Una persona solicitó al Concello de Cabanas acceso a expedientes urbanísticos y de ruina de una finca colindante. Tras alegar indefensión por la falta de respuesta, la Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación: obliga al Ayuntamiento a dar acceso a los expedientes donde el solicitante no sea parte interesada, inadmitiendo los casos donde sí lo sea por competir a la normativa del procedimiento administrativo común.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública es general y no requiere que el solicitante motive su petición.
2
Cuando el solicitante tiene la condición de interesado en un procedimiento administrativo en curso, el acceso a los expedientes se rige por la normativa reguladora de dicho procedimiento y no por la ley de transparencia.
3
Para los expedientes donde no se reconozca la condición de interesado, el Ayuntamiento debe resolver el acceso previa audiencia a terceros y examen de los límites legales de confidencialidad.
4
La información solicitada debe ser disociada de datos personales o eliminada parcialmente si concurren los límites previstos en los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
5
El Concello de Cabanas incumplió su obligación de informar a la Comisión da Transparencia al no remitir el expediente solicitado por el órgano supervisor.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada p o r -en representación de _
mediante escrito do ~ onsiderando os antecedentes e
fu ndamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021, adopt a a segu inte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. en representa<Ción de presentou,
mediante escrito con entra a no rexistro do Valedor do Pobo o 14 de ma io de 2021, unha
reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra, contra a desestimación e falla de contestación
á súa solicit ude ante o Concello de Cabanas, de acceso a todos os expedientes relacionados
cos inmobles de e ao expediente - dese Concello
A reclamante en resumo, indica que solicitou va rias veces acceso a expedientes da edificación
colindante do interesado, co que ten litixios por unha linde, e no que considera que o
solicitante ten un interese lexítimo ao acceso aos expedientes de licenza, ordes de execución
e expedientes de ruína aos que non se lle deu acceso e do que pode resu lta r un grave prexuízo
por indefensión.
A interesada remite copia dos seguintes escritos presentados ante o Concello:
~ (•3'1)981 569740 (':), Rúa do Hórreo, 6S
1s ·100, Santiago de Compost•I•
? fi \JJf,! !•t.:rl ~:i (; A Con1/\a
.; " , (,ali <ía ¿';, [email protected]
t;., t:~· www.tomisiondatransparencia.gal
• Escrito do 8 de xullo de 2020, no que denuncia a situación ruinosa da edificación situada en
o colapso de cuberta de
edificación colindante e muro medianeiro e a inactividade da administración e risco de colapso
de todos os elementos que forman as vivendas, con importantes gretas en muros, e desplome
cara á súa finca.
• Escrito de 4 de outubro de 2020 no que comunica que con data do 27 de febreiro de 2020
solicitou acceso a todos so expedientes abertos nos que poida ter a condición de interesado
relacionádos coas súas denuncias e con data de 12 de xuño de 2020, unicamente se lle autoriza
o acceso ao expediente - No escrito remitido ao Concello, cuestiona a non
consideración da edificación como ruinosa e as medidas cautela res adoitadas polo Concello, e
solicita a·declaración da nulidade da orde de execución e que se lle dea acceso a todos os
expedientes relacionados con e a todos los expedientes municipales
informados por el arquitecto desde o número- ata a data
• Escrito de 5 de abril de 2021, no que denuncia actuacións obras que se est án a realizar no
sen a adopción de medidas de seguridade necesarias e sen o
preceptivo cartel de obras descoñecendo se as mesmas se axustan á legalidade urbaníst ica, e
na que solicita o acceso ao expediente de licencia que ampare as obras das construcións
colindantes e e o acceso a todos os expedientes relacionados co que
se tramitaran ou se estean t ramitando no Concello
O escrito vina acompañado de copia das solicitudes presentadas, da acreditación d a
representación que ostenta e do seu DNI.
Segundo. Con data do 19 de maio de 2021 déuselle traslado da documentación achega da pola
reclamante á Concello de Cabanas para que, en cumprimento da normativa de t ransparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude polo Concello foi 21 de maio, sen que se tivese recibida a copia do
expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de t ransparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrat iva. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
i
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
f
,l
l,.~ (•34) 981 56 9740 1/¡ Rúa do Hórreo, 65
15700, Santlogo de Compostol•
j·. : ( 11 ··,J :•i:l íCl 'tCÍé.l ACoru~a
t'
,t Ca\i< :ç Ç) inlo@comisiood•t ran-;parencia.¡al C·· wv.,.w.<omisiondatran!tparencia.g.al
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios act úan as nosas inst itucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comeza n a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de M otivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á info rmación pública.
Cuarto.- Análise do expedie nte
Da documentación remitida pola parte reclamante, pode constatarse que o escrito
presentado ante o Concello con data do 8 de xullo de 2020, debe cualificarse como un escrito
de denuncia ante o que considera situación ruinosa dunha edificación colindante coa súa, que
polo seu estado, lle pode causar prexuízos á súa propiedade.
No escrito presentado ao Concello con data do 4 de outubro de 2020, a reclamante cuestiona
a non consideración da edificación como ruinosa e as medidas cautelares adoitadas polo
Concello, e solicita a declaración da nulidade da orde de execución. Nese escrito, fa i constar
que do acceso aos expedientes que solicitou, unicamente se lle autoriza o acceso ao
exped iente -
No escrito presentado ao Concello con data do 5 de abril de 2021, denuncia obras que se están
a realizar na finca colindante á súa, sen a adopción de medidas de seguridade necesarias e sen
o preceptivo cartel de obras descoñecendo se as mesmas se axustan á legalidade urbanística.
Dos ditos escritos, pódese deducir que o reclamant e, non present ou reclamación ante esta
Comisión contra a discrepancia coa resolución ou contra a falla de resolución dunha solicitude
de aceso á información pública, senón que está a presentar denuncias en materia urbanística,
contra o estado e as obras que se están a realizar nunha propiedade conlindante coa súa, e
que conside ra que lle están a provocar prexuízos, e en cada un deses escritos, solicita acceso
a determinados expedientes que deben estar en poder do Concello.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da
reclamación present ada, mediante a remisión de informe e copia do exped iente que non se
recibiu, o que obriga a contin uar a tramitación do expediente sen os seus argumentos.
Sen ben de conformidade co disposto no artigo 62 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Pú blicas, a presentación de
denuncias no confire, por si soa, a condición de interesado no procedemento, no presente
1¡
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
caso, dado que o reclamante parece ter dereitos que poden resultar afectados pola decisión
que se adopte como consecuencia das súa denuncias, de acordo co disposto no artigo 4 da
mesma Lei, podería ter tal condición.
No caso de que polo Concello se lle tivese recoñecida a condición de interesado nos
procedementos tramitados como consecuencia das súas denuncias, de acordo coa disposición
adicional primeira da Lei 19/2013, debe ser a normativa reguladora dese procedemento
administrativo e non a normativa xeral de transparencia, a aplicable ao acceso por parte de
quen teña a condición de interesados no mesmo, polo que procedería a inadmisión da
reclamación presentada respecto destes procedementos que se atopen en curso.
Respecto dos procedementos tramitados como consecuencia das denuncias nos que non se
lle recoñecese ao reclamante a condición de interesado, ou non se atopen en curso, debe o
Concello resolver expresamente sobre o acceso, dando audiencia se procede aos terceiros
que podan resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co disposto no
artigo 19 da Lei 19/2013, e examinando previamente si a información solicitada esta afectada
por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de forma motivada,
disociarse os datos de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais
que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15
da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe
que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso
(artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
Por tanto, procede inadmitir a reclamación respecto das solicitudes de acceso a expedientes
solicitadas en procedementos nos que ao interesado se lle recoñecera a condición de
interesado, que deben tramitarse pola normativa que rexa o seu propio procedemento, e
estimar a reclamación nos procedementos nos que non se recoñecese ao reclamante a
condición de interesado, nos que debe o Concello dar acceso aos expediente solicitados,
previa apertura de trámite de audiencia e exame da concorrencia de límites, tal e como se
sinalou.
Debe lembrarse ao Concello de Concello de Concello de Cabanas, de conformidade co
disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes
que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de
transparencia.
Q, (•34)981569740 f¿_l Rúa do Hórreo, 65
l SlOO, s.ant;ago de CompO$tt13
(~-} info@comisiondatr•nspa••nci•.g•I (,._" www comisiondatransparencia.gal
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por - · en representación
de respecto do acceso á ~ d a nos expedientes
nos que non teña recoñecida a condición de interesado en expediente administrativo en
curso, e inadmitila respecto do acceso solicitado en expedientes nos que teña recoñeci da tal
condición e se atopen en curso.
Segundo : Instar ao Concello de Concello de Cabanas a que, no prazo máximo de 10 días
hábiles, responda á petición de información solicitada, se procede e de acordo co dispost o no
punto a·nterior, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro,
e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á forma lización do acceso e remit indo a esta Comisión
no prazo máximo de 15 días hábiles, se procede, copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sa la do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición conte ncioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021.07.22 11 :48:21 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.