situación
epidemiolóxica da Covid-19 en cada municipio de Galicia actualizado a dia 4 de marzo de 2021
11,
[email protected] www.(omisiondatransparencia.gal
que reflicta o número de casos e a incidencia acumulada nos últimos 7 días, 14 días e dende
que existen rexistros.
A Consellería emitiu resolución na que remite ao interesado á información que figura na súa
páxina web, na que figuran a información por Concello de novos casos diagnosticados por
PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 e 14 días.
É certo como afirma o reclamante e como se puido comprobar, que a web non ten repositorio
e histórico cos informes diarios, de forma que non se poden recabar os dados a unha data
concreta, e que na mesma non figura a incidencia acumulada, senón que mostra un rango de
incidencia, especificando o rango exacto cando é O ou 10 ou máis, pero no cando está entre
estas dúas cifras.
O reclamante afirma que a Consellería actualiza a dia rio o número acumulado de casos que se
rexistraron en cada área sanitaria pero non en cada Concello, dato que necesariamente debe
posuír, e que os técnicos da Consellería de Sanidade elaboran varios dias á semana un informe
que contén os datos que se piden na solicitude. A Consellería non nega ningunha destas
afirmacións, polo que debemos entender que posúe os datos solicitados, que non concede
unicamente afirmado que é necesaria a necesidade de reelaboración da información coa que
conta.
Respecto do concepto de reelaboración, esta Comisión xa se pronunciou en ocasións
anteriores, e en liña co Criterio lnterpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno e a xurisprudencia existente na materia, no senso de que as causas de inadmisión
establecidas no artigo 18 da Lei 19/2013, neste caso inadmisión parcial, deben ser
interpretada de xeito restritivo. En materia de acceso á información, débese partir da premisa
de que o dereito de acceso aparece configurado no noso ordenamento cunha formulación
ampla, de xeito que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e
proporcionadas.
Pódese considerar que existe reelaboración cando a información que se solicita debe
elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de
información, ou cando o organismo ou entidade á que se solicite a información, careza dos
medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se
solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada.
En todo caso, para a aplicación desta causa de inadmisión, debe quedar debidamente
motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No
presente caso, a resolución ditada pola Consellería de Sanidade carece de toda motivación
que xustifique a aplicación da indicada causa de inadmisión, máis aló da mención de que
(l1 (+34) 9815697 40 {J' Rúa do Hórreo, 65
f$ 15700, Santiago de Compostela
!~ transparenci ::1 AC01ui1a
,(.,.
lt¡
·. GalidJ (;) [email protected] (~~ WVIW.(.Omisiondatransparencia.gal
implicaría un novo tratamento da información dispoñible e da transcrición dunha parte do
criterio interpretativo do Consejo de Transparencia citado.
Na resolución impugnada queda acreditado que a Administración dispón dos datos que lle son
solicitados, xa que afirma que dar os mesmos implicaría un novo tratamento da información
dispoñible. A Consellería de Sanidade, notifica os casos de contaxiados por Covid-19 e
falecidos diariamente á Ministerio de Sanidade para a súa inclusión na RENAVE (Rede Nacional
de Vixilancia Epidemiolóxica), na que figura a enquisa individualizada para cada un dos casos.
Por tanto, non ten que volver elaborar os datos nin crea r a información, ex profeso para dar
resposta ao solicitante. Débese entender que a información está nunha aplicación informática
ou base de datos que se vai actualizando diariamente, na que se recollen os datos das persoas
contaxiadas diariamente por Covid-19, e ante a afirmación do reclamante de que polo persoal
da Consellería se elaboran varios dias á semana un informe que contén os datos que se piden
na solicitude, a Consellería non o nega. A Consellería non xustifica de ningún xeito, nin na
resolución recorrida nin no informe remitido, nin a complexidade de obter os datos
solicitados, nin a súa imposibilidade técnica, ou que non dispoña dos recursos necesarios para
facelo.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada ao considerar que
non está xustificada a causa de inadmisión da solicitude presentada, debendo a Consellería
facilitar os datos referentes á situación epidemiolóxica da Covid-19 por município, co número
de casos e a incidencia acumulada nos últimos 7 d ías e 14 días, e o total.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por - c o n data do 23 de
abril de 2021, contra a Resolución do 6 de abir~ a Xeral Técnica da
Consellería de Sanidade, pola que se lle concede o acceso parcial á información solicitada
referente á situación epidemiolóxica da covid19 en cada município de Galicia.
Segundo: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
· Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábi les, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021.05.27 10:33:16 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.