El ciudadano solicitó a la Deputación Provincial da Coruña datos sobre facturas de Microsoft, licencias de software, puestos de trabajo y planes de software libre. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la solicitud al considerar que la administración no proporcionó la información ni realizó una remisión precisa al portal de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
La remisión genérica al portal de transparencia no es suficiente para satisfacer el derecho de acceso; la respuesta debe ser precisa, concreta y llevar directamente a la información solicitada.
2
La publicidad activa no exime a la administración de proporcionar la información de manera individualizada si el ciudadano la solicita.
3
La mera agregación o suma de datos no constituye una causa de inadmisión por necesidad de reelaboración de la información.
4
El volumen o complejidad de la información solicitada justifica una ampliación del plazo para resolver, pero no la inadmisión de la solicitud.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 9 de maio
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de xu llo de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Va ledor do Pobo o 10 de maio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a
Deputación Provincial da Coruña sobre o importe das facturas emitidas nos últi mos 5 anos á
compañía Microsoft ou ca lquera outra empresa "partner" autorizada por M icrosoft para
comercia lizar calquera licenza ou servizo asociado aos produtos de Microsoft, importe das
facturas emitidas nos últimos 5 anos que supoñan o pagamento dunha licenza, dereito de uso
de software ou análogos na institución, número de postos de traballo con computadores,
número de usuarios na rede informática da instit ución, sistemas operativos implantados e
pian de implantación de tecnoloxías con software libre.
O reclamante indicaba que non recibira resposta á súa solicitude de información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
(+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comísiondatransparencia.gal wv,w.comisíondatransparencia.gal
Segundo. Con data do 11 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Deputación Provincial da Coruña para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 13 de maio de 2021.
Terceiro. Con data do 22 de xuño de 2021, a Deputación Provincial da Coruña contesta a
petición remitindo un informe do Servizo de Sistemas e Soporte, sen que conste que a mesma
se remitise ao interesado ..
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.gal
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información públíca, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.cornisiondatransparencia.ga1
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Deputación Provincial da Coruña non resolveu a solicitude de acceso á información
expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
Na súa solicitude, o reclamante requiría o acceso á seguinte información:
o importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos á compañía Microsoft ou calquera
outra empresa "partner" autorizada por Microsoft para comercializar calquera licenza
ou servizo asociado aos produtos de Microsoft;
o importe das facturas emitidas nos últimos 5 anos que supoñan o pagamento dunha
licenza, dereito de uso de software ou análogos na institución;
número de postos de traballo con computadores;
número de usuarios na rede informática da institución;
sistemas operativos implantados;
pian de implantación de tecnoloxías con software.
A Deputación Provincial remite a esta Comisión un informe do Servizo de Sistemas e Soporte,
que non consta que fose remitido ao solicitante.
Nese informe, no referente á primeira información, a Deputación remítese ao seu portal de
transparencia. Algo parecido fai no segundo caso no que respecta ás subministracións de
equipas informáticos e nos detalles dun expediente de contratación.
Neste sentido, é certo que, consonte o artigo 22.3 da Lei 19/2013, se a información xa foi
obxecto de publicidade activa, a administración pode limitarse a indicarlle ao solicitante como
acceder a ela. Con todo, tal e como pon de manifesto o Criterio lnterpretativo 9/2015, do
Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, "[e]n ningún caso será suficiente únicamente la
remisión genérica al portal o a la sede o página web correspondiente", dado que "[e]s
necesario que se concrete la respuesta".
f,
Q (+34) 98156 9740 Rua do Hórreo, 6S
~, ' : ·: \\t'~.t 1S700, Santiago de Compostela
,t, f •
; t t:·;-1nsparenna ACoruña
✓:¡ ~ -~ c;aHr.:ic:1 (':'¡ [email protected] wv,m.c.omisiondatranspanmcia.gal
"
Neste sentido, o CTBG esixe que a administración se refira a "las informaciones exactas que
se refieran a lo solicitado, siendo requisito que la remisión sea precisa y concreta y lleve, de
forma inequíoca, rápida y directa a la información sin necesidad de requisitos previos, ni de
sucesivas búsquedas".
Pois ben, nos casos obxecto de análise, non poden considerarse cumpridos os requisitos
previstos por canto a Deputación non identifica os contratos concretos cuxo importe desexa
coñecer o reclamante. Debemos ter en conta que "la publicidad activa no lleva en ningún caso
aparejada una obligación de consulta por parte de los interesados", de tal maneira que, no
suposto de que esa información estea publicada, a remisión a ela deberá facerse de maneira
concreta e individualizada, do mesmo xeito que se faría se non o estivese.
Neste caso non parece que sexa necesaria unha acción previa de reelaboración (art. 18.1.c}
Lei 19/2013), como parece deducir o informe da administración. Debemos ter en conta que
nesta causa de inadmisión non poden incluírse os supostos en que sexa necesaria a mera
agregación ou suma de datos, de acordo co Criterio lnterpretativo 7/2015, do Consejo de
Transparencia y Buen Gobierno.
En última instancia, mesmo se se entende que podemos estar ante información cuxo volume
ou complexidade fixese necesario un proceso específico de traballo para subminist rarlla ao
interesado, pero este tampouco sería un caso de inadmisión da solicitude, senón de
ampliación do prazo para resolver (vid. o mesmo Criterio lnterpretativo).
De acordo co anterior, ao non constar a remisión da información ao solicitante, procede a
estimación da reclamación presentada.
Debe lembrarse á Deputación Provincial da Coruña que, de acordo co disposto no artigo 20.6
da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a
consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 10 de
maio de 2021 contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso
ante a Deputación Provincia l da Coruña sobre o importe das facturas emitidas nos últimos.5
anos á compañía Microsoft ou calquera outra empresa "partner" autorizada por Microsoft
para comercializar calquera licenza ou servizo asociado aos produtos de Microsoft, importe
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1
das facturas emitidas nos últimos 5 anos que supoñan o pagamento dunha licenza, dereito de
uso de software ou análogos na institución, número de postos de traballo con computadores,
número de usuarios na rede informática da institución, sistemas operativos implantados e
pian de implantación de tecnoloxías con software libre.
Segundo: Instar á Deputación Provincial da Coruña a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Deputación Provincial da Coruña a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.07.22 11 :36:34 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.