Inadmitida 29/06/2021 · 39 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre acceso a información educativa en centro privado concertado

Una ciudadana solicitó al Colegio Plurilingüe Inmaculada de Marín y a la Inspección Educativa de Pontevedra diversa documentación y cambios en el proceso educativo de su hijo. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por considerar que las peticiones no constituyen solicitudes de acceso a información pública, sino cuestiones académicas privadas.

Puntos clave de la argumentación

1 El objetivo de la normativa de transparencia es someter al escrutinio la acción de los responsables públicos y la gestión de fondos públicos, no regular procesos educativos individuales.
2 Las solicitudes se dirigieron a un centro educativo privado concertado y versaban sobre actuaciones referentes al proceso educativo de un alumno concreto.
3 La Comisión determina que las peticiones no persiguen los objetivos establecidos en la Ley 19/2013 ni en la Ley 1/2016, al no tratarse de acceso a información pública.
4 Se procede a la inadmisión de la reclamación basándose en el artículo 116.c) de la Ley 39/2015 del procedimiento administrativo común.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 11 de maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. resentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 21 de maio de 2021, unha reclamación contra a falla de contestación e desacordo con sete solicitudes realizadas ao Colexio Plurilingue A lnmaculada de Marín e a resposta dada pola Xefatura Territ orial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Servizo Territorial da Inspección Educativa de Pontevedra sobre o dito Colexio. O obxecto das súa solicitudes, de forma resumida é so seguinte: • Solicitude ao Colexio Plurilingue A lnmaculada de Marín, de que elimine unha determinada información que figura no informe psicopedagóxico do seu fillo, que cursa estudios no dito centro. Ante a denegación por parte do centro, remitiu a solicitude á Inspección de Educación, que lla denegou . • Solicitude ao centro educativo de copias de exames e probas de dúas materias con adaptación curricular ao curso superior, que non lle entregaron. Remitiu a Inspección de Educación, sen obter resposta. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info@comísiondatransparencia.ga! www.c.ornisiondatransparencia.ga! ■ Solicitude de Copias de Proxecto educativo do centro, relación dos supostos incumprimentos do pian de convivencia do seu fillo, relación de actividades complementarias do Centro, programación traballo habilidades sociais, resultado test psicolóxico do seu fillo. Informes de actuacións e seguimento do discente a familia, relativos á primeira e segunda avaliación. para a seguinte. Da documentación solicitada afirma que lle remitiron parte, e remitiu á solicitude á Xefatura Territorial da Consellería que aínda non lle respondeu. ■ Solicitude de ampliación da adaptación curricular do seu fillo ao estar en desacordo coa prevista polo Centro. ■ Solicitude de que as titorías, reunións, entrevistas etcétera, sexan efectuadas mediante escrito ou mensaxe por plataforma escolar. ■ Solicitude de substitución de libro de texto de venda única no Centro. ■ Solicitude de que o seu fillo non curse a materia de Relixión. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Í. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña 1 [email protected] www.tomisiondatransparencia.gat Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei. Na tramitación das reclamacións, debe analizar se a información solicitada é información pública ou non, e de selo, se á información solicitada lle son aplicables ou non os límites establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, ou se concorre na mesma algunha causa de inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei. f ~i (+34) 981 56 97 40 (') Rua do Hórreo, 65 f ~ . t? ' 15700, Santiago de Compostela trari c,n;,\ff! i > ~. · • • ,c , , ,i:.:.1 ACoru~a ' !ti 1 ..,· t, tt ·k~ r: ·, e~;.,!; e;,- .> . • •• ,l ,-, t;;J info@cornisiondatrar:isparencia.gat ~ \j. : w ww.comisiondatranspa,encia.ga1 De acordo coa documentación presentada pola interesada, debe concluírse que a interesada non presenta reclamación contra a falla de contestación ou desconformidade cunha solicitude de acceso á información pública, senón que presenta unha reclamación contra a fal la de contestación ou desacordo coa contestación de determinadas solicitudes relacionadas con distintos aspectos do proceso educativo do seu fillo nun centro de educación privado. As solicitudes presentadas ante o centro educativo e ante a Xefatura Territorial da Consellería, e por tanto a reclamación presentada ante esta Comisión, non poden considerarse énmarcadas no exercido do dereito de acceso á información regulado na Lei 19/2013. A este respecto, hai que indicar que o obxectivo da Lei 19/2013 é someter a escrutínio a acción dos responsables públicos, coñecer como se toman as decisións que afectan aos cidadáns, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións. No presente caso, as solicitudes presentadas pola interesada, diríxense a un centro educativo privado concertado, e non se tratan de solicitudes de acceso á información que persigan os obxectivos establecidos pola normativa de Transparencia, senón que teñen como obxectivo conseguir determinadas actuacións dun centro privado, referentes ao proceso educativo do seu fillo escolarizado nel. Por tanto, as solicitudes referidas ao proceso educativo do seu fillo, ou as discrepancias manifestadas pola reclamante respecto das actuacións do centro educativo, non pode considerarse amparada pola Lei 19/2013. Non se t rata dun suposto de acceso cuxa finalidade sexa someter a escrutínio a acción dos responsables públicos, coñecer como se toman as decisións que afectan aos cidadáns, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións, polo que as cuestións suscitadas, non lle corresponde axuizar a esta Comisión da Transparencia, deberán denunciarse e reclamarse ante as instancias que correspondan . Por tanto, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Adm inistrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación presentada, ao non poder considerarse as solicitude presentadas, solicitudes de acceso á información pública de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da Lei 19/2013. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: lnadmitir a reclamación presentada por contra a falla de contestación e desacordo coas solicitudes pr esenta (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 5 info@comi~iondatransparencia.ga1 www.tomisiondatransparencia.gal lnmaculada de Marín e as respostas dada pola Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.02 13:02:08 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.