Se solicitó a la Consellería de Sanidade la serie histórica de casos de COVID-19 en centros educativos. El interesado alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque la inadmisión por incompetencia fue improcedente, ya que la administración conocía el órgano competente y debía remitir la solicitud en lugar de denegarla.
Puntos clave de la argumentación
1
La inadmisión de la solicitud basada en el artículo 18.1.d) de la Ley 19/2013 es improcedente cuando la administración identifica plenamente el órgano competente dentro de su propia estructura.
2
La actuación administrativa correcta, según el artículo 19.1 de la Ley 19/2013, consiste en la remisión de la solicitud al órgano competente informando al solicitante.
3
Se admite la reclamación presentada tras el silencio administrativo, ya que la resolución expresa de la Consellería se dictó fuera del plazo ordinario de un mes establecido en la Ley 1/2016.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrit o do 10 de
maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021,
adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 10 de maio de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desest imación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, á serie
histórica de novos casos diarios positivos por COVID-19 vinculados a escolas infantís e cent ros
educativos
O reclamante indicaba que non tivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da sol icitude presentada, do seu DNI
Segundo. Con data do 11 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumpriment o da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] wv,rw.tomisiondatransparencia.gal
Terceiro. Con data do 25 de xuño de 2021 a Consellería de Sanidade contesta a petición,
informando que con data do 14 de maio de 2021, resolveuse, de xeito motivado, inadmitir a
trámite a solicitude formulada ao tratarse dunha materia competencia da Consellería de
Cultura, Educación e Universidade.
Co informe remite copia da resolución expresa e o xustificante de recepción da resolución
polo interesado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
(+34) 98156 9740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga t
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
,,,, ~ (• 34) 98156 97 40 () Rua do Hó,-, 65
15700, SJntô•go de Compost ela
f t 1 2, 1·1 ~,p;1 í Ql1C i -:3 ACoruna
' f;
1•
(-• :..!ti
. 1:,• .1 c1'
~::i inío@comisiond,transparencia.g,,,1 ti www.comlslondatranspa rencia.g•t
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade non resolveu dentro do prazo ordina rio dun mes que establece o
artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que procede admitir a reclamación presentada con data do 10
de maio de 2021.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade acceso á serie histórica de novos casos dia rios
positivos por COVID-19 vinculados a escolas infantís e centros educativos
A Consellería, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
a l ei establece, ditou resolución expresa o 14 de maio de 2021, unha vez que o interesado
tiña presentado recurso ante esta Comisión, inadm itindo a t rámite a solicitude formulada ao
tratarse dunha materia competencia da Consellería de Cultura. Educación e Universidade.
Aínda que na resolución da Secretaria Xeral de Sanidade non se cita expresamente, a
inadmisión se fundamenta no disposto no artigo 18.1.d) da Lei 19/2013. Consonte ese
precepto, "se inadmitirán a trámite, mediante resolución motivada, as solicitudes dirixidas a
un órgano en cuxo poder non figu re a información cando se descoñeza o competente".
Neste caso, non concorre o su posto de feito detallado na norma, por canto a Secretaria Xera l
identifica perfectamente o órganos, pertencente á mesma Adm inistración, ao que ha de
dirixi rse a solicitude, e llo remite, comunicando a mesma ao interesado. En consecuencia, a
inadmisión é improcedente e a actuación debida é a remisión ao órgano competente,
informando diso ao solicitante, tal e como xa fixo a administración, na liña do disposto no
artigo 19.1 da lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Est imar a reclamación presentada por con data do 10 de
maio de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso
ante a Conselleria de Sanidade á serie histórica de novos casos diarios positivos por COVID-19
vinculados a escolas infantis e centros educativos.
Segundo: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos art igos 14 e 15 da
/¡
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisíondatransparencia.gal
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2021.07.22 11 :42:13 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.