El interesado solicitó a la Consellería de Economía, Empresa e Innovación las autorizaciones mineras de unas parcelas en Lourenzá. La administración respondió facilitando documentos de 1998 y 2007 de un lugar distinto (Mondoñedo). La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación porque la información facilitada no es la solicitada y ordena a la administración responder correctamente.
Puntos clave de la argumentación
Texto completo
ANTECEDENTES
Con data do 12 de febreiro de 2019, presenta unha denuncia perante a Xefatura Territorial de Lugo contra sancionadores por incumprir as condicións de outorgamento do dereito mineiro, ao realizar labores mineiras fóra do perímetro autorizado. A Xefatura Territorial arquiva esta denuncia porque estas dasas parcelas están entre as afectadas polos labores mineiras ilegais, recollidas nos expedientes sancionadores dos anos 2011 e 2012, polo que a considera que as referencias pas nos anos 2011/2012 non contaban con clausivas autorizacións da Consellería.
Solicitou á Consellería consultar a documentación pública relacionada coas autorizacións outorgadas pola Consellería para a realización de actividades mineiras e industriais, que na actualidade se están a realizar nas referidas parcelas para tas a consulta sinalar a documentación que poida ser do seu interese para das resposta correspondente.
Resolveu permitir o acceso á Resolución de autorización de aproveitamento de recursos da sección A) nomeada "Trinidad" nº257 do 29 de abril de 1998 e á Resolución pola que se amplia o recurso de data do 26 de xuño de 2007, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de ampliación do recurso de aproveitamento da sección A) denominada "Trinidad" nº 257, situada no termo municipal de Mondoñedo.
Sinala que a documentación á que se lle permite acceder é dos anos 1998 e 2007, nos que a Consellería non outorgou autorizacións para realizar actividades mineiras nas parcelas citadas, como demostra o feito da apertura dos expedientes sancionadores dos anos 2011 e 2012, polo que a documentación pública relacionada coas autorizacións nas citadas parcelas, ten que ser por forza posterior ao ano 2012.
Por outra banda, a documentación á que se lle dá acceso está relacionada coa canteira "Trinidad" nº 257, situada no termo municipal de Mondoñedo, mentres que a solicitou documentación relacionada coas actuacións que nas citadas parcelas en Lourenzá (Lugo).
O escrito víva acompañado de copia da solicitude presentada, do DNI do representante.
Segundo. Con data 14 de xullo de 2021, déuselle traslado do documentación achegada polo reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de xullo de 2021.
Terceiro. Con data do 3 de setembro de 2021, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación remite copia do expediente e informe sobre a reclamación presentada.
No informe, en síntese, indica que a solicitude foi trasladada do 20 de abril de 2021 pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais á Xefatura Territorial de Lugo para a súa tramitación e de acordo con informe do 20.08.2021 emitido pola Xefatura do Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial en Lugo contra o traslado aos terceiros con dereitos afectados para formulación alegacións, e a presentación, por parte dos terceiros dun escrito de oposición ao acceso. Dado que na solicitude non se facia mención a dereito ningún, alí unha unidade tramitadora interpretou que la información que se solicitaba tiñese que referir á autorización de exploración atividade Trinidad nº257, situada nas inmediacións das parcelas que indicaba o solicitante.
O 28 de xuño de 2021, ditouse resolución favorable ao acceso á información, se ben dado que existiu oposición dos terceiros, o acceso queda diferido de acordo con disposto no artigo 22.2 da Lei 19/2013.
No informe falsea constar que con data do 30 de xullo de 2021 a mercantil presentóou escrito de interposición de recurso fronte a resolución do 28 de xuño de 2021, que foi trasladado a esa Comisión.
A vista do exposto, en conclusión, cabe dicir que todo o acceso á información solicitado pola reclamante xa foi concedido, non hai motivo para a reclamación, sen prexuízo de que o reclamante poida facer unha nova solicitude de acceso a información a outros expedientes ou documentos concretos nos que poida constar a documentación cuxa consulta interesa.
FUNDAMENTOS JURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e ao goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presentada en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e ao Goberno, con carácter potestativo e previa á súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esta mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas nos seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devandatas reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustárase ao previsto nos párafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán á súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que for elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, que sen o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa á actividade pública (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só canto a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, como os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso que non se pode poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, existente e demanda participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a creciente esixencia de control de actividade das administracións aconsela a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto.- Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo.
Dado que a resolución impugnada ditouse con data do 28 de xuño de 2021, e a reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia tipo enviada o 6 de xullo de 2021, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A [ ] solicitou acceso ás autorizacións outorgadas pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación para a realización de actividades mineiras e industriais, que se están a realizar en dunhas parcelas catastrais que identifica perfectamente a través da súa referencia catastral e o Concello no que se atopan, (Lourenzá).
Alega a [ ] que a resolución que a Consellería emite sobre a solicitude, lle dá acceso a documentación que non se corresponde co solicitado, por canto se concede o acceso a unha Resolución de autorización do ano 1998, ano no que a Consellería non tiña outorgado autorizacións para realizar actividades mineiras nas parcelas obxecto de solicitude, que queda acreditado polo feito de que lle emite expedientes sancionadores en anos 2011 e 2012 por carecer de autorización, polo que as mesmas deben ser, como mínimo do ano 2012. Por outra banda, lle dá acceso a unha resolución sobre un recurso de aproveitamento situado no termo municipal de Mondoñedo, creado como que a solicitou a [ ] esta situada en Lourenzá.
O informe remitido pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais á reclamación presentada, limítase a relatar a tramitación do expediente de solicitude de acceso á información, e a concluír que a solicitude foi resolta de xeito favorable, polo que non hai motivo para a reclamación, sen pronunciarse sobre as alegacións contidas no recurso, e nas que a [ ] considera que a información á que se lle dá acceso non é a solicitada, por canto se lle concede acceso a autorizacións do ano 1998, cando se as solicitadas deben de ser necesariamente posteriores ao 2012, polos motivos expostos (apertura de expedientes sancionadores por falta de autorización nos anos 2011 e 2012) e dase lle dá acceso a unha resolución sobre un recurso de aproveitamento situada no termo municipal de Mondoñedo, cando a solicitada atopase en Lourenzá.
A falta deste pronunciamento pola Dirección Xeral non pode senón chegar a concluir que a información á que se solicita acceso, non é a solicitada. Procede por tanto que pola Dirección Xeral se conceda o acceso á documentación pública relacionada coas autorizacións outorgadas pola Consellería para a realización de actividades mineiras e industriais, nas parcelas con referencias catastrais no Concello de Lourenzá, e de non existir esa documentación pública, a resolver indicando a súa inexistencia, e respectando en todo caso as previsións establecidas no artigo 22.2 da Lei 19/2013 respecto do acceso á mesma nos casos de existencia de oposición de terceiro.
RESOLUCIÓN
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de Transparencia
ACORDA
- Primeiro: Estimar a reclamación presentada contra a Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais do 25 de xuño de 2011, pola que se concede o acceso á Resolución de autorización de aproveitamento de recursos da sección A nomeada "Trinidad" nº 257 do 29 de abril de 1998 e Resolución pola que se amplía o recurso de data do 26 de xuño de 2007, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria de ampliación do recurso de aproveitamento da sección A denominada "Trinidad" nº 257, situada no termo municipal de Mondoñedo.
- Segundo: Instar á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que, no prazo máximo de 10 días hábiles, resolva a petición de información solicitada no senso establecido no fundamento quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai aí formalización do acceso.
- Terceiro: Instar á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a que, finalizado o prazo fixado polo artigo 22.2 da Lei 19/2013, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que por fin aí vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela,
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.