Inadmitida 29/06/2021 · 84 días en resolverse

Inadmisión por extemporánea de reclamación sobre el nombramiento de una inspectora de juego y sus vínculos institucionales

Se solicitó a la Consellería de Facenda e Administración Pública diversa información sobre el nombramiento de una Inspectora do Xogo de Galicia y sus vínculos con diversas entidades. El solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por ser extemporánea, al presentarse antes de expirar el plazo legal de resolución.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se interpuso alegando desestimación por silencio administrativo antes de que transcurriera el plazo de un mes establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016 para la resolución de solicitudes.
2 El derecho de acceso a la información pública no obliga al solicitante a motivar su petición, conforme al artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
3 La presentación de la reclamación fuera de plazo conlleva la inadmisión del recurso según lo dispuesto en el artículo 29 de la Ley 39/2015.
4 La resolución de la reclamación es un paso potestativo previo a la impugnación en vía contencioso-administrativa.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 6 de abril de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES en representación da presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 6 de abril de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administ rativo da súa solicitude á Consellería de Facenda de Administ ración Pública, de obtención de copia correspondente ao nomeamento de - como Inspectora do Xogo de Galicia, as relacións que lles vinculan a Comar, Concello da Coruña, as empresas Amoroso e Asociados, S.L. Rodríguez Amoroso Alberto Jose, Rodríguez Amoroso, S.L., Consultoría Empresarial e Outros, Mapa Global Consulting, S.L. e o seu socio nos rexistros da Xunta de Galicia dos (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga! anos 2013 a 2020 e previsión 2021 e de cada unha delas en relación co dito nomeamento, identificar a cada un dos integrantes ou asinantes de documentos públicos que consten na xestión correspondente ao nomeamento da citada Inspectora do Xogo e as relacións que lles vinculan coas referidas institucións e empresas, subvencións e axudas públicas recibidas ou tramitadas, orzamentos, contas anuais e os informes de auditoría de contas e de fiscalización por parte dos órganos de control externo que sobre eles se emitiron, actas onde conste a aprobación das contas pola xunta xeral correspondente, retribucións percibidas anualmente pola súa Presidencia, Director e cargos de confianza, asesores, os seus cargos e vocais, en forma de axudas de custo, pluses, asistencias, quilometraxe ou calquera outro tipo non previsto nesta solicitude de complementos pecuniarios, copia das actas e convenios de acordos que afecten a terceiros, acordos e actuacións encargadas ao gabinete xurídico para preitos dos responsables, informe xustificativo do financiamento das campañas e recursos dedicados para publicidade e ingresos, inscrición no rexistro de entidades públicas do Goberno español, Xunta ou órgano correspondente, acta fundacional e copias dos DOG, copias dos contratos ou convenios, actas, rexistros ou ordenes que identifiquen o autor dos expedientes e identificación do funcionaria. A entidade interesada presenta a súa reclamación por non ter obtido resposta á súa solicitude de acceso á información. Segundo.- Con data do 6 de abril de 2021, deuse traslado da reclamación achegada polo interesado á Consellería de Facenda e Administración Pública, para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A solicitude foi recibida pola dita Consellería con data do 8 de abril de 2021. Terceiro. Con data de entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 28 de abril de 2021, a Consellería de Facenda e Administración Pública remite o informe solicitado no que en síntese manifesta que a solicitude presentouse polo reclamante con data do 8 de marzo de 2021, e por Resolución do 13 de abril de 2021 da Dirección Xeral da Función Pública dáse acceso á información solicitada, resolución que ten data de saída do 16 de abril de 2021. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder 0 ( +34) 981 5697 40 Q RUa do Hófreo, 6S 15700, santíago de Compostela ACoruiia Q· [email protected] ~ www.comisiondatran.spare-ncia.ga1 públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que a solicitude ante a Consellería de Facenda e Admin istración Pública presentouse con data do 8 de marzo de 2021, e a reclamación presentouse ante a Comisión da Transparencia de Galicia con data do 6 de abril de 2021, é dicir, sen ter transcorrido o prazo dun mes que o artigo 27.4 da Lei 1/2016 establece para a resolución das solicitudes. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos, polo que procede en consecuencia, a inadmisión da reclamación presentada por estar presentada fóra de prazo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de ma io de 2017 (DOG n2 136, do 18 de xullo de 2017), ACORDO Único: lnadmitir por extemporánea a en representación da con data 6 de Abril de 2021, contra a desestimación da súa solicitude de acceso á información presentada con data do 8 de marzo de 2021 á Consellería de Facenda e Administración Pública sobre determinada información relacionada co nomeamento dunha inspectora de xogo. [email protected] www.tomisiondatransparencia.ga\ Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.02 12:49:50 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. [ ¡