Estimada 29/06/2021 · 46 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Cangas sobre limitaciones de acceso a las playas y resultado estimatorio por motivos formales

Se solicitó al Concello de Cangas información sobre las limitaciones de acceso a sus playas. El interesado alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento respondió fuera de plazo y después de interpuesta la reclamación, aunque confirmó que la información no existía.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible por haber sido presentada en plazo frente a una resolución presunta por silencio administrativo.
2 La información sobre limitaciones de acceso a bienes de uso público se considera información pública según la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
3 Cuando la información solicitada no existe, la Administración cumple su obligación comunicando expresamente dicha inexistencia.
4 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que el Concello resolvió la solicitud una vez interpuesta la reclamación ante la Comisión.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 14 de maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 14 de maio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por si lencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de Cangas, sobre as limitacións establecidas para o acceso ás praias do dito Concello (prazo temporal no que se establecen estas medidas, vias ás que afecta, excepcións a ditas limitacións, sa ncións en caso de incumprimento e norma legal na que se fundamentan) . O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 19 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Cangas para que, en cumprimento da normativa de t ransparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.gal Terceiro. Con data do 3 de xuño de 2021 o Concello de Cangas contesta a petición remitindo o informe e copia do expediente instruído. Neste informe indícase que con data do 31 de maio de 2021 por ese Concello adoptouse o Decreto 2021/1136, polo que se informou ao interesado sobre a inexistencia de acordo ou resolución en relación á restrición de acceso ás praias, que foi comunicado ao interesado con data do 1 de xuño de 2021. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 ; [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1 Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O interesado non recibiu a resolución sobre a súa solicitude de acceso á información transcorrido o prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón que obtivo a resolución da súa solicitude con data do 6 de xuño de 2021, unha vez que tiña presentada a súa reclamación con data do 14 de maio de 2021, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a determinada información sobre a existencia de limitacións para o acceso ás praias por parte do Concello de Cangas, con indicación do prazo temporal no que se establecen estas medidas, vías ás que afecta, excepcións a ditas limitacións, sancións en caso de incumprimento e norma legal na que se fundamentan. A información solicitada, de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da 19/2013, debe considerarse información pública, por canto se refire a información sobre a existencia de limitacións no acceso a bens de uso público que de existir, debe estar reguladas nunha norma ou acordo do ente municipal. O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o contrai da actuación pública, tendo dereito o solicitante, a recibir da Administración a orientación e asesoramento necesario para o exercício deste dereito, tal e como establece o artigo 26 da Lei 1/2016. Segundo consta na documentación enviada, o concello non estableceu limitación algunha no acceso ás praias e aprobou un Decreto polo que se resolve a solicitude, informado ao interesado da inexistencia da limitación. Cando un cidadán solicita unha información que non existe, a Administración cumpre coa súa obriga en materia de acceso á información, comunicando de forma expresa a inexistencia de tal información. ~~ {+34) 98156 97 40 ('.) Rúa do Hórreo, 65 .¡ 1S700, 5.lntia¡o de Compostela f t1Dr1Síu~r1_•Ki;, C.• tdlc~t., e f [email protected] www.c.omisiondatranspaumcia.gal Dado que o Concello resolveu a solicitude cando o interesado xa tiña presentado en tempo e forma a reclamación ante a Comisión da Transparencia procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada . Lémbraselle ao Concello de Cangas que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicit ude de acceso á información ante o Concello de Cangas, sobre as limit acións establecidas para o acceso ás praias do dito Concello. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009() Fecha: 2021.07.02 13:06:39 +02'00' María Dolores Fernández Ga liño Presidenta da Comisión da Transparencia .