Una asociación solicitó acceso a varios expedientes sobre bienes patrimoniales a la Dirección Xeral Patrimonio Cultural. Tras recibir acceso parcial y silencio administrativo en otros, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación y ordena a la Consellería de Cultura entregar la información por falta de motivación en la denegación.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
2
La resolución impugnada no contenía los motivos por los cuales se denegó el acceso a los expedientes 11705.12, 11705.14 y 11705.15.
3
La Consellería de Cultura no remitió el informe ni la copia del expediente solicitada por la Comisión da Transparencia durante la tramitación de la reclamación.
4
Al tratarse de información elaborada en el ejercicio de funciones públicas, debe facilitarse el acceso previa audiencia a interesados y análisis de los límites legales de acceso.
5
En caso de existir límites al acceso, la administración debe disociar datos personales o eliminar contenidos parciales de forma motivada.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
en representación de
media nte escrito do 6 de maio de
2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transpa rencia na sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
presentou, mediante escrito con entrada no rexist ro do Valedor
do Pobo o 6 de maio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da l ei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resolución da Dirección
Xeral Patrimonio Cultural do 6 de abril de 2021, pola que se concede o acceso á información
sobre bens patrimoniais do Castro da Trinidade GA27030022 (Mondoñedo, Lugo), do Castro
de Flores GA27027012 (Lourenzá, Lugo) e do Territorio Hist órico do Camiño de Santiago do
Norte, ao seu paso polos Concellos de Mondoñedo e Lourenzá.
A entidade recla mante expón que solicitou consulta e copia dos expedientes relacionados cos
bens patrimoniais do Castro da Trinidade GA27030022 (Mondoñedo, Lugo), do Castro de
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga l
Flores GA27027012 (Lourenzá, Lugo) e do Territorio Histórico do Camiño de Santiago do
Norte, ao seu paso polos Concellos de Mondoñedo e Lourenzá seguintes:
■ 11705.7 tramitado pola Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio para o expediente
P.3.0/21991/17
■ 11705.12 tramitado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para 10/P.O.C. 006025.
■ 11705.14 tramitado no Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para
RSCTG 105/2018
■ 11705.15 tramitado no Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para
RSCTG 104/2018
■ tramitado no Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
■ 11705.17 tramitado no Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio
Cultural.
E por resolución do 6 de abril de 2021, se lle deu acceso aos expedientes 11705.7, 11705.16 e
11705.17, e se lles desestimou por silencio administrativo a solicitude de acceso aos
expedientes 11705.12, 11705.14 e 11705.15.
Segundo. Con data do 7 de maio de 2021, déuselle traslado da documentación achegada pola
entidade reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de maio de 2021, sen que pola dita
Consellería se remitise copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.(omisiondatransparencia.ga!
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
[email protected] wvvw.comisiondatransparencia.gal
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A resolución impugnada foi notificada con data do 7 de abril de 2021, e a entidade interesada
interpuxo reclamación ante esta Comisión con data do 6 de maio de 2021, polo que debe
admitirse a mesma por estar presentada en prazo.
Quinto.-Análise do expediente
A asociación interesada solicitou consulta e copia de varias expedientes relacionados cos bens
patrimoniais do Castro da Trinidade, Castro de Flores GA27027012 e do Territorio Histórico
do Camiño de Santiago do Norte, ao seu paso polos Concellos de Mondoñedo e Lourenzá e
se lle deu acceso a parte dos solicitados, sen darlle acceso ao 11705.12 tramitado pola
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para 10/P.O.C. 006025, o 11705.14 tramitado no
Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para RSCTG 105/2018 e
11705.15 tramitado no Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para
RSCTG 104/2018.
Na dita resolución, non constan motivos polos que non se dá acceso aos expedientes
solicitados.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse á Consellería a achega do seu criterio respecto da
reclamación presentada, mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se
recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos.
{,
t ,~~ (+34) 981 56 97 40 () Rúa do Hórreo, 65
' ti 15700, Santiago de Compostela
$:i. l~--11• 1 ;,;H'·.;;-·•!lt 1· ,~
1 ACoru~•
¡¡ ,, , ' ' t .• ' . .. '.
(:) [email protected] • www.comisiondatran~parencia.ga1
A Comisión non t en información sobre o contido concreto dos documentos solicitados, pero
ao tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercício das súas
funcións, debe a Consellería, de conformidade co disposto no artigo 19.2 da Lei 19/2013, dar
audiencia se procede, ás persoas que ostenten dereitos ou intereses nos expediente
solicitados, e unha vez finalizado este trámite, resolver expresamente sobre o acceso,
examinando previamente se a información solicitada esta afectada por algún dos límites de
acceso previstos na Lei 19/2013, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos
de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
sa lvo no caso de que despois da ponderación tamén previst a, se comprobe que debe
prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2
da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse que consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/ 2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
efectos da aplicación aos responsables do réxi me discipl inario previsto na correspondente
normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembra rse á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de
conformidade co dispost o no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta
Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas f uncións en
materia de transparencia.
En base aos feitos e f undamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en
representación d contra a resolución
da Dirección Xeral Patrimonio Cultural do 6 de abril de 2021, pola que se concede o acceso á
información sobre bens patrimoniais do Castro da Trinidade GA27030022 (Mondoñedo,
Lugo), do Castro de Flores GA27027012 (Lourenzá, Lugo) e do Territorio Histórico do Camiño
de Santiago do Norte, ao seu paso polos Concellos de Mondoñedo e Lourenzá.
Segundo: Instar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a que, no prazo máximo
de 10 días hábi les, responda á petición de información solicit ada, respectando os límites dos
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga\
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Cultura, Educación e Universidade a que, no prazo máximo
de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.07.22 11 :36:07 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.