Una ANPA solicitó a la Consellería de Cultura, Educación y Universidade de Galicia información sobre la posibilidad de gestionar el comedor de un CEIP. Tras el silencio administrativo, la Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque lo solicitado no es información pública existente, sino una consulta que requiere la elaboración de un informe.
Puntos clave de la argumentación
1
La información pública debe consistir en contenidos o documentos que ya obren en poder de la Administración, elaborados o adquiridos en ejercicio de sus funciones.
2
La solicitud del recurrente no pide un documento concreto, sino que plantea una consulta sobre la posibilidad de gestionar un servicio, lo que implicaría la elaboración de un informe nuevo.
3
Al no solicitarse información preexistente, la petición cae fuera del ámbito de aplicación de la Ley 19/2013 y la Ley 1/2016 de transparencia.
4
La solicitud se asemeja a un derecho de petición amparado en el artículo 29 de la Constitución, el cual tiene su propia legislación (Ley Orgánica 4/2001) y un procedimiento diferenciado.
5
La Comisión advierte que la falta de respuesta expresa de la Consellería es un incumplimiento que puede considerarse una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por en representación da -
mediante escritos do 24 de maio de 2021, e considerando os
antecedentes e fundamentos xuríd icos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a segu inte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación da presentou,
mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 24 de maio de 2021, unha
reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno contra a desestimación por silencio administrativo da súa
solicitude de acceso ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a información
referente ao comedor do CEIP
O reclamante indicaba que o 17 de marzo de 2021 rexi5trara tres solicitudes de información
dirixidas a distintos órganos da consellería mencionada sobre a posibilidade de que a ANPA
que representa pase a xestionar o servizo de comedor do CE IP e, de ser o
caso, o procedemento necesario.
Dado ue a reclamación a presenta en representación da
de conformidade co disposto no artigo 5 da Le i 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, solicitouse
a acreditación da representación que di ostentar, representación que acreditou mediante a
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
remisión de resolución do Rexistro de Asociacións da Vicepresidencia Primeira e Consellería
de Presidencia, Xustiza e Turismo, de inscrición da xunta directiva.
Segundo. Con data do 2 de xuño de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración produciuse o 2 de xuño de 2021.
Terceiro. Con data do 11 de xuño de 2021 o secretaria xeral técnico da Consellería contesta
a petición remitindo o informe.
Neste informe, en resumo, indícase que o obxecto da solicitude carece do carácter de
información pública.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra
toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá
interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con
carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa
mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación
prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas
Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades
Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as
Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] l www.comisiondatransparencia.ga1
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia
de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que
ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e
regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No
seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Rúa do Hórreo, 65
1S700, Santiago de Compostela
{':' i
'Hi,
info@<:omisiondatraospatencia.ga1 www.comisiondatransparencla.ga1
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os
efectos do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Le i 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento
fronte a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non resolveu a solicitude de acceso á
información expresamente, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O obxecto da solicitude foi "consultar sobre a posibilidade de quedar fóra do convenio
[entre a Consellería e o Concello de Santiago de Compostela e en virtude do ue este último
xestiona o comedor do centro] [ ... ] e que a pasase a
xestionar este servizo complementaria".
Neste sentido, ha de terse en conta que, da definición de información pública recollida no
artigos 13 da Lei 19/2013 e 24 da Lei 1/2016, despréndese que a información solicitada debe
obrar en poder da administración. Non é este o caso, pois non se solicita ningún documento
relativo á xestión do comedor escolar, senón que o que parece pedirse é a elaboración dun
informe. En consecuencia, ao pretender obter información que carece da consideración de
información pública, cae fóra do ámbito regulado pola Lei 19/2013 e, por conseguinte, das
competencias desta Comisión.
En efecto, a solicitude aproxímase a unha petición realizada ao abeiro do artigo 29 da
Constitución, que conta coa súa propia lexislación e co seu procedemento diferenciado (Lei
orgánica 4/2001, do 12 de novembro). As súas garantías figuran recollidas tanto na Lei
orgánica referida como nos artigos 53 e 54 da Carta Magna, e entre elas atópase o Valedor
do Pobo de Galicia (art. 14 Estatuto de autonomía de Galicia e Le i 6/1984, do 5 de xuño),
mais non a Comisión da Transparencia de Galicia.
Por tanto, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da
reclamación presentada, ao non poder considerarse unha solicitude de acceso á información
pública, de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da Lei 19/2013.
Finalmente, cómpre sinalar que a Consellería de Cu ltura, Educación e Universidade non
resolveu a solicitude de acceso á información _do interesado, polo que debe lembrárselle
(): Rúa do Hórreo, 65
15700, santiago d e Co!\1pOstela
t t(ól'!SpaH h ! i-'
(;alici(i (''?"¡...
~ .~
inl o@comisiond atransparencl~.ga1 /:,<$:,
\@' w ww.comlsiondatransparencia.ga!
que, de ·acordo co disposto no artigo 20.6 da l ei 19/2013, o incumprimento reiterado da
obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da
aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na correspondente normativa
reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por en representación da
con data do 24 de maio de 2021, contra a desestimación por
silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Cultura, Educación e
Universidade a información referente ao comedor do CEIP
Contra esta- resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: $6500009()
Fecha: 2021.07.02 13:03:04 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
',