Estimada 20/07/2021 · 69 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Vigo para obtener copia de licencia de vado e informes técnicos, resuelta con estimación

Se solicitó al Concello de Vigo copia de la resolución de una licencia de vado y sus informes técnicos. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la interesada reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación al tratarse de información pública y ordena al Ayuntamiento responder en 10 días.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública comprende cualquier contenido elaborado o adquirido en el ejercicio de las funciones públicas, sin que el solicitante deba motivar su petición.
2 La reclamación se admite por haber sido interpuesta en plazo tras producirse los efectos del silencio administrativo conforme a la Ley 1/2016 y la Ley 19/2013.
3 El Concello de Vigo incumplió la obligación de remitir el expediente y el informe solicitado por la Comisión, obligando a resolver sin los argumentos del ente local.
4 La administración debe resolver expresamente el acceso, procediendo a la disociación de datos personales o eliminación de contenidos parciales si existen límites legales, salvo que prevalezca el interés público.
5 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 12 de maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundament os xu rídicos que se especifican a cont inuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021, adopta a segu inte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. resentou, media nte escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12 de maio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por si lencio administrativo da súa solicitude ao o Concello de Vigo, de obtención de desestimación por silencio admin istrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Vigo, á copia da resolución de licenza de vado nQ 3733 e dos informes técnicos ou de inspección realizados para a súa concesión. A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa petición. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 27 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.gat A recepción da solicitude polo Concello foi no mesmo día 27, sen que se tivese recibida a copia do expediente e o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable o artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas (+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña /' info@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.gal funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.gal reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que a interesada presentou a súa reclamación ante a falla de resolución expresa unha vez transcorrido o prazo dun mes dende a data da solicitude, de conformidade co disposto no artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou acceso ante o Concello de Vigo, de copia da resolución de licenza dun vado e dos informes técnicos ou de inspección realizados para a súa concesión. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. A Comisión non ten información sobre o contido concreto dos documentos solicitados, pero ao tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercido das súas funcións, debe o Concello resolver expresamente sobre o acceso, dando audiencia se procede aos terceiros que podan resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, e examinando previamente se a información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datas de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei). A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse ao Concello de Vigo que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Vigo, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. il 1•34) 9815697 40 1,') 9- Rúa do Horreo, 65 1S700, ~ tiagodeCompo>tel• 1 tr,\rispr11c11< ;:" A Coruña (.¿3ii ( l( info(f)comisiond • lfilMparenci• .ga l ~ www.comis,ond atranspa,encia.gat En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o Concello de Vigo, de obtención de copia da resolución de licenza de vado solicitada e dos informes técnicos ou de inspección realizados para a súa concesión . Segundo: Instar ao Concello de Vigo a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Vigo, a que, no prazo m áximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía admin ist rativa unicamente ca be, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- adm inistrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformid ade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisd ición contencioso- administrativa. Santiago d e Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.22 11 :45:4 1 +02'00' María Dolores Fernández Ga liño Presidenta da Comisión da Transparencia.