Inadmitida 29/06/2021 · 39 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por solicitud de certificación de correos al COATAC en procedimiento de recusación

Se solicitó al COATAC la emisión de un certificado sobre el número de correos remitidos y recibidos en el marco de un procedimiento de recusación. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la solicitud no versa sobre acceso a información pública ya existente, sino sobre la acreditación de hechos mediante un certificado en un proceso administrativo en curso.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud se realizó dentro de un procedimiento de recusación del presidente del Colegio Oficial en el que la reclamante es parte interesada.
2 Según la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, el procedimiento debe regirse por la normativa específica de recusación y certificación del Colegio y no por la normativa de transparencia.
3 El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos ya elaborados o adquiridos por el organismo en el ejercicio de sus funciones.
4 La emisión de un certificado implica una actuación material para acreditar una realidad, lo cual difiere del acceso a información ya existente.
5 Las peticiones cuyo objetivo sea la acreditación de circunstancias específicas quedan fuera del ámbito de la transparencia pública y, por ende, de la competencia de este organismo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo· do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vi.sta a .reclamación presentada por , mediante escrito do 31 de maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación; a Com isión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de xuño de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Póbo o 21 de maio de 2021, unha reclamación contra a falla de cont estación á súa solicitude de emisión de certificación do número de correos remitidos desde o Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos da Coruña (COATAC), solicitando a delegación de voto dunha mutua de seguros, así como o número das recibidas, identificando os números de colexiados. A solicitude de emisión do certificado, real ízase dentro dun procedemento de solicitude de recusación do presidente do Colexio Oficial, en relación con cuestións ou expedientes que atañen á reclamante. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela ACuruña info@comísiondatransparencia.ga1 www.tomisiondatransparencia.gal resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resol.ución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos ) (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.gat responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei. Na tramitación das reclamacións, debe analizar se a información solicitada é información pública ou non, e de selo, se á información solicitada lle son aplicables ou non os límites establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, ou se concorre na mesma algunha causa de inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei. De acordo coa documentación presentada pola interesada, non pode considerarse que a súa reclamación teña por obxecto a falla de contestación a unha solicitude de acceso á información, senón que o obxecto da mesma é a falla de emisión dun certificado, solicitado no seno dun expediente de recusación dun presidente dun Colexio Oficial. Por unha banda, a solicitude de emisión do certificado realízase no seno dun procedemento colexial que está en curso e no que a reclamante ten a condición de interesada, por ser a solicitante de iniciación do procedemento de recusación. De acordo co disposto na disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, debe ser a normativa deste procedemento (a que teña establecida o Colexio nos procedementos de recusación ou nas solicitudes de emisión de certificación) e non a normativa en materia de transparencia a que rexa a solicitude presentada. Por outra banda, a interesada solicitou a emisión dunha certificación. Un certificado é un documento emitido por quen ten atribuída a competencia para a súa emisión, na que se acredita unha situación ou realidade. A Lei 1/2016 no seu artigo 24, define a información pública como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que figuren en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación (da Lei) e que fosen si f! : ~~ (+34) 981 56 97 40 () 15700, Rúa cio Hórreo, 65 Santiago de Compost ela r-· A Coruña tréu1S.pr.1i ('lKih l~· 'j 't r:ia!iciô ""'' i,; ) info@(omis.ionda traosparencia.ga1 ~~ ...- www.<omisíondatransparencia,&al elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións. Por tanto, a Lei define o obxecto dunha solicitude de acceso á información en relación con información que xa existe, por canto está en posesión do organismo que recibe a solicitude, ben porque el mesmo a elaborou ou ben porque a obtivo en exercício das funcións e competencias que ten encomendadas. Este concepto debe ser entendido no marco do ámbito da transparencia pública, cuxo principal obxectivo é outorgar á cidadanía a capacidade de render contas da actuación dos responsables públicos. Tendo en conta o anterior, non poden entenderse amparadas pola Lei 1/2016 peticións nas que o obxectivo sexa a acreditación de determinadas circunstancias ou elementos, na medida que non supón o acceso a unha información xa elaborada e existente en poder da administración, senón que leva unha actuación material pola súa banda. Este t ipo de pretensións quedan fóra do ámbito da transparencia pública e o dereito de acceso á información e, xa que logo, da act uación deste organismo. Por tanto, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira 1 da Lei 19/2013, por tratarse dunha solicitude de obtención dun documento por unha interesada no seno dun procedemento administrativo en curso, e non estar comprendido o documento solicitado dentro do concepto de información pública, procede a inadmisión da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: lnadm itir a reclamación presentada por contra a falla de contestación á súa solicitude de emisión de certi icacion o numero e correos remit idos desde el Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos da Coruña (COATAC), sobre unha determinada materia. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 A Coruña info@comísiondatransparencia.gal www.c.omisiondatransparencia.gal artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.02 13:04:11 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.