Inadmitida 29/06/2021 · 49 días en resolverse

Inadmisión de reclamación contra la Consellería de Facenda y Administración Pública por falta de naturaleza de solicitud de acceso a la información pública

Una aspirante solicitó a la Consellería de Facenda e Administración Pública la lista de personas que realizaron un examen el 22 de abril de 2021 y aclaraciones sobre la notificación de acreditaciones. Alegó falta de transparencia y trato desigual frente a otros opositores. La Comisión da Transparencia inadmitió la reclamación por no ser una solicitud de acceso a información, sino una queja administrativa.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación no constituye una solicitud de acceso a información pública, sino una impugnación de actuaciones administrativas en un proceso selectivo de personal.
2 El objeto de la solicitud se centra en cuestionar la corrección de la actuación de la Administración y no en obtener documentos o contenidos públicos.
3 Se aplica el artículo 116.c) de la Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común para la inadmisión al no tratarse de un acto recurrible ante este órgano.
4 La Comisión determina que la vía de transparencia no es la adecuada para resolver quejas sobre la gestión de procesos selectivos de personal.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 11 de maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Com isión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 11 de m aio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resposta dada pola Consellería de Facenda e Administración Pública do 5 de maio de 2021, ao seu escrito presentado en cal idade de aspirante no proceso selectivo convocado pola Orde do 22.11.2019 para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (DOG núm. 225, do 26 de novembro de 2019), no que solicitaba que se fixera pública a relación das persoas que van comparecer á realización do exame do subgrupo A2 o día 22 de abril de 2021 nas instalacións da EGAP, así como a aclaración de como se lles notificou a acreditación da circunstancia e onde foi publicada a resolución na que se indicaba como acreditar a circunstancia e documentos vál idos para esta acreditación, e no seu caso a anulación do procedemento polas razóns expostas. A recla mante expón que considera incorrecto que se poidan publicar os datos das persoas que padecen unha discapacidade e non as persoas que se contaxian por Covid nunha situación de pandemia, xa que de feito, todos os traballadores/as da administración en caso de padecer a enfermidade ou estar en contacto con ela, se lles obriga a comunica lo e incluso a proporcionar datos das persoas coas que estivo en contacto ós rastrexadores, e nun proceso selectivo no (+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1 que debe primar máis que nunca a transparencia se ocultan os datos destes opositores, ós que encima se lles outorga o privilexio de ter un mes máis para reforzar o estudio e se lles permite facer un exame na EGAP sen a presión á que estivo sometido o resto e un día de semana cando o resto tiveron que facelo durante a fin de semana. A administración a raíz da súa queixa publicou na páxina de función pública unha nota na que fixo constar que os opositores convocados foron avisados por notificación persoal. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no '" (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga\ ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso a interesada non solicitou un acceso á información pública, senón que presente unha reclamación contra determinadas actuacións da Administración que considera incorrectas, nun procedemento de selección de persoal no que ela é interesada De acordo co anterior, ao non ser o obxecto da solicitude da interesada o aceso a unha información pública, senón unha reclamación contra a actuación da Administración nun procedemento de selección de persoal, procede a indamisión da reclamación, de acordo co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo ; {¡~ (+3') 98156 97 40 () 15700, Rúa do Hórreo, 6S :' Santiago de ComPQStela t1 a, iSí ,;in:,,nci11 ACoru~a * ,. . -.~. r;1.__ --- 't ,.:, l (1 t~ •.,, 1 [email protected] ~' ~ www.comisiondatransparen<ia.,gal Común das Administracións Públicas, ao non tratarse dun acto susceptible de recurso ante esta Comisión. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: lnadmitir a reclamación presentada por contra a resposta dada pola Consellería de Facenda e Administración Pública do 5 de maio de 2021, ao seu escrito presentado en calidade de aspirante no proceso se lectivo convocado pola Orde do 22.11.2019 para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-adm inistrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.02 13:01 :38 +02'00' María Dolores Fernández Ga liño Presidenta da Com isión da Transparencia.