Se solicitó al Concello de Lugo información sobre facturación de licencias de Microsoft, puestos de trabajo, sistemas operativos y planes de software libre. El solicitante alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque el Ayuntamiento disponía de la información pero no la remitió al ciudadano.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante la falta de resolución expresa, los recursos contra actos presuntos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
La información solicitada sobre licencias informáticas y planes tecnológicos se define como información pública según los artículos 24 de la Ley 1/2016 y 13 de la Ley 19/2013.
3
El derecho de acceso implica recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
4
Se estima la reclamación debido a que el Concello de Lugo remitió la información a la Comisión pero no acreditó haberla enviado al interesado.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave para los responsables según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 10 de ma io
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 10 de maio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a desestimación por silencio administrativo, da súa sol icitude de acceso á información
ante o Concello de Lugo, sobre o importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos á compañ ía
Microsoft ou calquera outra empresa "partner" autorizada por Microsoft para comercia lizar
calquera licenza ou servizo asociada aos produtos de Microsoft, importe das facturas emitidas
nos últimos 5 anos que supoñan o pagamento dunha licenza, dereito de uso de software ou
análogos no Concello, número de postos de traballo con computadores, número de usuarios
na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de implantación
de tecnoloxias con software libre.
O reclamante indicaba que non recibiu respost a á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparenc1a.gal
Segundo. Con data do 11 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola
reclamante ao Concello de Lugo para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 28 de maio de 2021 o Concello de Lugo contesta a petición remitindo
oficio ao que acompaña informe elaborado polo Servizo Informático do Concello.
Neste informe dáse conta da información solicitada polo interesado, sen que conste que a
mesma lle fose remitida.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Leí 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a. súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá iriterpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
;í
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
info@comísiondatransparencia.gal www.tomisiondatransparencia.gal
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que o interesado presentou a súa reclamación ante a falla de resolución expresa unha
vez transcorrido o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso a determinada información ao Concello referente a diversos
aspectos sobre facturación de licenzas e produtos informáticos, postos de traballo e usuarios
na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de implantación
de tecnoloxías con software libre, información que debe de considerarse como información
pública de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da 19/2013.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública, tendo dereito o solicitante, a recibir da Administración a orientación e
asesoramento necesario para o exercício deste dereito, tal e como establece o artigo 26 da
Lei 1/2016.
O Concello remite un informe dos seus servizos informáticos co contido da información
solicitada á Comisión da Transparencia, pero non consta que remitise esa información ao
interesado, polo que procede a estimación da reclamación presentada, debendo o Concello
de Lugo remitir a información completa ao solicitante.
Lémbrase ao Concello de Lugo que de conformidade co disposto no 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na
correspondente normativa reguladora.
~ (+34)981 569740
o Rú a do Hórreo. 65
O [email protected] ~ www.comisiondatraospareocia.g.al
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a
desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información ante o
Concello de Lugo, sobre o importe das facturas de licenzas ou dereito de uso de software,
postos de traballo e usuarios na rede informática da institución, sistemas operativos
implantados e pian de implantación de tecnoloxías con software libre.
Segundo: Instar ao Concello de Lugo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda ao
interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Lugo, a que, no prazo máximo de 15 días hábi les, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao redamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribuna l Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.07.02 12:58:55 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.