Varias entidades solicitaron a la Consellería de Política Social de Galicia información sobre las cuantías pagadas a centros de acogida residencial de menores y el procedimiento de tipología de plazas. Alegaron silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al considerar que la respuesta por email fue parcial e insuficiente.
Puntos clave de la argumentación
1
La información sobre las cuantías abonadas y el procedimiento de determinación de la tipología de plazas constituye información pública al ser elaborada por la Administración en el ejercicio de sus funciones.
2
La respuesta remitida por correo electrónico no cumple con el artículo 27 de la Ley 1/2016, ya que no se dictó la resolución formal competente por parte de la Dirección General.
3
Se determina que la respuesta fue parcial, pues no se proporcionó información sobre los criterios para determinar la tipología de cada una de las plazas de acogimiento residencial.
4
La pregunta sobre si los centros deben publicar anualmente lo percibido por plaza se califica como una consulta y no como un ejercicio del derecho de acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
~ ción
- - mediante escrito o 9 de xuño de 2021, e considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
en representación
en representación
presentaron, med iante
escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 9 de xuño de 2021, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
e (•34) 981 56 9 7 40 (;) Rua do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
e info@comisiondattan:sparencia.gal • www.comisiondatnw1sparencia.e,al
goberno, contra o que considera desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
de acceso á información ante a Consellería de Política Social, sobre a regulación das contías
que a Xunta de Galiza paga ás entidades prestadoras do servizo de acollemento residencial de
menores, o procedemento de determinación da tipoloxía de cada unha das prazas, a
normativa ou documento público que a regulan e se os centros deben publicar anualmente
canto perciben por cada praza.
Segundo. Con data do 21 de xuño de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polas entidades reclamantes á Consellería de Política Social para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro.- Con data do 12 de xullo de 2021, a Consellería de Política Social remite informe no
que en resumo manifesta que con data do 10 de maio de 2021 recibiuse na caixa de correo
electrónico da Dirección Xeral de Família, lnfancia e Dinamización Demográfica unha
solicitude de información de - que foi contestada pola mesma vía o 11 de maio de
2021 na que se lle indica que a información sobre a contratación pública das entidades que
xestionan unha parte das prazas de acollemento iresidencial por parte da Entidade Pública de
protección de menores da Comunidade Autónoma de Galicia, é directamente accesible na
Plataforma de contratación da Xunta de Galicia, que inclúe a descarga directa e inmediata dos
pregos que regulan as contratacións, e inclúen os prezos por praza e día e a forma de xestión
económ ica do dito pagamento, así como as resolucións de adxudicación para cada licitación,
que inclúe a entidade adxudicataria. En concreto, no correo de 11 de maio de 2021
achegáronse en laces aos contratos en vigor na actualidade e copia dos pregos que, pola súa
antiguidade, non son accesibles na plataforma. Especifícase que a determinación das contias
establecidas en cada momento toman como referencia os gastos de alimentación, vestido etc
dos e das menores, así como os custes laborais fixados na normativa de referencia, en
concreto nos sucesivos convenios estatais de protección e reforma.
De acordo co anterior, a Consellería considera que non existiu silencio administrativo e que
se contestou a solicitude de información das entidades referidas.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
o artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobíerno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected]! \WJw.comisiondatransparencia.ga!
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que o interesado como se verá no seguinte punto, non obtivo resolución expresa á súa
solicitude, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
As entidades reclamantes solicitaron acceso a unha determinada información sobre
regulación das contías que a Xunta de Galiza paga ás entidades prestadoras do servizo de
acollemento residencial de menores, o procedemento de determinación da tipoloxía de cada
unha das prazas, a normativa ou documento público que a regulan e se os centros deben
publicar anualmente canto perciben por cada praza. A información referida ás contías
aboadas pola Xunta de Galicia e o procedemento de determinación da tipoloxía de cada unha
,,
[email protected] l www.comisiondatransparencia.ga l
das prazas de acollemento residencial, de acordo coa definición contida nos artigos 24 da Lei
1/2016 e 13 da 19/2013, debe considerarse información pública, por canto se retire a
información elaborada pola Administración no exercício das súas funcións. A pregunta se os
centros deben publicar anualmente canto perciben por cada praza debe considerarse unha
consulta, non incluída dentro do dereito de acceso á información.
O dereito dos cidadáns, ou neste caso dunhas entidades, de solicitar aos suxeitos incluídos
dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en mate ria de Transparencia
calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada,
completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable
para poder exercer o control da actuación pública, tendo dereito o solicitante, a recibir da
Administración a orientación e asesoramento necesario para o exercicio deste dereito, tal e
como establece o artigo 26 da Lei 1/2016.
De conformidade co disposto no artigo 17 da Lei 19/2013, as solicitudes de acceso á
información poden presentarse por calquera medio que permita ter constancia da identidade
do solicitante, da información que se solicita, unha dirección de contacto e de ser o caso, a
modalidade na que prefira acceder á información, polo que debe considerarse correcta a
solicitude de acceso mediante correo electrónico. No presente caso, as entidades interesadas
obtiveron unha resposta parcial por correo electrónico da Dirección Xeral de Familia, lnfancia
e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social no que se lle remite información
a contratación pública das entidades que xestionan unha parte das prazas de acollemento
residencial por parte da Entidade Pública de protección de menores da Comunidade
Autónoma, sen que se lle remita información algunha sobre o procedemento de
determinación da tipoloxía de cada unha das prazas de acollemento residencial.
A resposta remitida por correo electrónico non é conforme co disposto no artigo 27 da Lei
1/2016, que establece que debe ditarse resolución das solicitudes, sendo competente para
ditalas á persoa titular da secretaría xeral, da secretaría xeral técnica ou da dirección xeral
competente, e neste caso, non consta que se ditase tal resolución. Por outra banda, non se lle
da contestación á solicitude de información sobre os criterios para determinar a tipoloxía de
cada unha das prazas de acollemento residencial.
De acordo co anterior, debe ditarse resolución expresa pola Dirección Xeral competente sobre
a solicitude de acceso á información presentada, dando a resposta que proceda respecto das
contías aboadas pola Xunta de Galicia e o procedemento de determinación da tipoloxía de
cada unha das prazas de acollemento residencial
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
@ (•34)9$1 569740 e Rúa do Hórreo, 65
15700, santlago de Compostela
e iní[email protected] www.(omisiondatransparencia.ga1
ACORDA
Primeiro: Estima r a reclamación presentada
representación da - J
ontra a contestación á súa sol icitude de acceso á información ante a
Consellería de Política Socia l, centros de acolleme-nto residencia del menores.
Segundo: Instar á Consellería de Política Social a que, no prazo máximo de 10 dias hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Política Social, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-ad ministrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación de·sta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009()
Fecha: 2021 .09.23 13:1 9:45 +02'00'
M aría Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.