Se solicitó a la Consellería de Sanidade acceso a los informes que fundamentaban las restricciones al derecho de reunión de la Orden del 7 de mayo de 2021. Ante el silencio administrativo, el interesado reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración concedió la información tras la interposición del recurso.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
2
La Consellería de Sanidade no resolvió la solicitud dentro del plazo ordinario de un mes establecido en la Ley 1/2016.
3
La Administración dictó resolución expresa concediendo la información el 21 de julio de 2021, con posterioridad a la presentación de la reclamación.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la Administración finalmente accedió a proporcionar la documentación solicitada durante la tramitación del expediente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por med iante escrito do 28 de
xuño de 2021, e considerando os antecedentes e fundament os xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 28 de xuño de 2021, unha recla mación ao amparo do disposto no artigo
28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa sol icitude presentada ante a Consellería de Sanidade, de
acceso aos informes aos que se fai referencia na exposición de motivos da Orde do 7 de maio
de 2021, que fundamentan as restricións establecidas sobre o dereito fundamental de reunión
que se estableceron nesa data.
O reclamante indicaba que non tivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do seu DNI
Segundo. Con data do 6 de xullo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
a ACorurla
[email protected] www.com isi o nd atra nsparencia.ga\
Terceiro. Con data do 27 de xullo de 2021 a Consellería de Sanidade contesta a petición,
informando que mediante Resolución desta Secretaría Xeral Técnica de data do 21/07/2021
estímase conceder a información instada na materia que é de competencia desta Consellería
de Sanidade, remitíndolle ao interesado informe da Dirección Xeral de Saúde Pública de data
do 6/05/2021.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
renci A Coruña
a [email protected] 1,w,1w.comisíondatransparencia.ga1
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
15700, Santiago de Conipostela
A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga!
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade non resolveu dentro do prazo ordinario dun mes que establece o
artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que procede admitir a reclamación presentada con data do 4
de maio de 2021.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade acceso aos informes aos que se fai referencia
na exposición de motivos da Orde do 7 de maio de 2021, que fundamentan as restricións
establecidas sobre o dereito fundamental de reunión que se estableceron nesa data.
A Consellería, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
a Lei establece, ditou resolución expresa o 21 de xullo de 2021, unha vez que o interesado xa
tiña presentada reclamación ante esta Comisión ( 28 de xuño de 2021).
A Consellería de Sanidade na resolución pola que se resolve a solicitude, resolve conceder o
acceso á información a que se retire a mesma, xuntándolle Informe de 6 de maio de 2021 da
Dirección Xeral de Saúde Pública, citado na exposición de motivos da referida Orde da
Consellería de Sanidade de 7 de maio de 2021.
Na dita resolución se aclara que gran parte do contido dese informe xa se atopa reflectido na
propia exposición de motivos, facéndose referencia, especialmente respecto das limitacións
en horario nocturno, ao Real decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o
estado de alarma.
A Consellería de Sanidade non dispón do estudo do Centro Europeo para a Prevención e
Control de Enfermidades, sendo a exposición de motivos do Real decreto 926/2020, de 25 de
outubro, a norma que o cita, e en base ao cal considera que obra en poder da Administración
do Estado.
De acordo co anterior procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada,
sen prexuízo de que si o reclamante o estima convinte, poida presentar reclamación ante esta
Comisión fronte á resolución expresa ditada pola Consellería con data do 21 de xuño de 2021,
e na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, ditándose a resolución
que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
'
.;! •• ; ! ·¡ ~ "; ➔ -¡ ¡ L o Rlla do Hórreo, 65
1S700, Santiago de Compostcfo
·::•, transparencia A Coruña
·: : , , ·Íº Galicia e [email protected]! www.romisiondatransparencia.ga1
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por
con data do 28 de xuño de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa
solicitude presentada ante a Consellería de Sanidade, de acceso aos informes aos que se fai
referencia na exposición de motivos da Orde do 7 de maio de 2021, que fundamentan as
restricións establecidas sobre o dereito fundamental de reunión que se estableceron nesa
data,.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
adm inistrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
admin istrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021 .09.23 13:21 :06 + 02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencla.