Se solicitó al Concello de Vigo acceso a planos y aforamientos de la grada Río Baixo del Estadio de Balaídos. Ante el silencio administrativo, el reclamante acudió a la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación e insta al Ayuntamiento a responder en 10 días por tratarse de información pública elaborada en ejercicio de sus funciones.
Puntos clave de la argumentación
1
La documentación solicitada sobre el estadio municipal es información pública al haber sido elaborada o adquirida por el Concello en el ejercicio de sus competencias.
2
El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición.
3
Ante la ausencia de respuesta expresa del Ayuntamiento, la reclamación se admite por haber sido interpuesta en plazo tras producirse los efectos del silencio administrativo.
4
El organismo insta al Ayuntamiento a resolver examinando si la información está afectada por los límites de acceso de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013, procediendo a la disociación de datos personales si fuera necesario.
5
Se advierte que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por en representación do
mediante escrito do 22 de marzo de 2021, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transpare ncia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación do
presentou, mediante escrito con entrada no rex.istro do Valedor do Pobo o 22 de marzo de
2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional qu inta da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude ao Concello de Vigo de acceso aos planos e aforamentos da
bancada Río Baixo do Estadia Municipal de Balaídos antes da última obra de reforma, a mesma
documentación despois das obras de remodelación xa efectuadas e información das obras de
remodelación que se van a levar a cabo, na que se exprese os asent os que van suprimirse e o
aforamento final previsto para esta bancada.
O reclamante indicaba que non recibiu contestación. O escrito viña acompañado de copia da
solicitude presentada e do seu DN I.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1
Segundo. Con data do 25 de marzo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de marzo, sen que polo dito Concello se
remitise a copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
).
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Vigo non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información
presentada con data do 12 de febreiro de 2021, polo que ao transcorres o prazo establecido
no artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A entidade interesada solicitou ao Concello de Vigo acceso a determinada documentación que
debe figurar no expediente municipal correspondente a un estadia de titularidade da entidade
local, información que debe considerarse que é información pública por canto foi elaborada
ou adquirida polo Concello no exercido das súas competencias.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da
solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente
que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus
argumentos.
A Comisión non ten información sobre o contido concreto dos documentos solicitados, pero
ao tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercício das súas
funcións, debe o Concello resolver expresamente sobre o acceso, examinando previamente si
a información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na Lei
19/2013, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal
existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma
clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que
despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público
ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
~ (+34)9815697 40 (:} Rúa do H6rr~o. 65
15700, S.-.ntlago de Compostela
ACoru~a
(; info@comisiood•transpar~oci• pi (: wvtw.comisiondatranspartncia.gal
Debe lembrarse ao Concello que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplina rio previsto na
correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, o Concello de Vigo non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta
Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicit e para o correcto
cumprimento das súas fu ncións en materia de tra nsparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriorment e expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: or en
representación do con ata do 22 de marzo de 2021, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ao Concello de Vigo de acceso a
diversa documentación correspondente ao Estadio Mu nicipal de Balaídos.
Segundo: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á forma lización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo m áximo de 15 días hábiles, remit a a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon f in á vía adm inistrativa unicamente cabe, en caso de
desconform idade, int erpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galícia, de conformidade co previst o no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xu llo, reguladora da xurisdición contencioso-
adm inistrativa.
Santiago de Composte la,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.07.02 12:50:39 +02'00'
M aría Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.