Estimada parcialmente 20/07/2021 · 71 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso a información del Protocolo COVID-19 y fichas técnicas de desinfectantes en centros educativos

Una ciudadana solicitó a la Consellería de Cultura, Educación y Universidad de Galicia el punto del Protocolo sobre el uso de gel hidroalcohólico en primaria y las fichas técnicas de los productos desinfectantes. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia estima parcialmente la reclamación, obligando a entregar las fichas técnicas.

Puntos clave de la argumentación

1 El plazo aplicable para resolver solicitudes de acceso a la información pública es de un mes según el artículo 27.4 de la Ley 1/2016, prevaleciendo sobre el régimen general de la Ley 39/2015.
2 La administración no puede denegar el acceso a la información basándose en plazos generales si existe una norma específica de transparencia que establece un término menor.
3 La mera mención del nombre de los productos desinfectantes es insuficiente para satisfacer la solicitud de acceso a sus fichas técnicas sin alegar una causa legal de denegación.
4 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver las solicitudes de acceso en el plazo legal se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 9 de maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de maio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo go berno contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre cal é o punto do Protocolo que especifica que o xel hidroalcohólico a utilizar en edu cación primaria será o achegado polo centro, non podendo utilizarse outros que escapan ao seu contrai, salvo prescrición pediátrica; e sobre a ficha técnica do dito xel e da solución desinfectante para as superficies das au las. A reclamante indicaba que non recibira resposta no prazo dun mes previsto na normativa en materia de transparencia. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 14 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Consellería de Cu ltu ra, Educación e Universidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info@comísiondatransparencia.ga1 www.tomisiondatransparencia.gat A recepción da solicitude pola administración foi o 20 de maio de 2021. Terceiro. Con data do 22 de xuño de 2021 o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indica que a solicitude da interesada aínda se atopa dentro dos prazos para ser resolta de acordo co previsto no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Afirma que o artigo 5 do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 é o aplicable no caso da interesada. Finalmente, informa dos produtos de desinfección e limpeza que adoitan empregarse no centro educativo dos seus fillos. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que a solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. [email protected] www.tomisiondatransparencia.gal Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicita, basicamente, a seguinte información: o punto do Protocolo que especifica que o xel hidroalcohólico a utilizar en educación primaria será o achegado polo centro, non podendo utilizarse outros que escapan ao seu control, salvo prescrición pediátrica; a ficha técnica do dito xel e da solución desinfectante para as superficies das aulas. Non se comprende que a Consellería alegue o artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando estamos ante unha solicitude de acceso á información pública, dado que o dito precepto, no seu apartado 2, establece que "[e]I plazo máximo en el que debe notificarse la resolución expresa será el fijado por la norma reguladora del correspondiente procedimiento". Neste caso, a norma aplicable é o artigo 27.4 da Lei 1/2016, que establece o prazo dun mes desde a recepción da solicitude. Con respecto á primeira información requirida, o secretario xeral técnico refire os artigos 5.1 e 5.2 do Protocolo, de maneira que debe darse por cumprida a solicitude. Non acontece o mesmo no caso das fichas técnicas, toda vez que só refire o nome dos produtos sen alegar ningunha causa pola que non se poida acceder a esa documentación. Así pois, ha de estimarse parcialmente o recurso para posibilitar o acceso a elas. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade non resolveu a solicitude de acceso á información da interesada, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. . ¡ t f/\ (•34) 98156 9740 O· Rua do Hôrreo, 6S 15700, Sant iago de Compos tela ¡ i! (1t l~•ii,3((:: !' 'd A Coruña ; 1. (:i,:11 ic ,(, - • ' '•\ inro@comk,iondat ransparencia .ga1 Q. wv1W.comisionda\ransparencia.ga! En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por con data do 10 de maio de 2021 contra a desest imación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre cal é o punto do Protocolo que especifica que o xel hidroalcohólico a utiliza r en educación primaria será o achegado polo centro, non podendo utilizarse outros que escapan ao seu contrai, salvo prescrición pediátrica; e sobre a ficha técnica do dito xel e da solución desinfectante para as superficies das aulas. Segundo: Instar a Consellería de Cultura, Edu cación e Universidade a que, no prazo máximo de 10 días hábi les, responda á interesada a petición de información solicitada, respectando os lím ites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío á reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformida de co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xu risdición contencioso- admin istrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021 .07.22 11:42:57 +02'00' María Dolores Fernández Ga liño Presidenta da Comisión da Transparencia.