Estimada 28/01/2020 · 62 días en resolverse

Acceso a expediente de obras, autorizaciones y depósitos de residuos en el Concello de Vilar de Barrio

Se solicitó al Concello de Vilar de Barrio información sobre expedientes de obras en una parcela, autorizaciones y depósitos de residuos. Ante el silencio administrativo, el ciudadano reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la solicitud debido a que la información es pública y la administración no presentó alegaciones contra su entrega.

Puntos clave de la argumentación

1 La documentación solicitada sobre expedientes de obras y autorizaciones administrativas constituye información pública sujeta al derecho de acceso.
2 La administración reclamada no aportó alegaciones ni criterios contra la entrega de la información, lo que obliga a su aportación en beneficio del interés público.
3 El acceso a la información debe realizarse previa revisión para aplicar la disociación de datos personales o contenidos afectados por límites legales.
4 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bogoberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 27 de novembro de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de xaneiro de 2020, adopta a seguinte resolución : ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27/ 11/ 2019, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de Vilar de Barrio, referente a o expediente das obras na parcela do polígono , do dito Concello, número de naves, número de construcións e as autorizacións administrativas de cada unha delas, informe da secretaría en relación ao recoñecemento de explotación agrícola gandeira das obras da citada parcela e peticións realizadas por parte doutros veciños, número de explotacións afectadas e número de propieta rios que realizaron ta les peticións, e se conta con depósito habilitado pa ra o depósito dos resíduos. O reclamante indica que transcorrido o prazo dun mes, o concello non lle proporcionou a información solicitada. O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l Segundo. Con data 3 de decembro de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Vilar de Barrio para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de decembro de 2019, sen que o concello remitise a copia do expediente e o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. • ,!I (!': (•34) 9815697 40 Q Rúa do Hórreo, 65 f•' 15700, Santiago de Compostela .•• tr<.HlSpé., l f •nciél A Coruña :~ , 1 Galic id ( :;'.:\ .-,':'-" info@comisiondat!ansparencia.gal @ www.comisiondattansparencia.gal Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio admin istrativo . Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsió ns normativas contid as nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexa n expresos. O Concello de Vilar de Barrio non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación, por terse interposta en prazo. Quinto.- Análise do expediente O olicitou do Concello de Vilar de Barrio o acceso a unha documentación que debemos considerar como información pública, xa que se trata de información referente ao expediente das obras nunha parcela, número de naves, número de construcións e as autorizacións administrativas de cada unha delas, informe da secretaría en relación ao recoñecemento de explotación agrícola gandeira da s obras da citada parcela e peticións realizadas por parte doutros veciños, número de explotacións afectadas e número de propietarios que realizaron tales peticións, e se conta con depósito habilitado para o depósito dos resíduos, ao que, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, o interesado ten dereito de acceso. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do o expediente que non se recibiu, o que abriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. A Comisión non ten información sobre o contido dos documentos solicitados, en que medida poden verse afectados por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, ou en que medida podería darse, de ser o caso, a información despois de disociala para garantir o dereito de acceso a información non estritamente afectada polos límites (información parcial, art. 16 da Lei 19/2013). Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe aportarse a información pedida, aínda que con carácter previa debe examinarse a mesma, abrir, se corresponde , o trámite de audiencia a terceiros afectados de acordo co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, e de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente ,,... , ~ ...,, ,('~ (+34)98156 9740 8 Rúa do Hórreo, 65 (;;) [email protected] ~~ \f¡fjif, www.comisiondat ransparencia.ga1 previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei). A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo te111 a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Vilar de Barrio, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 27 de novembro de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de Vilar de Barrio, referente a o expediente das obras na parcela do polígono , do dita Concello, número de naves, número de construcións e as autorizacións administrativas de cada unha delas, informe da secretaría en relación ao recoñecemento de explotación agrícola gandeira das obras da citada parcela e peticións realizadas por parte doutros veciños, número de explotacións afectadas e número de propietarios que realizaron tales peticións, e se conta con depósito habilitado para o depósito dos re siduos. Segundo: Instar ao Concello de Vilar de Barrio, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formal ización do acceso. Terceiro: Instar a Concello de Vilar de Barrio, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada ao reclamante. _l:, (+34) 98156 97 40 Rua do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2020 76706870F MARIA Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORE5 DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() FERNANDEZ (R: Fecha: 2020.01.30 17:26:32 S6500009C) +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.