El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade el número de fallecidos por covid-19 desglosado por concello y el criterio de imputación. La administración denegó parcialmente la información alegando que requeriría una reelaboración de los datos. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al considerar que la administración dispone de los datos y no ha justificado la imposibilidad técnica de extraerlos.
Puntos clave de la argumentación
1
La causa de inadmisión por reelaboración debe interpretarse de forma restrictiva, siendo aceptables solo limitaciones justificadas y proporcionadas.
2
La administración no motivó suficientemente la denegación, limitándose a mencionar que implicaría un nuevo tratamiento de la información.
3
La existencia de datos individualizados en la RENAVE demuestra que la administración dispone de la información y que su extracción no constituye una creación de datos ex profeso.
4
El tratamiento informático de datos ya existentes para generar un informe no puede calificarse como reelaboración si no se justifica su complejidad técnica o falta de recursos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 23 de abril
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na s,esión celebrada o día 25 de maio de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 23 de abril de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 6
de abril de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se concede
o acceso parcial á súa solicitude de información sobre o número de persoas falecidas en cada
un dos concellos galegos con diagnose de covid-19 desde que existen datos e actualizado a 4
de marzo de 2021 e o criterio utilizado pola Consellería para imputar os falecementos a cada
concello (empadroamento, lugar da morte, lugar onde o falecido ten asignado o médico de
atención primaria ou calquera outro).
O reclamante indica na súa reclamación que a Consellería de Sanidade dita unha resolución
na que non proporciona a información solicitada xa que deriva a unha páxina web que recolle
o número de falecidos por idade desde o inicio da pandemia, pero non por concello de
residencia e/ou lugar de defunción, e denega esa parte da información por que implicaría un
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
novo tratamento da información dispoñible". O interesado considera que en base ao criterio
interpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno e a xurisprudencia sobre
a materia que cita, que non está xustificada a necesidade de reelaboración para dar a
información. Considera que a Consellería si dispón dos datos dos falecidos e os ten
territorializados, toda vez que as áreas sanitarias son agrupacións de concellos e os
falecementos impútanse a elas segundo onde o falecido tivese a súa residencia ou ben a súa
tarxeta sanitaria. Ademais, a mesma páxina web reflicte o número de contaxias novos que se
rexistran en cada un dos concellos galegos, o que reforza a idea de que a Consellería de
Sanidade ten datos territorializados.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, a resolución da Consellería de
Sanidade e de copia do seu DNI.
Segundo. Con data do 28 de abril de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 4 de maio de 2021 a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo copia do expediente e informe no que comunica que con data do 6 de abril de 2021,
estimouse a petición do interesado, facilitándoselle parcialmente a información solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
)
,h
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga l
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparéncia e acceso á información pública.
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.(omisiondatransparencia.gal
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no informe remitido pola Consellería, ao interesado notificóuselle
a resolución con data do 6 de abril de 2021 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor
do Pobo con data do 23 de abril de 2021, debe admitirse a reclamación por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade información referente ao número de persoas
falecidas en cada un dos concellos galegos con diagnose de covid-19 desde que existen datos
e actualizado a 4 de marzo de 2021 e o criterio utilizado pola Consellería para imputar os
falecementos a cada concello (empadroamento, lugar da morte, lugar onde o falecido ten
asignado o médico de atención primaria ou calquera outro).
A Consellería emitiu resolución na que remite ao interesado a información que figura na súa
páxina web, na que figuran os datos das persoas falecidas por Covid-19 en Galicia en número
global, con carácter acumulado e dende o inicio da pandemia, que son actualizados
diariamente, pero na que non figura a información por concello de residencia e/ou lugar de
defunción solicitada polo interesado, ao implicar, segundo figura na dita resolución, un novo
tratamento da información dispoñible.
Recoñece por tanto a Consellería que dispón do dato solicitado, pero non o concede, dando
acceso parcial á información solicitada mediante a remisión á información que figura na súa
web, xustificándoo na necesidade de reelaboración da información coa que conta.
Respecto do concepto de reelaboración, esta Comisión xa se pronunciou en ocas1ons
anteriores, e en liña co Criterio lnterpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno e a xurisprudencia existente na materia, no senso de que as causas de inadmisión
establecidas no artigo 18 da Lei 19/2013, neste caso inadmisión parcial, deben ser
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga!
interpretada de xeito restritivo. En materia de acceso á información, débese partir da premisa
de que o dereito de acceso aparece configurado no noso ordenamento cunha formulación
ampla, de xeito que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e
proporcionadas.
Pódese considerar que existe reelaboración cando a información que se solicita debe
elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de
información, ou cando o organismo ou entidade á que se solicite a información, careza dos
medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se
solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada.
En todo caso, para a aplicación desta causa de inadmisión, debe quedar debidamente
motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No
presente caso, a resolución ditada pola Consellería de Sanidade carece de toda motivación
que xustifique a aplicación da indicada causa de inadmisión, máis aló da mención de que
implicaría un novo tratamento da información dispoñible e da transcrición dunha parte do
criterio interpretativo do Consejo de Transparencia citado.
Na resolución impugnada queda acreditado que a Administración dispón dos datos que lle son
solicitados, xa que afirma que dar os mesmos implicaría un novo tratamento da información
dispoñible. A Consellería de Sanidade, notifica os casos de contaxiados por Covid-19 e
falecidos diariamente ao Ministerio de Sanidade para a súa inclusión na RENAVE (Rede
Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica), na que figura a enquisa individualizada para cada un
dos casos. Por tanto, non ten que volver elaborar os datos nin crear a información, ex profeso
para dar resposta ao solicitante. Débese entender que a información está nunha aplicación
informática ou base de datos que se vai actualizando diariamente, na que se recollen os datos
das persoas falecidas por Covid-19, e dentro deses datos debe entenderse que se recollen,
entre outros, o seu lugar residencia e lugar de defunción. O tratamento deses datos, é dicir, a
elaboración dun informe que relacione os falecementos co lugar de residencia e de
falecemento, non pode entenderse que poida ser cualificado como reelaboración, senón un
tratamento informático do que a Consellería non xustifica de ningún xeito, nin na resolución
recorrida nin no informe remitido, nin a súa complexidade, nin que non sexa tecnicamente
posible, ou que non dispoña dos recursos necesarios para facelo.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada ao considerar que
non está xustificada a causa de inadmisión da solicitude presentada, debendo a Consellería
facilitar os datos de falecementos por concellos e o criterio utilizado para a súa imputación.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
t
.' ''t;' ~ :. : ; s \ , 0 (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
*"
'.'I- ·,
: '·t transparencia
A Coru~a
'":• ' Galicí;:;1 1*':.;<.
,; $ ... t
f'4)'>1'!,
iní[email protected]
® www.comisiondatransp~rencia.sa1
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 23 de
abril de 2021, contra a Resolución do 6 de abri l de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da
Consel lería de Sanidade, pola que se concede o acceso parcial á súa solicitude de información
sobre o número de persoas falecidas en cada un dos concellos galegos con diagnose de covid-
19 desde que existen datos e actualizado a 4 de marzo de 2021 e o criterio utilizado pola
Consellería para imputar os falecementos a cada concello (empadroamento, lugar da mort e,
lugar onde o falecido ten asignado o médico de atención primaria ou calquera outro).
Segundo: Inst ar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fa i á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 dias hábiles, remit a
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamant e da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
cont ados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.05.27 10:35:19 +02'00'
M aría Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.