Se solicitó al Concello de Santiago de Compostela información sobre aportaciones económicas a convenios con AENA y el Comité de Desarrollo de Rutas Aéreas, así como contratos y subvenciones de Incolsa. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y obliga al Ayuntamiento a proporcionar la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada se considera pública al haber sido elaborada o adquirida en el ejercicio de las funciones públicas, según los artículos 24 de la Ley 1/2016 y 13 de la Ley 19/2013.
2
El Concello de Santiago de Compostela no respondió a la solicitud original ni al requerimiento de informe y expediente realizado por la Comisión de Transparencia.
3
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave para los efectos del régimen disciplinario según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
4
El Ayuntamiento debe resolver expresamente el acceso, aplicando los límites de confidencialidad y datos personales previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 mediante una ponderación de intereses.
5
Se admite la reclamación contra la desestimación presunta por silencio administrativo al haber transcurrido el plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 ~e
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 1 de xullo de
2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 10/05/2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición
adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de
Santiago de Compostela, ás achegas económicas do dito Concello, se as houbera, no Convenio
de colaboración coa entidade públ ica empresarial AENA para impulsar os servizos turísticos
no aeroporto de Santiago e o Convenio de colaboración do Comité de Desarrollo de Rutas
Aéreas de Galicia e a relación dos contratos adxudicados, convenios asinados e subvencións
concedidas pola empresa pública lncolsa a empresas de transporte aéreo dende o 1 de xaneiro
de 2016 ata a presente data; con indicación do obxecto, duración, importe do
contrato/subvención ou obrigas económicas contraídas, data de formalización e identificación
das partes, adxudicatarios e beneficiarios.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude presentada.
O interesado en síntese, expón que non recibiu resposta nin comunicación algunha por parte
do Concello, polo que entende que a solicitude foi desestimada.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
Considera que no presente caso non se deron os supostos para a ampliación do prazo para
resolver que establecen os artigos 19.3 e 20.1 da Lei 19/2013, e que a información que solicita,
xa debería estar publicada, de conformidade co artigo 8.1 da mesma Lei.
Segundo. Con data do 11 de maio de 2021, déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Santiago de Compostela para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 14 de maio de 2021, sen que polo Concello
se remitise copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.gal
A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da lei 19/2013.
O artigo 24 da lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que o Concello de Santiago de Compostela non ditou resolución expresa sobre a
solicitude presentada, procede admitir a reclamación contra a desestimación da mesma, por
ter transcorrido o prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso a determinada información ao Concello de Santiago de
Compostela referente a achegas económicas do dito Concello no Convenio coa entidade
pública empresarial AENA e no Convenio co Comité de Desarrollo de Rutas Aéreas de Galicia,
e a relación dos contratos adxudicados, convenios asinados e subvencións concedidas por
unha empresa pública, información que débese entender que se trata de información pública
de acordo co establecido nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13 da Lei 19/2013.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da
solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente
que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus
argumentos.
A Comisión non ten información sobre o contido concreto da información solicitada, pero ao
tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercício das súas funcións,
debe o Concello resolver expresamente sobre o acceso, examinando previamente si a
información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013,
en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes
ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos
límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da
ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado
que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse ao Concello de Santiago de Compostela que, consonte o disposto no artigo
20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a
" (•34) 9815697<40
1/"" Çl Rua do H6tre(), 65
15700, !.•11tlago de Compostela
t t1,111~,parcncia AC()(uha
t,a!ic1" ( 1 [email protected] (¿)' www.c.omlSiondatransparenci•.ga1
consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Sant iago de Compostela, de conformidade co
disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes
que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de
transparencia.
Sexto. Audiencia ao interesado.
O interesado solicita que antes de redactar a proposta de resolución, se lle dea traslado de
todos os documentos incorporados ao expediente e se outorgue trámite de audiencia, de
conformidade co disposto no artigo 82.1 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo
Común das Administracións Públicas.
Non procede a apertura do trámite de audiencia, de conformidade co disposto no artigo 118
da Lei 39/2015, dado que non se tiveron en conta para a elaboración da proposta de
resolución, novos feitos ou documentos non recollidos no expediente orixinaria.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 10 de maio
de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante
o Concello de Santiago de Compostela, das achegas económicas do dito Concello no Convenio
de colaboración coa entidade pública empresarial AENA, no Convenio de colaboración do
Comité de Desarrollo de Rutas Aéreas de Galicia e a relación dos contratos adxudicados,
convenios asinados e subvencións concedidas pola empresa pública lncolsa a empresas de
transporte aéreo.
Segundo: Instar ao Concello de Santiago de Compostela a que no prazo máximo de 10 dias
hábiles, responda á petición proporcionando a información solicitada de forma completa,
respect ando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da
mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Santiago de Compostela a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada .
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 · da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021.07.22 11 :39:32 +02'00'
Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia