Estimada 29/06/2021 · 74 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso a la propuesta de ampliación del CHUAC y documentación técnica asociada

Se solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia el plan funcional, programa de espacios, estudios técnicos y económico-financieros de la ampliación del CHUAC. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque la administración no facilitó la información de forma directa y accesible, remitiendo enlaces complejos o erróneos.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que los recursos contra resoluciones presuntas (silencio administrativo) pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2 La remisión a publicidad activa es válida solo si el enlace lleva de forma inequívoca, rápida y directa a la información, sin requerir búsquedas sucesivas ni requisitos previos.
3 En el caso analizado, el acceso era excesivamente complejo, requiriendo navegar por múltiples carpetas y utilizar contraseñas, lo que incumple los requisitos de accesibilidad del CTBG.
4 Se constató que la administración remitió un enlace que no funcionaba (error de archivo no encontrado) y omitió mencionar el cronograma solicitado.
5 La documentación solicitada es información pública al haber sido elaborada por un órgano de la Administración general de la comunidad autónoma en ejercicio de sus funciones.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno or en representación da mediante escrito do 16 de abril de 2021, e considerando os antece entes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Tra nsparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en representación da - presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 19 de abril de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ante a Consellería de Sanidade de acceso á proposta de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e de obt ención de copia do pian funciona l e do programa de espazos, dos estudos técnicos realizados sobre o emprazamento da ampliación proxectada, das alternativas estudadas e do estudo económico-financeiro da proposta de ampliación. A reclamante indicaba que o 22 de xuño de 2020 lle solicitara á Consellería de Sanidade acceder a esa información se n que, despois de nove meses, a administración resolvese a petición nin facilitase a documentación interesada. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do seu DNI e de acreditación da representación. Segundo. Con data do 22 de abril de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao conselleiro de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 27 de abril de 2021. Terceiro. Con data do 17 de xuño de 2021 a Vicesecretaría Xeral da Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que o 16 de xuño de 2021 a Consellería de Sanidade xa resolveu sobre outras solicitudes que rexistrou a mesma interesada o 23 de maio de 2021 relativas a información sobre a proposta de ampliación do CHUAC. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa (+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info@cornísiondatransparencia.gal www.<.omisiondatransparencia.ga\ tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 t; A Coruña [email protected] www.tomisiondatransparencia.gal Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente En primeiro lugar, cabe destacar que a interesada presenta reclamación contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude do 22 de xuño de 2020, de maneira que a Comisión non pode considerar a resolución doutras solicitudes de información que, aínda proxectadas sobre o mesmo ámbito material, interesan distinta documentación. Neste caso, a cidadá pedía, fundamentalmente, a seguinte información: o pian funcional e o programa de espazos do CHUAC; os estudos técnicos realizados sobre o emprazamento da ampliación e as alternativas estudadas; o estudo económico-financeiro da proposta; o cronograma da actuación proxectada. Pois ben, o secretario xeral técnico, na súa Resolución do 16 de xuño de 2021, refire que o pian funcional, o de espazos e as súas aprobacións e modificacións se atopan no Perfil do Contratante do Servizo Galego de Saúde e na plataforma de contratación da comunidade autónoma. Porén, en realidade, o acceso é moito máis complexo, dado que ningún dos documentos desas páxinas se corresponde coa información interesada. En primeiro lugar, cómpre acceder a unha ligazón que se refire en ambas as páxinas 1 . A continuación será necesario consultar o documento que figura co nome "11_AvisoABSER321010_gaGA" na plataforma de 1 https://cartafol.sergas.es/index.php/s/RhwOKrIHI5pa3dT info@comisiondatran~parencia.gal www.tomisiondatransparencia.ga1 contratación de Galicia ou o que se atopa a carón da ligazón na web do Sergas 2, onde se nos advertirá que o contrasinal para acceder é "ABSER321010". Unha vez feito iso, descárgasenos o arquivo "P _ABSER321010.zip". Teremos que entrar no cartafol "02_anexoCHUAC" e, unha vez aí, poderemos acceder ao pian funcional e ao programa de espazos entrando en "PlanFuncional_Espazos". Con respecto aos estudos económico-financeiros, quizais a interesada poida atopar a documentación que busca en "EstudoMobilidade" e en "Fase0_CHUAC", "DocEscritaPDF", "CHUAC PD F3.1 - TOMO 5 Presup y Cuadros Precios s3.pdf". Polo que respecta á análise de mobilidade nunha localización alternativa, o secretario xeral técnico retire que non está publicada, pero remite a unha ligazón. Porén, a web á que se remite amosa o seguinte erro: "non se atoparon arquivos asociados á Url especificada". O cronograma requirido nin sequera se menciona. Así as cousas, é certo que, consonte o artigo 22.3 da Lei 19/2013, se a información xa foi obxecto de publicidade activa, a administración pode limitarse a indica ri le ao solicitante como acceder a ela. Con todo, de acordo co Criterio lnterpretativo 9/2015, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, deberá: señalar expresamente el link que accede a la información y, dentro de este, los epígrafes, capítulos datas e informaciones exactas que se refieran a lo solicitado, siendo requisito que la remisión sea precisa y concreta y lleve, de forma inequívoca, rápida y directa a la información sin necesidad de requisitos previas, ni de sucesivas búsquedas. Nas circunstancias examinadas, como resulta evidente, non pode entenderse facilitado o acceso á información solicitada, dado que a remisión que realiza o secretario xeral técnico non cumpre cos requisitos que prevé o CTBG en tanto que a información resulta inaccesible. Por se fose pouco, incluso remite un enlace que non funciona. Debemos ter en conta que a documentación solicitada reúne a condición de información pública (art. 24.1 Lei 1/2016), pois foi elaborada ou adquirida por un órgano da Administración xeral da comunidade autónoma (art. 3.1) no exercício das súas funcións. Así pois, dado que non parece concorrer ningún límite dos previstos na normativa e, de feito, a Consellería de Sanidade concedeu o acceso á información, aínda que non o facilitou, procede estimar a reclamación contra a desestimación por silencio administrativo e instala a que resolva expresamente e remita á información de forma inequívoca, rápida e directa. https://extranet.sergas,es/cadmoweb/Cadmo Web/DescargaArguivo.aspx?IdExpediente=73948&IdDoc umento=46434&CodCentroGestion=500:J.&ldPaxina=70003&Seccion=0&RecogeDatos=0 ~ (•34) 98156 97 40 ' f Rúa do Hó,reo, 65 ' ,. ' ! j ' 15700, 5'>ntiogo de Compostolo ~ t ¡·t._,<> ¡··1..$""f..J :::i¿__.,re,'} 1t' ¡' ·., 'I,., { ,! Cialici~, t?t .... inlo@comisiondatransparenc·ia.g~l (; 1 v.viw.comisiondatransparencia.gal Finalmente, cómpre destacar que a Consellería de Sanidade non chegou a resolver a solicitude de acceso á información da interesada, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obr igación de resolver en prazo t en a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, remitiu un informe e un expediente distintos aos da solicitude que deu lugar á reclamación que examina esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle sol icite para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en representación da con data do 16 de abril de 2021 contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ante a Consellería de Sanidade de acceso á proposta de am pliación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e de obtención de copia do pian funcional e do programa de espazos, dos estudos técnicos realizados sobre o emprazamento da ampliación proxectada, das alternat ivas estudadas e do estudo económico-financeiro da proposta de ampliación. Segundo: Instar á Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 10 dias hábiles, responda á interesada á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío á reclamante da información solicit ada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á not ificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.02 12:52:31 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.