Un ciudadano solicitó al Concello de Pontevedra información sobre gastos en licencias de Microsoft, software libre y datos de su red informática. Ante la falta de respuesta inicial, reclamó por silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento acabó facilitando la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada sobre gastos en licencias, software libre y aspectos organizativos informáticos se considera información pública según la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
2
El derecho de acceso implica recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
3
Se admite la reclamación por estar presentada en plazo, basándose en que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento según el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
4
La reclamación se estima por motivos formales debido a que el Concello de Pontevedra finalmente estimó la solicitud y notificó la información al interesado durante la tramitación del expediente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada p o r - mediante escrito do 10 de maio
de 2021, e considerando os a n t e c = xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021,
adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 10 de maio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desest imación
por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de
Pontevedra, sobre o importe das factu ras emitidas nos últimos 5 anos á compañía Microsoft
ou calquera outra empresa "partner" autorizada por M icrosoft para comercial izar calquera
licenza ou servizo asociada aos produtos de M icrosoft, importe das facturas emitidas nos
últimos 5 anos que supoñan o pagamento dunha licenza, dereito de uso de software ou
análogos na institución, núme ro de post os de t raballo con computadores, número de usuarios
na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de implantación
de tecnoloxías con software libre.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.ornis!ondatransparencia.gal
Segundo. Con data do 11 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola
reclamante ao· Concello de Pontevedra para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 1 de xuño de 2021 o Concello de Pontevedra contesta a petición
remitindo oficio co que achega o informe emitido na data 31 de maio de 2021 pola Alcaldía.
No dito informe, faise constar que con data do 29 de abril de 2021, emitiuse informe polo
servizo de Informática en base ao cal por Decreto da alcaldía do 12 de maio de 2021,
estimouse a solicitude formulada polo interesado facilitándolle a información dispoñible no
Concello, mediante a remisión do referido informe onde se reflectían os datos requiridos na
súa petición. O decreto foi notificado electronicamente ao interesado en data 13 de maio de
2021 e o 31 do mesmo mes por correo certificado á persoa interesada.
Indica o Concello que o retraso na remisión da información veu provocada polas
circunstancias excepcionais derivadas da COVID-19, que obrigaron á reestruturación
administrativa e á priorización daqueles traballos e servizos esenciais para a cidadanía.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
info@comísiondatransparencia.gal www.tomisiondatransparencia.gal
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O interesado non recibiu a resolución sobre a súa solicitude de acceso á información
transcorrido o prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, polas circunstancias que figuran
no informe do Concello, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso a determinada información referente a diversos aspectos sobre
licenzas e dereitos de uso de software, postos de traballo con computadores e usuarios na
rede informática do Concello de Pontevedra, sistemas operativos implantados e pian de
implantación de tecnoloxías con software libre, solicitude sobre a que se ben non se ditou
resolución expresa dentro do prazo que o artigo 27.4 da Lei 1/2016 establece, estimouse,
concedendo acceso á información solicitada que se notifico ao interesado.
A información solicitada, de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13
da 19/2013, debe considerarse información pública, por canto se refire a información sobre
gastos do organismo en licenzas e aplicacións informáticas, implantación de software libre e
determinados aspectos organizativos e de funcionamento.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o contrai da
actuación pública, tendo dereito o solicitante, a recibir da Administración a orientación e
asesoramento necesario para o exercício deste dereito, tal e como establece o artigo 26 da
Lei 1/2016.
"
~
ti < \ '
i' 1•3◄) 9815697 40 Q Rúa elo Hórreo, 6S
. , transparcnti:1 ACoruna
•i,
~i
Cia\k,ia e. .,
...• a í[email protected]• l www.<.omisiondatransp.arencia.gat
De acordo co anterior, tendo recibido o interesado a información solicitada, procede a
estimación da reclamación por motivos formais.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
· Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por
contra a falla de contestación da solicitude de acceso á información ante o Concello de
Pontevedra, sobre o importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos á compañía Microsoft
ou calquera outra empresa "partner" autorizada por Microsoft, importe das facturas de
licenzas ou dereito de uso de software, número de postos de traballo e usuarios na rede
informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de implantación de
tecnoloxías con software libre.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
ad ministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xu risdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021 .07.02 12:58:16 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
·'