Inadmitida 30/05/2017

Reclamación contra la inadmisión de solicitud de acceso a información sobre el Servicio de Comedor del CEIP Plurilingüe nº 2 de Tui

El ciudadano solicitó información sobre el servicio de comedor del CEIP Plurilingüe nº 2 de Tui a la Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Tras la inadmisión de la solicitud, el interesado reclamó alegando que la información es pública. La Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación por haber sido presentada fuera de plazo (extemporánea).

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación se considera extemporánea ya que la notificación del acto impugnado se produjo el 16 de febrero de 2021 y la reclamación se presentó el 30 de marzo de 2021, superando el plazo de un mes previsto en la Ley 1/2016.
2 De acuerdo con el artículo 116 d) de la Ley 39/2015, el transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión.
3 La administración reclamada alegó que la información no obraba en su poder ya que el comedor es gestionado por la ANPA, invocando la causa de inadmisión de la letra d) del artículo 18.1 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vist a a reclamación presentada por mediante escrito do 10 de maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Va ledor do Pobo o 30 de abril de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a cont ra Resolución do 15 de febreiro de 2021, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á información sobre o Servicio de Comedor do CEIP Plu rilingue nº 2 de Tu i. O recla mante, en resumo, indica no seu escrito que considera que a denegación de acceso á información pública solicitada vulnera claramente o previsto no artigo 26.1 da Lei 1/2016, dado que a document ación relativa ao Comedor resulta evident e que a dita información si est á, ou debería estar, en poder da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ao ser o mesmo un servizo público, polo que considera que a denegación da información é absolutamente improcedente e vulneradora dos seus dereitos. Considera que é a Consellería a quen lle corresponde solicitar á ANPA a información para a súa entrega ao interesado. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga! O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 5 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 1 de xuño de 2021, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que tal e como se lle indicou ao interesado na resolución do 15/02/2021, O CEIP dispón dun comedor xestionado a través da Asociación de Nais e Pais do centro, que é a responsable da contratación e xestión integral do servizo. Neste suposto, e de conformidade esa entidade é responsable da contratación e xestión integral do servizo, polo que considera que a solicitude incorre na causa de inadmisión da letra d) do artigo 18.1 da Lei 19/2013, posto que a información solicitada non obra en poder desta administración, e non concorre o disposto no artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia, posto que non se trata dun servizo público xestionado indirectamente pola ANPA, nin existe vinculación desta con esta consellería. No que respecta a documentación relativa ao comedor: memoria, proxecto educativo do centro, no relativo a horarios, funcionamento, responsabilidades, persoal adscrito ao mesmo, indica que toda ela está dispoñible na páxina web do centro educativo. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] WV'IW.tomisiondatransparencia.gal da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1 Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que apresentación da reclamación é extemporánea, xa que a notificación da resolución reclamada practicouse o 16 de febreiro de 2021, tal como figura no informe da Consellería e no escrito de reclamación, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 30 de marzo de 2021, é dicir, fóra do prazo previsto. Pola súa banda, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece no seu artigo 30.4, ao regular os termos e prazos, que se o prazo se fixa en meses, estes computaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación do acto de que se trate, ou desde o seguinte a aquel en que se produza a estimación ou desestimación por silencio administrativo. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a notificación ou silencio administrativo no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a interposición do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento administrativo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017), e (•34) 981569740 Rúa do Hórreo, 6S 15700, Santiago de ComJ)OStela Q ""' [email protected] -~ www.wmisiondatransparencia.ga1 ACORDO Único: lnadmitir por extemporánea a reclamación presentada por - con data do 30 de marzo de 2021, contra a Resolución do 15 de febreiro de 2021, da Consellería de Cultura, Educación e Un iversidade, pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á información sobre o Servido de Comedor do CEIP Plurilingue nº 2 de Tui. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.02 12:56:45 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.