Estimada 29/06/2021 · 76 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Boqueixón sobre datos del IBI rústico y pecuario (1957-1960) estimada por la Comisión da Transparencia de Galicia

Se solicitó al Concello de Boqueixón datos del IBI rústico y pecuario (1957-1960) de tres contribuyentes. Ante el silencio administrativo, la interesada reclamó transparencia. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder a la solicitud en 10 días, tras realizar el trámite de audiencia a los afectados.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, frente a resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
2 El Ayuntamiento debe dar audiencia a las personas que ostenten derechos o intereses en los expedientes solicitados antes de resolver el acceso.
3 La administración debe examinar si la información está afectada por los límites de acceso de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013, procediendo a la disociación de datos personales si es necesario.
4 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
5 El Concello de Boqueixón tiene la obligación legal de remitir a la Comisión da Transparencia los informes requeridos para el ejercicio de sus funciones.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao. amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 14 de abril de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 14 de abril de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da solicitude de acceso ante o Concello de Boqueixón, dos datas de contribución territorial rústica e pecuaria IBI dos anos 1957 a 1960 de tres contribuíntes. A reclamante indica que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 19 de abril de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao Concello de Boqueixón para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente, sen que polo Concello se remitise a información solicitada. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. ,111 (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1 O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 O Concello de Boqueixón non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou acceso a determinada documentación referida datos de contribución territorial rústica e pecuaria IBI dos anos 1957 a 1960 de tres contribuíntes. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. A Comisión non ten información sobre o contido concreto dos documentos solicitados. Ante a solicitude de acceso á información, debe o Concello, de conformidade co disposto no artigo 19.2 da Lei 19/2013, dar audiencia ás persoas que ostenten dereitos ou intereses nos expediente solicitados, e unha vez finalizado este trámite, resolver expresamente sobre o acceso, examinando previamente si a información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que peidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei). A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse que consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Boqueixón, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. Con base nos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, "' í~ (+34)981 5697 40 ,:) Rúa do Hórreo, 6S % ( ~;) [email protected] ~ www.comisiondatransparenc.ia.ga1 ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 14 de abril de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Boqueixón, dos datos de contribución territorial rústica e pecuaria IBI dos anos 1957 a 1960 de tres contribuíntes. Segundo: Instar ao Concello de Boqueixón a que, no prazo máximo de 10 días hábiles tras a finalización do .trámite de audiencia ao que se fai referencia no fundamento xurídico quinto desta resolución, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos ,14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Boqueixón a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día segu inte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021 .07.02 12:51 :46 +02'00' M aría Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.