Un ciudadano solicitó al Concello da Coruña datos sobre facturación de licencias de Microsoft, número de puestos de trabajo, usuarios de red y planes de software libre. El Ayuntamiento denegó el acceso alegando que requería reelaboración de datos. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena entregar la información por falta de motivación y remisión insuficiente.
Puntos clave de la argumentación
1
Las causas de inadmisión por reelaboración de información deben interpretarse de forma restrictiva, ya que la mera agregación o suma de datos no justifica la denegación del acceso.
2
La denegación basada en la necesidad de reelaboración requiere una motivación detallada que valore el volumen de información, el esfuerzo de compilación y la repercusión en las funciones del órgano, análisis que el Ayuntamiento no realizó.
3
El hecho de que los datos no consten en un documento concreto preexistente no puede anular el derecho de acceso a la información pública.
4
La remisión genérica a un portal web o sede electrónica es insuficiente; es necesario proporcionar el enlace exacto y los epígrafes específicos que lleven directa e inequívocamente a la información solicitada.
5
Las licencias de software son bienes inventariables, por lo que la información sobre las mismas debe proporcionarse de forma sencilla al ciudadano.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por - med iante escrito do 10 de maio
de 2021, e considerando os ante= xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor o maio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/ 2016, do 18 de xaneiro, de transpa rencia e bo goberno,
cont ra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información
ante o Concello da Coruña, sobre o importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos á
compañía Microsoft ou calquera outra empresa " partner" autorizada por Microsoft para
comercializar calquera licenza ou servizo asociada aos produtos de Microsoft, importe das
facturas emit idas nos últimos 5 anos que supoñan o pagamento dunha licenza, dereito de uso
de software ou análogos na institución, número de postos de t raba llo con computadores,
número de usuarios na rede informática da inst itución, sistemas operativos implantados e
pian de implant ación de tecnoloxías con sof tware libre.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicit ude presentada e do seu DNI.
(+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
;¡ [email protected] www.c.omisíondatransparencia.ga l
Segundo. Con data do 11 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola
reclamante á Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 21 de maio de 2021, o interesado remite escrito no que comunica que
recibiu notificación do Concello da Coruña no que se lle denega a información solicitada
porque non se atopa recollida en documentos e/ou expedientes específicos e determinados
deste concello, se non que requiren dun traballo previa de recompilación e reelaboración para
poder proceder á súa divulgación.
O interesado manifesta que no portal de contratación non figura información ao respecto
unha vez realizada consulta dende o ano 1999 ata a actualidade, tendo en conta que coñece
que se empregan ese software nalgúns equipas de atención ao público.
Considera que o Concello debe ter un inventaria do software, dado que é un ben
inventariable, e que non se lle da información sobre o número de postos de traballo con
computadores, que é diferente ao número de traballadores do Concello, nin se lle da
información sobre o número de usuarios da rede da institución.
Cuarto.- Con data do 7 de xuño de 2021 O Concello da Coruña contesta a petición remitindo
informe, no que en comunica que con data do 18 de maio de 2021, ditouse resolución pola
que se inadmite a solicitude de conformidade co disposto no artigo 18.1.c) da Lei 19/2013,,
xa que todos os datas que solicita non se atopan recollidos en documentos e/ou expedientes
específicos e determinados do Concello, senón que requiren dun traballo previa de
recompilación e reelaboración para poder proceder á súa divulgación. Non obstante indica
que as facturas emitidas polo Concello, obedecen ou se derivan de procedementos de
contratación, que son de acceso público, indicando o link da plataforma.
Polo que respecta ao persoal, indica o link ao cadro de persoal do Concello.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
(>34) 98156 97 40 Rúa do Hón eo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comísiondatransparencia.ga1 www.(omisiondatransparenda.ga l
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.tomisiondatransparencia.gal
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que o interesado presentou a súa reclamación ante a falla de resolución expresa unha
vez transcorrido o prazo dun mes dende a data da solicitude, de conformidade co disposto no
artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso a determinada información ao Concello da Coruña referente a
diversos aspectos sobre facturación de licenzas e produtos informáticos, postos de traballo e
usuarios na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de
implantación de tecnoloxías con software libre, información que debe de considerarse como
información pública de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da
19/2013.
!¡
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
O Concello denegou o acceso á información solicitada en base ao disposto no artigo 18.1. c)
da Lei 19/2013, xustificándoo en que todos os datos que solicita non se atopan recollidos en
documentos e/ou expedientes específicos e determinados do concello, senón que requiren
dun traballo previo de recompilación e reelaboración para poder proceder á súa divulgación.
Respecto do concepto de reelaboración, esta Comisión xa se pronunciou en ocasións
anteriores, e en liña co Criterio lnterpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno e a xurisprudencia existente na materia, no senso de que as causas de inadmisión
establecidas no artigo 18 da Lei 19/2013, deben ser interpretada de xeito restritivo. En materia
de acceso á información, débese partir da premisa de que o dereito de acceso aparece
configurado no noso ordenamento cunha formulación ampla, de xeito que só son aceptables
as limitacións que resulten xustificadas e proporcionadas. Se por reelaboración se aceptase a
mera agregación, ou suma de datos, ou o mínimo tratamento dos mesmos, o dereito de
acceso á información converterase no dereito ao dato ou á documentación, que non é o que
sanciona o artigo 12 ao definir o dereito como dereito á información.
A aplicación de toda causa de inadmisión e, concretamente por ser o obxecto da presente
reclamación, a regulada no artigo 18. 1 e), debe quedar debidamente motivada na resolución
pola que se responda á solicitude de información presentada. No presente caso, a resolución
ditada polo Concello da Coruña carece de toda motivación relativa á aplicación da indicada
causa de inadmisión máis aló da mención a que a considera de aplicación.
Non se pode facer unha interpretación estrita do dereito de acceso no senso de conceder o
acceso unicamente no caso de que se soliciten documentos concretos existentes: o simple
feito de que a entidade pública teña que refundir ou concentrar a información que se deriva
ou deduza de varios documentos, salvo que exista unha norma con rango legal que impoña
esta tarefa adicional, non sempre xustifica que se poda inadmitir a solicitude. Nestes casos é
necesario valorar factores tales como o volume de información que se está a solicitar, o
esforzo que para o órgano vai a supoñer recompilar a información e a repercusión sobre o
cumprimento das súas funcións que vaia a supoñer e o interese público existente na difusión
da información, valoración que neste caso non fai o Concello, polo que non se pode considerar
que a proporcionar a información solicitada supoña reelaboración. O simple feito de que os
datas requiridos non consten reflectidos nun documento concreto preexistente á solicitude,
non pode baleirar de contido ao dereito de acceso á información.
No referente á información referida á contratación, o Concello remite un link sobre o que o
interesado comunica que consultado o mesmo, non figura información ao respecto unha vez
realizada consulta dende o ano 1999 ata a actualidade, tendo en conta que coñece que se
empregan ese software nalgúns equipos de atención ao público. A referencia á existencia dun
sitio web onde se ofrece información, non é suficiente para os efectos de proporcionar a
información solicitada. O artigo 22.3 da Lei 19/2013, establece que se a información xa foi
e (•34) 98156 9740 Rúa cio Hórreo, 65
15700, ~ntiogodo Compostela
ACorulla
(;;, inío@comi1i0ndaltanspar•ncia.ga! www.(omisiondatransparencia.gal
publicada, a resolución que resolva a solicitude de acceso poderá limitarse a indicar como
pode accederse a ela, pero como establece o criterio interpretativo 9/2015, do Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno, en ningún caso é suficiente unicamente a remisión xenérica
a portal ou á sede ou páxina web, senón que é necesario que se concrete sinalando
expresamente o link que accede á información e, dentro deste, os epígrafes, capítulos, datos
e informacións exactas que se refiran ao solicitado, sendo requisito que a remisión sexa
precisa e concreta e leve, de forma inequívoca, rápida e directa á información sen necesidade
de requisitos previos, nin de sucesivas procuras.
Por tanto, a Administración á que se solicita a información pode elixir entre ofrecer a
información por vía do exercido de dereito de acceso exposto, ou ofrecer o link ou ligazón
exacta que ofreza de forma directa a información de que se trate.
Respecto do inventario de software, como indica o reclamante, debe figurar nun inventario
no Concello, dado que as licencias son bens inventariables, polo que é información que debe
proporcionárselle de forma sinxela. Non se lle remite información sobre o número de postos
de traballo con computadores, nin sobre o número de usuarios da rede da institución.
Lémbrase ao Concello da Coruña que de conformidade co disposto no 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a
desestimación por sílencio admin istrativo, da súa solicitude de acceso á información ante o
Concello da Coruña, sobre o importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos á compañía
Microsoft ou calquera outra empresa "partner" autorizada por Microsoft para comercializar
calquera licenza ou servizo asociada aos produtos de Microsoft, importe das facturas emitidas
nos últimos S anos que supoñan o pagamento dunha licenza, dereito de uso de software ou
análogos na institución, número de postos de traballo con computadores, número de usuarios
na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de implantación
de tecnoloxías con software libre.
Segundo: Instar ao Concello da Coruña a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, remita ao
interesado a parte da información non remitida, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
G
"'
1 info@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga l
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar ao Concello da Coruña, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.07.02 13:00:43 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.