Estimada 29/06/2021 · 50 días en resolverse

Reclamación por acceso a información sobre licencias de software y tecnología en la Deputación de Ourense con resultado estimatorio

El solicitante pidió a la Deputación de Ourense datos sobre facturas de software Microsoft, puestos de trabajo y planes de software libre. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque la entidad solo proporcionó información parcial, instándola a entregar el resto de los datos o motivar la denegación.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de acceso a información sobre facturación de licencias y planes de software libre se considera información pública según los artículos 24 de la Ley 1/2016 y 13 de la Ley 19/2013.
2 El derecho de acceso implica recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria, siendo la orientación administrativa una herramienta indispensable para el control de la actuación pública.
3 La respuesta de la administración no se considera adecuada cuando es parcial y remite al ciudadano a una cita telefónica o correo electrónico para obtener el resto de la información.
4 Cualquier denegación de información debe ser resuelta expresamente de forma motivada, justificando la causa de inadmisión y ofreciendo los recursos procedentes.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 10 de maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xu rídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrit o con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 e maio e 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información ante o desestimación por si lencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información ante Deputación de Ourense, sobre o importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos á compañía Microsoft ou calquera outra empresa "partner" autorizada por Microsoft para comercializar calquera licenza ou servizo asociada aos produtos de Microsoft, importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos que supoñan o pagamento dunha licenza, dereito de uso de software ou análogos na institución, número de postos de t raballo con computadores, número de usuarios na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de implantación de tecnoloxias con software libre. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15 700, Santiago de Compostela ACort.1ña info@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga l Segundo. Con data do 11 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Deputación Provincial de Ourense para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 27 de maio de 2021 a Deputación Provincial de Ourense contesta a petición remitindo oficio do 24 de maio de 2021, no que comunica que con esa mesma data remitiuse a contestación ao solicitante e achega copia da mesma. Nesa copia figura o número de postos de traballo en rede, usuarios en rede e sistemas operativos. lndícaselle que para acceder a calquera outra información ou aclaración ao respecto, pode realizar a consulta pedindo cita nos números de teléfono e dirección de correo electrónico que se lle indican. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info@comisiondatram,parencia.gat www.c.omisiondatransparencia.ga! tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. (+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que o interesado presentou a súa reclamación ante a falla de resolución expresa unha vez transcorrido o prazo dun mes dende a data da solicitude, de conformidade co disposto no artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a determinada información á Deputación Provincial referente a diversos aspectos sobre facturación de licenzas e produtos informáticos, postos de traballo e usuarios na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de implantación de tecnoloxías con software libre, información que debe de considerarse como información pública de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da 19/2013. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o contrai da actuación pública, tendo dereito o solicitante, a recibir da Administración a orientación e asesoramento necesario para o exercicio deste dereito, tal e como establece o artigo 26 da Lei 1/2016. A Deputación Provincial remite a esta Comisión un escrito remitido ao interesado, no que se lle dá unha información parcial do solicitado, sen ningunha referencia ao importe das facturas sobre licenzas ou dereitos de uso de software, nin ao pian de implantación de tecnoloxías con software libre. Aínda que se proporcione ao interesado un número de teléfone ou correo electrónico para obter mais información, non se pode considerar que a solicitude de acceso á información se resolvese adecuadamente, polo que debe a Deputación Provincial remitir a información non enviada ao interesado, ou no caso de que concorra algún límite ou causa de inadmisión da información non proporcionada, resolver expresamente de forma motivada, xustificando adecuadamente a procedencia da denegación da información, con ofrecemento dos recursos que contra a mesma procedan. ~ (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 ACoru~a f".) ...,. [email protected] @ www.comisiondatransparencia.ga1 Lémbrase á Deputación Provincial que de conformidade co disposto no 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a desestimación .por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información ante Deputación de Ourense, sobre o ,importe das facturas emit idas nos últimos 5 anos sobre licenzas ou •dereito de uso de software ou aná logos na institución, número de postos de traballo con computadores, número de usuarios na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e pian de implantación de tecnoloxías con software libre. Segundo: Instar á Deputación Provincial de Ourense a que, no prazo máximo de 10 días há biles, remita ao interesado a parte da información non remitida, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Deputación Provincial o de Ourense, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.02 12:58:33 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.