Se solicitó al Concello de Moaña documentación sobre la Entidade Urbanística Colaboradora Xunta de Compensación U.E. Residencial Golf Domaio S.A.U. A-7. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento entregar la información, previa disociación de datos protegidos.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible al haberse interpuesto dentro del plazo de un mes tras producirse los efectos del silencio administrativo.
2
El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición.
3
Ante la ausencia de alegaciones o informes por parte de la Administración, prevalece el interés público al acceso a la información.
4
El acceso a la información debe garantizarse mediante la disociación de datos o contenidos parciales que estén afectados por los límites legales previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Tra1 nsparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación resentada
or en representación da
mediante escrito do 2 de xullo de 2021, e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a contin uación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación
- presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 2 de xullo
de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude presentada ante o Concello de Moaña, referente á obtención
de determinada documentación da Entidade Urbanística Colaboradora Xunta de
Compensación U.E. Residencia l Golf Domaio S.A.U. A-7.
O reclamante indicaba que non recibiu reposta á súa solicitude.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comision datra nsp arencia.gal vvww.comisiondatransparencia.ga!
Segundo. Con data do 8 de xullo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Moaña, sen que ata a data se recibise o informe e copia do
expediente solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! wv,w.comisiondatransparenda.ga!
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
,: t •"' ,,,. ur ·¡1•-1;;.i ·:,
e (• 34) 981569740 RIÍ• do Hóm,o, 65
15700, Sanllago de Composlel•
::•• transparencia ACoru~a
'.'::, ,:t Gaticia e inío@comisiondatrans parencfa.gal www.comisiondatransparencia.¡¡al
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que o Concello non resolveu expresamente a solicitude de acceso á información
presentada con data do 1 de xuño de 2021, debe admitirse a reclamación presentada o 2 de
xullo de 2021 por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou ao Concello, copia dos Estatutos da Entidade Urbanística
Colaboradora Xunta de Compensación U.E. Residencial Golf Domaio S.A.U. A-7, Certificado do
Secretaria do Concello do acordo polo que se aprobaron ditos estatutos e data da aprobación,
persoas designadas para ocupar os cargos dos órganos de goberno na actualidade, escritura
ou documento notarial da súa constitu ción e representante do Concello que forma parte da
entidade urbanística.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do seu criterio mediante
a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a
tramitación do expediente sen os seus argumentos.
A Comisión non ten información sobre o contido dos documentos solicitados, en que medida
poden verse afectados por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, ou en que
medida podería darse, de ser o caso, a información despois de disociai a para garantir o dereito
de acceso a información non estritamente afectada polos límites (información parcial, art. 16
da Lei 19/2013).
Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese
público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe
aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e,
de forma motivada, realizar a disoci ación dos dlatos ou contidos parciais que podan verse
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe
prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2
da referida Lei).
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedement o de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
• 1 1~
0 (•34) 981569740 a RúadoHóueo,65
ACoruña
e- info@comisiondalíansparenda.gal C,- www.comisiondatransparencia.ga1
efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente
normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Moaña, de conformidade co disposto no artigo 35
da Lei 1/2016, a súa obriga de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o
correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia .
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en
representación da con data do 2 de xullo de 2021, contra a
desestimación desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o
Concello de Moaña, referente á obtención de determinada documentación da Entidade
Urbanística Colaboradora Xunta de Compensación U.E. Residencial Golf Domaio S.A.U. A-7.
Segundo: Instar ao Concello de Moaña a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda
á petición de información solicitada no senso establecido no fundamento xurídico quinto,
respectando os lím ites dos artigos 93 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da
mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Moaña a que no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.09.23 13:22:31 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.