Se solicitó al Concello da Coruña información sobre retribuciones de directivos de EMALCSA, dividendos ingresados por el Ayuntamiento e informe de tarifas del agua. El solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder en 10 días por tratarse de información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La normativa de transparencia es aplicable a las sociedades municipales como EMALCSA al poseer capital íntegramente municipal según el art. 2.1.g de la Ley 1/2016.
2
El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición.
3
La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
4
La información solicitada es pública al haber sido elaborada o adquirida en el ejercicio de las funciones administrativas.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicla na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 5 de abril
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 5 de abril de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición
adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ao Concello da Coruña, de
información sobre retribución anual bruta no 2020, desagregada por conceptos retributivos,
do Director Xeral e do Director Xeral Adxunto da Empresa Municipal Aguas de A Coruña
(EMALCSA), as cotizacións empresariais á seguridade social abonadas polas sociedades
municipa is para cada uns destes cargos, os dividendos ingresados polo Concello procedentes
de EMALCSA durante o exercicio 2020 e o informe económico xustificativo de determinación
da contía dás tarifas vixentes do servizo de abastecemento de auga.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
Considera que non existe razón ningunha para non proceder por parte da Concello á entrega
e posta a disposición da información requirida, por canto a súa solicitude refírese a
información económica das retribucións e cotización empresariais á Seguridade Social, e por
tanto ao custo económico para as sociedades públicas municipais EMALCSA e EMVSA
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.gat
(propiedade 100% do concello da Coruña) e correspondentes a eses postos directivos de ditas
entidades, que non figuran, a pesar de que o esixe a normativa, no seu portal de Transparencia
nin nas súas webs. A normativa de Transparencia é de aplicación ás referidas sociedades ao
ter capital enteiramente municipal, de acordo co art. 2.1.g de dita Lei.
Considera que non concorre tampouco causa ningunha impeditiva de facilitar tal información.
A solicitude referida á contía dos dividendos ingresados polo Concello de A Coruña
procedentes de EMALCSA durante o exercicio 2020 é un simple dato cuantitativo, referido ao
ingreso patrimonial que o Concello da Coruña.
Con independencia de que tal dato sexa recollido na liquidación orzamentaria, e que esta
información figure na web, unha vez finalizado o exercicio 2020, o Concello debe ter
dispoñible esa información.
En canto ao Informe económico xustificativo de determinación da contía das tarifas vixentes
do servizo de abastecemento de auga, é un informe económico que é preceptivo e
obrigatorio, previo á fixación polo Concello da Coruña das tarifas de dito servizo municipal,
que debe ser o que fundamente a contía da prestación.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 8 de abril de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de abril de 2021, sen que polo Concello
se remitise copia do expediente nin o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
2.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
info@comísiondatransparencia.ga1 www.c.omisiondatransparencia.ga1
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello da Coruña non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente dentro
do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que polo que debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso ante o Concello da Coruña á información sobre retribución e
cotizacións empresariais de determinados cargos de empresas municipais e dividendos
ingresados polo Concello procedentes das mesmas, así como o informe económico
xustificativo de determinación da contía dás tarifas vixentes do servizo de abastecemento de
auga, información que debe considerarse que é información pública.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da
solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente
¿¡
'~
[,~ (+34) 981 56 97 40 (:) Rúa do Hórreo,65
ACoruña
O [email protected] @ www.c;omisíondatransparen(ia.ga1
que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus
argumentos.
A Comisión non ten información sobre o contido concreto dos documentos solicitados, pero
ao tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercício das súas
funcións, debe o Concello, de conformidade co disposto no artigo 19.2 da Lei 19/2013, dar
audiencia ás persoas que ostenten dereitos ou intereses nos expediente solicitados, e unha
vez finalizado este trámite, resolver expresament e sobre o acceso, examinando previamente
si a información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na Lei
19/2013, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal
existentes ou elim inar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma
clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que
despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público
ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
O Concello da Coruña non resolveu a solicitude de acceso á información do interesado, polo
que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, o Concello da Coruña non remitiu O· informe e o expediente solicitado por esta
Com isión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 5 de
abril de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ao Concello
da Coruña, de información sobre retribución anual e cotizacións de determinados cargos
directivos da Empresa Municipal Aguas de A Coruña (EMALCSA), dividendos ingresados polo
Concello procedentes da dita empresa e informe económico xustificativo de determinación
da contía dás tarifas vixentes do servizo de abastecemento de auga.
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
Segundo: Instar a Concello da Coruña, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Concello da Coruña, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2021.07.02 12:51 :11 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
ur