Estimada 29/06/2021 · 50 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el CESGA sobre gastos en software Microsoft y planes de software libre, resuelta con estimación por motivos formales

Un ciudadano solicitó al Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) datos sobre facturas de Microsoft, licencias de software, puestos de trabajo y planes de software libre. Ante la falta de respuesta, reclamó por silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el CESGA facilitó la información tras el requerimiento.

Puntos clave de la argumentación

1 La información solicitada sobre gastos en licencias, aplicaciones informáticas y aspectos organizativos se califica como información pública según la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
2 Se admite la reclamación por estar presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según el Criterio Interpretativo 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
3 El CESGA justificó la falta de respuesta inicial debido a que la solicitud se realizó mediante el registro electrónico del Gobierno de España, al cual el centro no tenía acceso.
4 El derecho de acceso a la información implica la obligación de recibir una respuesta documentada y completa como herramienta de control de la actuación pública.
5 La reclamación se estima por motivos formales dado que el organismo accedió a remitir toda la información solicitada una vez tuvo conocimiento de la petición.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 10 de maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xu rídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de maio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), sobre o importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos á compañía Microsoft ou calquera outra empresa "partner" autorizada por Microsoft para comercializar calquera licenza ou servizo asociada aos produtos de Microsoft, importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos que supoñan o pagamento dunha licenza, dereito de uso de software ou análogos na institución, número de postos de traballo con computadores, número de usuarios na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de implantación de tecnoloxías con software libre O reclamante ind icaba que non recibiu resposta á súa solicitude. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1 O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 11 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 26 de maio de 2021 o CESGA contesta a petición remitindo o informe e copia do expediente instruído. Neste informe indícase que ata a recepc1on da solicitude de informe da Comisión da Transparencia sobre a reclamación presentada polo interesado contra a falla de contestación á súa solicitude de acceso á información, non constaba nese centro ningunha petición do interesado. Unha vez analizada a documentación, constatase que a petición da información foi realizada polo interesado a través do rexistro electrónico do Goberno de España, o cal esta conectado a súa vez co sistema de rexistro AIRES dependente da Xunta de Galicia, ao que o CESGA non ten acceso. O CESGA fai constar que en ningún momento existiu intención de non facilitar a información solicitada polo interesado e remite escrito que foi enviado ao solicitante no que figura o importe das facturas emitidas a CESGA nos últimos 5 anos en produtos Microsoft e outras licenzas de software propietario, número de postos de traballo con computadores e número de usuarios na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e Pian de implantación de tecnoloxías con software libre. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión (+.34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela info@comísiondatransparencia.gal www.tomisiondatransparencia.ga l da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.(omisiondatransparencia.ga l Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O interesado non recibiu a resolución sobre a súa solicitude de acceso á información transcorrido o prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que, aínda que polas circunstancias que se fan constar no informe do CESGA, este organismo non recibiu a solicitude, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a determinada información referente a diversos aspectos sobre licenzas e dereitos de uso de software, postos de traballo con computadores e usuarios na rede informática do CESGA, sistemas operativos implantados e pian de implantación de tecnoloxías con software libre, solicitude que non se recibiu no citado organismo polos motivos aos que xa se fixo referencia, ata que pola Comisión da Transparencia se requiriu a emisión de informe sobre a reclamación presentada. A información solicitada, de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da 19/2013, debe considerarse información pública, por canto se refire a información sobre gastos do organismo en licenzas e aplicacións informáticas, implantación de software libre e determinados aspectos organizativos e de funcionamento. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a ,., .t f \~ (•34) 981S69740 O Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago d~ Compostela •'f t• ansr·1;:H·(·f •'' ~l 1 •·• , l \. • ' . ACoruña Galicí{, () info@comlsiondatransparend a.ga! @ www.,omisjondatransparencia.ga1 resposta deste tipo supón unha ferrament a indispensable para poder exercer o control da actuación pública, tendo dereito o solicitante, a recibir da Administración a orie ntación e asesora mento necesario para o exercicio deste dereito, tal e como establece o artigo 26 da Lei 1/2016. Segundo consta na documentación enviada, o CESGA procedeu a remitir ao interesado a información solicitada unha vez que tivo coñecemento da solicitude, polo que se considera que resolveu adecuadamente a solicitude de acceso á información, procedendo en consecuencia a estimación por motivos formais da reclamación presentada . En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por contra a falla de contestación da solicitude de acceso á informacion ante o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), sobre o importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos á compañía Microsoft ou calquera outra empresa "partner" autorizada por Microsoft, importe das facturas de licenzas ou dereito de uso de software, número de postos de traballo e usuarios na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de implantación de tecnoloxías con software libre. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-ad mini strativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 202 1.07.02 12:55:28 +02 00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.