Se solicitó la revisión de una resolución sobre el acceso a expedientes de subvenciones a la Comisión de Transparencia de Galicia. El reclamante alegó que la Ley General de Subvenciones prevalece sobre la de transparencia. La Comisión de Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación por ser extemporánea.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue presentada el 6 de mayo de 2021, habiendo accedido el interesado a la notificación el 5 de abril de 2021, superando así el plazo de un mes previsto en el art. 28 de la Ley 1/2016.
2
El transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión según el artículo 116 d) de la Ley 39/2015.
3
La tramitación de las reclamaciones ante la Comisión de Transparencia se ajusta a la normativa de procedimiento administrativo común en materia de recursos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por en representación da -
mediante escrito do 5 de maio de 2021, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a segu inte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación da
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 6 de maio de
2021, unha reclamación ao amparo do disposto do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro,
de transparencia e bo goberno contra a resolución da directora xeral de Planificación
Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía,
Em resa e lnnovación no expediente AIP-MI-SC-2021-01, pola que se lle concede
o acceso a determinados expedientes en materia de subvencións a favor da
á-
O reclamante, como xa sinalou nas alegacións presentadas con data do 11 de marzo de 2021,
considera que a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) prevé un réxime
xurídico específico de acceso á información a través da Base de Datos Nacional de Subvencións
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! www.c.omisiondatransparencia.ga l
(BONS), en tanto que esta se configura como o sistema nacional de publicidade na materia
consonte o artigo 20.8 LXS. Por conseguinte, en aplicación da disposición adicional primeira,
apartado segundo, da Lei 19/2013, a normativa en materia de transparencia debe aplicarse
con carácter supletorio.
Unha vez definida a normativa á que cómpre atender, o reclamante alega que só han de
publicarse, ex art. 20.8 LXS: a convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se
impute a axuda, o importe concedido, o obxectivo ou a finalidade, os beneficiarios e as
dilixencias e os informes que documentan o control financeiro. Deste xeito, o resto de datos
rexistrados na BONS ten carácter reservado, sen que poida cederse ou comunicarse a terceiros
en aplicación do art. 20, números 5 e 7, LXS.
O escrito viña asinado mediante un certificado electrónico cualificado de representante de
persoa xurídica.
Segundo. Con data do 7 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía,
Empresa e lnnovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase
informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de maio de 2021.
Terceiro. Con data do 15 de xuño de 2021, a directora xeral de Planificación Enerxética e
Recursos Naturais contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indica que, de acordo co Criterio lnterpretativo 9/2015, do Consejo
de Transparencia y Buen Gobierno, a publicidade activa non exclúe a posibilidade de que os
cidadáns exerciten o seu dereito de acceso á información pública. Ademais, cita a Sentenza
núm. 38/2021, do 29 de xaneiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia, cuxa ratio decidendi considera aplicable a este caso. De acordo con esa
resolución, a LXS e a Lei 19/2013 non entran en contradición.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hôrreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia
de acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter
potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que
debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto
impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio
administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación
da reclamación é extemporánea, xa que o reclamante accedeu ao contido da notificación o 5
de abril de 2021, segundo consta no expediente remitido, e a reclamación tivo entrada no
Rexistro do Valedor do Pobo o 6 de maio de 2021, é dicir, fóra do prazo previsto.
Pola súa banda, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas establece no seu artigo 30.4, ao regular os termos e prazos, que se
o prazo se fixa en meses, estes computaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña
lugar a notificación do acto de que se trate, ou desde o seguinte a aquel en que se produza a
estimación ou desestimación por silencio administrativo. O prazo concluirá o mesmo día en
que se produciu a notificación ou silencio administrativo no mes de vencemento.
Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no
artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das
Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos
interesados. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de Galicia,
debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co disposto no
artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a interposición
do recurso, sendo esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de conformidade
co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación
axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de procedemento
administrativo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión
do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017),
11 .• ., •. " ., •
~ (♦34)981569740
~·
. f Rúa do Hórreo, 65
15 700, Santiago de Compostela
, \ tran.<,péir\:ncia A Coruña
··; ~ · Gd Í i(.¡O C) ;[email protected] ~ www.comisiorid:atransparencia.gal
ACORDO
Único: lnadmitir por extemporánea a reclamación presentada por
en representación da con data do 6 de maio de 2021, contra
a resolución da directora xeral de Planificaicion Enerxética e Recursos Naturais da
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e lnnovación no expediente AIP-
-MI-SC-2021-01, pola que se lle concede á o acceso a determinados
expedientes en r:nateria de subvencións a favor da
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día segu inte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.07.0212:54:17 +02'00'
M!! Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia
Ll