Un ciudadano solicitó a la Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Galicia los expedientes académicos de su hijo mayor de edad, alegando un interés legítimo por pagar una pensión de alimentos. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación porque la solicitud no busca fiscalizar la acción pública, excediendo la finalidad de la ley de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud no busca someter al escrutinio la acción de responsables públicos ni conocer la gestión de fondos o criterios institucionales, incumpliendo las finalidades del derecho de acceso a la información pública según el Criterio Interpretativo 3/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
2
El interés legítimo del reclamante derivado de la obligación de pagar alimentos no encuentra amparo en la normativa de transparencia, aunque sí podría ser invocado mediante el derecho de petición (art. 29 CE).
3
Se determina que la solicitud debe ser inadmitida basándose en el artículo 18.1.e) de la Ley 19/2013, al no estar justificada con la finalidad de la ley.
4
La resolución reconoce que, según la AEPD (Informe 0441/2015), el interés legítimo del progenitor podría prevalecer sobre la protección de datos del hijo en casos de pensión alimenticia, pero aclara que esto no legitima el uso de la vía de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 4 de xuño
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021,
adopta a segu inte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 7 de xuño de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a resolución da
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que lle foi
notificada en data do 13 de maio de 2021, en rellación coa súa solicitude de acceso e cesión
dos expedient es académicos que consten en calquera centro educativo ou de formación de
Galicia, de nivel secundario, bacharelato, ciclo de formación profesional ou sistema
universitario ao dispor desa Consellería, en relación coas cualificacións dos estudos cursados
polo seu fillo,
O reclamante indica que, por mandat o xudicial, está a pagarlle unha pensión de alimentos a
seu fillo, maior de idade, na que se inclúen os seus gastos educativos. Así pois, considera que
ten un interese lexítimo en coñecer o seu avance formativo que preva lece sobre o dereito á
protección de datos daquel, de maneira tal que non habería inconveniente en que a
consellería lle subministrase a devandita información, consont e a disposición adicional décima
da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoa is e ga rant ía dos
dereitos dixitais. Desta maneira, pon de manifesto que puido acceder ás cualificacións de
segundo de bacharelato de seu fillo, a pesar de que, no momento do acceso, este xa era maior
de idade.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga1
Ademais, alega que a Agencia Española de Protección de Datos se pronunciou no mesmo
sentido con respecto ás cualificacións dos estudantes universitarios maiores de idade no seu
Informe do 27 de xuño de 2014 e cita tamén o núm. 441/2015.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 9 de xuño de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa
e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 18 de xuño de 2021, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade
contesta remitindo un informe no que só se fada constar que se lle dera audiencia á persoa
interesada e que se lle denegara o acceso á información solicitada.
Cuarto. Con data do 22 de xuño de 2021, solicítase de novo que se remitise copia do
expediente de acceso á información tramitado e que se emitise informe sobre a reclamación
presentada.
Quinto. Con data do 7 de xullo de 2021, recíbese a información interesada. Neste informe, en
resumo, a Consellería explica, en primeiro lugar, que os expedientes académicos do alumnado
universitario non están á súa disposición, dado que os centros de ensino superior desenvolven
as súas funcións en réxime de autonomía.
Polo que respecta ao resto de expedientes académicos solicitados, manifesta que o órgano
instrutor lle concedeu un prazo de alegacións ao titular da información, dado que a petición
lles afecta aos seus dereitos e intereses lexítimos, de acordo co art. 19.3 da Lei 19/2013. O
afectado manifestou a súa oposición ao acceso o 22 de abril de 2021, de tal maneira que o
secretaria xeral técnico optou por denegar o acceso á información con base no art. 15.3,
apartado d), da Lei 19/2013.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
lill
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
a A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga l
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
info@com ision datra nspa renci a.gal www.comisiondatransparencia.gal
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que a resolución notificóuselle ao interesado con data do 13 de maio de 2021 e a
reclamación rexistrouse na oficina de Correos da Estrada con data do 4 de xuño de 2021, debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O recorrente solicitoulle á Consellería de Cultura, Educación e Universidade as cualificacións
de seu fillo, maior de idade, dado que lle está aboando unha pensión de alimentos por
mandato xudicial e nela compútanse os seus gastos educativos. Pola súa banda, o afectado,
titular da información, négase a que se lle remita a información interesada, de tal maneira
que o órgano instrutor desestima a petición.
Tal e como apunta o reclamante, as administracións das comunidades autónomas "poderán
comunicar os datos persoais que lles sexan solicitados por suxeitos de dereito privado cando
conten co consentimento dos afectados ou aprecien que concorre nos solicitantes un interese
lexítimo que prevaleza sobre os dereitos e intereses dos afectados", de acordo coa disposición
adicional décima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais
e garantía dos dereitos dixitais.
Pois ben, debemos destacar o feito de que o órgano instrutor asume a oposición do afectado,
quen non alegou ningún dereito ou interese lexítimo que puidese verse vulnerado alén do
amentado dereito á protección de datos. Malia iso, a propia normativa na materia prevé a
11(1
[email protected] \WJw.comisiondatransparencia.gal
posibilidade de ceder os datos nesta clase de situacións. Desta maneira, bótase en falta unha
ponderación entre os intereses en xogo neste caso.
Neste sentido, a única valoración que realiza a consellería é que a mera aplicación das normas
reguladoras dos alimentos entre parentes pode non constituír en todos os casos unha base
legal suficiente para amparar a cesión dos datos que, en todo caso, deberá resultar
respectuosa co principio de finalidade, é dicir, atoparse vinculada coa obriga dos proxenitores
de facilitar os gastos de educación e instrución dos seus fillos, tal como establece a Axencia
Española de Protección de Datos no Informe 0441/2015.
Polo que respecta a eses casos en que pode non proceder a cesión dos datos, o propio
documento identifica varios:
aqueles en que non haxa unha previa reclamación de alimentos, senón que os pais
aboan voluntariamente os gastos derivados da educación do fillo maior de idade;
aqueles en que os datos sexan solicitados polo proxenitor que non afronta os gastos
de alimentos;
aqueles en que o fillo maior de idade corre cos seus propios gastos educativos.
Da análise do suposto de feito que se nos formula derívase que non nos atopamos ante
ningunha destas situacións, de maneira que, se atendemos ás circunstancias do caso concreto,
a consellería non pon de manifesto ningún elemento que impida que opere a presunción de
que o interese lexítimo do proxenitor prevalece sobre o dereito á protección de datos do seu
fillo, que é a tese que mantén a Agencia Española de Protección de Datos.
Así e todo, cabe destacar que, se atendemos ao Criterio lnterpretativo 3/2016, do Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno, as finalidades do dereito de acceso á información pública son
as seguintes:
someter a escrutinio a acción dos responsables públicos;
coñecer como se toman as decisións públicas;
coñecer como se manexan os fondos públicos;
coñecer baixo que criterios actúan as institucións públicas.
Deste xeito, a solicitude non busca fiscalizar a actuación dos poderes públicos, de maneira que
o interese lexítimo do reclamante non atopa acubillo na normativa en materia de
transparencia. En consecuencia, procede inadmitir o recurso dado que a solicitude non estaba
xustificada coa finalidade da lei, de acordo co artigo 18.1.e) da Lei 19/2013 e co Criterio
lnterpretativo antes citado.
,~
. .. . ' .
•• •~on i'SIOl l ( 'ií
:•• transparencía
~ (• 34)981569740 o Rúa do Hórt<'O, 65
•e , Ga11c1a
•ti (,L · . e [email protected]! @ wv,w.comisiondatransp.1nmcia.gal
Porén, convén destacar que este pronunciamento non impide que o reclamante solicite a
información interesada exercitando o seu dereito de petición (art. 29 da Constitución) e
alegando o seu interese lexít imo, senón tan só que o faga por medio da normativa en materia
de transparencia.
Por conseguinte, no caso de que non se lle subministre, poderá recorrer por medio da vía
adm inistrativa ordinaria. Así mesmo, contará coas garantias recollidas nos artigos 53 e 54 da
Const itución e no artigo 14 do Estatuto de Autonomía (a Valedora do Pobo). Non obstante,
entre elas non se atopa esta Comisión da Transpa rencia.
En base aos feit o s e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desest imar a reclamación presentada por con data do 4 de
xuño de 2021 nos termos da presente resolución, contra a resolución da Secretaría Xeral
Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que lle foi notificada en data do
13 de maio de 2021, en relación coa súa solicitude de acceso e cesión dos expedientes
académicos que consten en calquera centro educativo ou de formación de Gal icia, de nível
secundario, bacharelato, ciclo de formación profesional ou sistema universitario ao dispor
desa Consellería, en relación coas cualificacións dos estudos cursados polo seu fillo.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente ca be, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrat iva.
Santiago de Compostela,
Firmado digita lmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021 .09.23 13:20:11 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.