Estimada 29/06/2021 · 78 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello da Coruña sobre datos de plazas y tarjetas de la ORA 2020, estimada por la Comisión da Transparencia de Galicia

Se solicitó al Concello da Coruña información detallada sobre plazas de aparcamiento ORA y tarjetas emitidas en 2020. El solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento aplicó erróneamente el procedimiento administrativo común en lugar de la Ley de Transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 La información solicitada sobre plazas de aparcamiento y tarjetas ORA constituye información pública al ser elaborada o adquirida por el Ayuntamiento en el ejercicio de sus funciones.
2 Es inaplicable la normativa de procedimiento administrativo común (Ley 39/2015) cuando el solicitante invoca expresamente la Ley de Transparencia y el objeto de la solicitud encaja en dicha materia.
3 El plazo para resolver solicitudes de acceso a la información pública es de un mes, según el artículo 27.4 de la Ley 1/2016 y el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
4 La reclamación se admite por presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según el Criterio Interpretativo 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 12 de abril de 2021, e consideran o os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución : ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12 de abril de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de información ante o Concello da Coruña, do número de prazas de aparcadoiro existentes reservadas ás tarxetas de residentes da ORA (prazas verdes), número de prazas reservadas a non residentes da ORA (prazas azuis) en cada un dos 6 sectores da ORA existentes en 2020, e número de tarxetas emitidas en 2020 de residente para aparcadoiro en zona verde en cada un dos 6 sectores (desagregado) da ORA. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.tomislondatransparencia.ga1 Segundo. Con data do 14 de abril de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A solicitude foi recibida no Concello con data do 15 de abril de 2021. Terceiro. Con data do 1 de xuño de 2021 o Concello da Coruña contesta a petición remitindo o informe e copia do expediente instruído. Neste informe indícase que con data do 5 de maio de 2021, asinouse pola Directora da Área de lnfraestruturas e Mobilidade a comunicación ao interesado sobre a información solicitada que foi notificada con data do 20 de maio de 2021. Considera o informe remitido polo Concello que o prazo para a contestación e tramitación da solicitude presentada é de 3 meses, de conformidade co disposto no artigo 21.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, polo que a contestación á solicitude de información presentada tivo lugar dentro do prazo legalmente previsto ao efecto. Considera que á información solicitada polo interesado non é de aplicación a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno por canto non se trata de información institucional, organizativa, de planificación, nin de relevancia xurídica, nin económica, orzamentaria ou estatística, senón que se trata dunha solicitude de información administrativa en relación ao funcionamento dun servizo público que debe resolverse polo procedemento administrativo común. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expre,sa ou presunta en materia de acceso á información pública, ! (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela [email protected] www.comisiondatransparencia.gat poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. [email protected] www.tomisiondatransparencia.ga l Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O interesado non recibiu a resolución sobre a súa solicitude de acceso á información transcorrido o prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que presentou reclamación ante esta Comisión da Transparencia, ditándose resolución expresa polo Concello con data do 5 de maio e notificada o 20 de maio de 2021, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a información, en base á normativa de transparencia, referente a prazas de aparcadoiro existentes reservadas ás tarxetas de residentes da Ordenanza reguladora de aparcamento (ORA) do Concello da Coruña. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública, tendo dereito o solicitante, a recibir da Administración a orientación e ~- (+34) 9815697 40 (} Rúa do Hórreo, 65 15700, Sant iago de Compost ela ACoru~a l) ..,, info@c:omis.iondatn1n-s:pare-nci1.g,t C, www.<.omisk>ndatrans~rtnci&gal asesoramento necesario para o exercido deste dereito, tal e como establece o artigo 26 da Le i 1/2016. A información solicitada, de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da 19/2013, debe considerarse información pública, por canto se retire a información elaborada ou adquirida polo Concello no exercido da s súas funcións. O interesado fai unha solicitude na que de forma expresa no asunto da mesma, solicita o acceso á información de acordo coa Lei de Transparencia. Debe ser por tanto esta normativa, polo obxecto da solicitude e pola intención do solicitante, a que se debe aplicar ao expediente e non a normativa de procedemento administrativo xeral como considera o Concello. Debe, por tanto, resolverse a solicitude no prazo dun mes de acordo co disposto no artigo 27.4 da Lei 1/2016, dende que a solicitude entra no órgano competente para resolver. Segundo consta na documentación enviada, o Concello da Coruña procedeu a remitir ao interesado a información solicitada con data do 20 de maio de 2021, polo que procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada. Debe lembrarse ao Concello da Coruña que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, a súa obriga de resolver as solicitudes de acceso á información no prazo dun mes dende que ten entrada no órgano competente para resolver. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por contra a desestimación por silencio ad ministrat ivo da súa solicitude de información an e o oncello da Coruña, do número de prazas de aparcadoiro existentes reservadas ás tarxetas de residentes da ORA (prazas verdes), número de prazas reservadas a non residentes da ORA (prazas azuis) en cada un dos 6 sectores da ORA existentes en 2020, e número de tarxetas emitidas en 2020 de residente para aparcadoiro en zona verde en cada un dos 6 sectores (desagregado) da ORA . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-adm inistrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.02 12:52:54 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.