Una ciudadana solicitó acceso a un expediente de provisión de puesto y reclamó ante la Comisión de Transparencia de Galicia por la falta de respuesta a un recurso de reposición. La Comisión inadmitió la reclamación porque el asunto se refiere a la impugnación de un proceso administrativo en curso donde la solicitante es interesada, debiendo aplicarse la normativa del procedimiento y no la de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se centra en la falta de contestación a un recurso de reposición derivado de un proceso de provisión de un puesto de trabajo.
2
Se determina que la interesada no solicitó un acceso a la información pública en sentido general, sino que impugnó la resolución de un procedimiento administrativo en curso.
3
Según la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, en casos de impugnación de procesos de provisión de puestos por parte de un interesado, prevalece la normativa reguladora de dicho procedimiento administrativo.
4
La normativa general de transparencia no es aplicable cuando el acceso a la información forma parte de un expediente administrativo donde el solicitante tiene la condición de interesado.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 6 de abril de
2021, e considerando os antecedentes e fu ndamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Com isión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de maio de 2021, .
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 6 de abril de 2021, unha reclamación ao amparo do dispost o no artigo 28
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a falla de contestación
ao Recu rso de Re·posición presentado ante a Dirección Xeral de Función Pública da Xunta de
Ga licia, contra a desestimación por si lencio administrativo da súa solicitude presentada para
a provisión en comisión de servizos da Xefatura de sección de persoal e asuntos xerais (código
do posto: PRC991000027001002) da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia,
Xustiza e Turismo.
A reclamante expón que con data do 12 de febreiro de 2021 solicitou tomar parte no proceso
de provisión dunha praza con carácter provisional anunciada en comisión de servizos do posto
de Xefatura sección persoal e asuntos xerais, código: PRC991000027001002. Da
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo na Xefatura
Territorial de Lugo. Como· interesada no expedient e solicitou copia do mesmo o día 11 de
marzo de 2021 á Xefatura territorial de Lugo da Vicepresidencia e o día 16 de marzo á
Dirección Xeral de Función Pública e á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia primeira e
Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
, [email protected]\ www.c.omisiondatransparencia.gal
Ante a falta de resposta, o día 24 de marzo fixo unha solicitude de acceso á información
pública dirixida á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia primeira e Consellería de
Presidencia, Xustiza e Turismo e o día 5 de abril recibiu unha notificación da Xefatura
Territorial de Lugo onde lle remiten unicamente a proposta de resolución.
Con data do 5 de abril, presentou Recurso de Reposición contra a resolución de nomeamento
emitida pola Dirección Xeral de Función Pública e en consecuencia a desestimación tácita da
súa solicitude presentada para a provisión en comisión de servizos da Xefatura de sección de
persoal e asuntos xerais (código do posto: PRC991000027001002) da Vicepresidencia primeira
e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xefatura Territorial de Lugo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencía e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
,1,
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha riorma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o contrai da
actuación pública.
No presente caso a interesada non solicitou un acceso á información pública, senón que
presente unha reclamación contra a falla de resolución dun Recurso de Reposición presentado
nun procedemento que está en curso, e no que ten a condición de interesada.
,• f G':l, Rúa do Hórreo, 65
~~w
i\l 15700, Santiago de Compostela
· i
f tT;H1 •~r,a ren e¡ í.·i
t
,¡~ , Gatida () info@comisiondatranspa rem:ia.ga1 f,f www.(omisi.ondatrdnsparend a.ga1
De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 19/2013, ao t ratase
.dunha impugnación dun proceso de provisión dun posto de traballo, por unha interesa da nun
procedemento administrativo en curso, debe ser a normativa reguladora dese procedemento
administrativo e non a normativa xeral de transparencia, a aplicable á resolución do mesmo e
ao acceso, se.procede, á información solicitada, procedendo por est e motivo, a inadmisión da
reclamación presentada sobre a solicitude de información que forma parte deste expediente;
En base aos feitos e fundament os de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada. por contra a falla de
contestación ao Recurso de Reposición presentado ante a Dirección Xeral de Función Pública
da Xunta de Galicia, contra a d.esest imación por silencio administrativo da súa solicitude
presentada para a provisión en comisión de servizos da Xefatura de sección de persoal e
· asuntos xerais da Vicepresidencia ·Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
Contra est a resolución que pon fin á vía administrativa unica mente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á noti.ficación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/ 1998, do 13 de xullo, regu ladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.05.27 10:35:05 + 02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.