Inadmitida 20/07/2021 · 57 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre acceso a información de empleados municipales en la Academia Galega de Seguridade Pública

Un ayuntamiento solicitó a la Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) información sobre empleados municipales que prestan servicios en dicha academia y sus remuneraciones para detectar incompatibilidades. La Agasp denegó el acceso alegando falta de consentimiento. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por considerar que no aplica la ley de transparencia, sino la de colaboración interadministrativa.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública busca someter la acción de los responsables públicos al escrutinio ciudadano, no servir como herramienta de control entre administraciones públicas.
2 La solicitud no se sustenta en los objetivos de la transparencia, sino en la necesidad de velar por el cumplimiento de la Ley 53/1984 y ejercer la potestad disciplinaria.
3 En este caso, no es aplicable la normativa de transparencia, sino el principio de colaboración interadministrativa regulado en los artículos 141.1 y 142 de la Ley 40/2015.
4 La colaboración entre administraciones es obligatoria salvo que el organismo no esté facultado, carezca de medios, cause un daño grave a sus funciones o la información sea confidencial.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada polo , mediante escrito do 24 de maio de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. O presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 25 de maio de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a Resolución do 17 de marzo de 2021, do director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, sobre a súa solicitude de información relativa aos empregados municipais que presten servizos na dita academia e, de existir, que tipo de actividade des·envolven así como a remuneración que perciben. A administración indicaba que solicit ou esa información ante a necesidade de detectar posibles incompatibilidades e, de ser o caso, de aplicar a súa potestade sancionadora, posto que esas situacións figuran tipificadas como faltais graves ou moi graves na normativa estatal e autonómica en materia de emprego público. Porén, a Academia Galega de Seguridade (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l Pública (Agasp) denegoulle o acceso a eses datas argumentando que era necesario o consentimento dos funcionarias afectados. O concello alega que, no seu caso, concorre un interese público superior que xustifica o acceso, nos termos do artigo 14.2 da Lei 19/2013. Ademais, considera que a información solicitada non entra dentro das categorías especiais de datas persoais e que se trata de datas identificadores relacionados coa organización, o funcionamento ou a actividade pública do órgano correspondente, na liña do Criterio lnterpretativo 2/2015, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. Finalmente, recorda que as administracións públicas están obrigadas a facilitarlles a outras administracións a información que precisen sobre a actividade que desenvolvan no exercido das súas competencias, consonte o artigo 141.1, letra c), da Lei 40/2015. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu NIF. Segundo. Con data do 2 de xuño de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A administración recibiu a solicitude o 4 de xuño de 2021. Terceiro. Con data do 2 de xullo de 2021 a secretaria xeral técnica contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, o director xeral da Agasp indica que se lle trasladou ao concello que non consta ningún incumprimento da normativa en materia de incompatibilidades por parte do seu persoal colaborador, toda vez que a aplicación informática da Agasp impide liquidar máis de 75 horas a unha persoa no mesmo ano (cf. art. 19.b) Lei 53/1984). Engade que, de acordo co art. 15.3 da Lei 19/2013, o órgano administrativo que recibe a solicitude debe ponderar o interese público na divulgación da información interesada e os dereitos dos afectados, o que esixe unha petición singular e concreta, e non xeral como a que realiza a administración reclamante. Ademais, afirma que debe atenderse aos principias de necesidade e proporcionalidade. Entende que a solicitude non pode admitirse por canto o concello non está realizando labores de investigación en relación con posibles incompatibilidades do persoal ao seu servizo. Así mesmo, argumenta que o concello debería terlles solicitado aos seus empregados a información requirida antes de recorrer á Agasp, por canto -razoa- os obrigados pola normativa en materia de incompatibilidades son aqueles e non esta. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] WV'.fW.c.omisiondatransparencia.gal FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 info@comísiondatransparencia.ga1 www.c.omisiondatransparencia.ga l persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución da reiteración da solicitude de acceso á información notificóuselle ao concello o 19 de maio de 2021 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 25 de maio de 2021, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente En primeiro lugar, interesa destacar que todas as persoas, tanto físicas como xurídicas, teñen recoñecido o dereito a acceder á información pública, consonte os artigos 12 da Lei 19/2013 e 24.1 da Lei 1/2016. De acordo co Criterio lnterpretativo 3/2016, do Consejo de Transparencia f; [email protected] www.comisiondatransparencia.gat y Buen Gobierno, os intereses lexítimos que se pretenden satisfacer con este dereito son os seguintes: someter a escrutínio a acción dos responsables públicos; coñecer como se toman as decisións públicas; coñecer como se manexan os fondos públicos; coñecer baixo que criterios actúan as institucións públicas. Pois ben, aínda que todas as persoas xurídicas son titulares deste dereito, o máis frecuente é que o exerciten asociacións en que se agrupan os cidadáns para facer valer os seus dereitos e participar na xestión dos asuntos públicos, e incluso empresas nos ámbitos sectoriais que son do seu interese. Pola contra, non é habitual que o fagan valer as administracións públicas, dado que non é a súa función controlar a actuación dos poderes públicos. Así pois, adoitan ser, máis ben, as destinatarias das solicitudes. Neste caso, a petición non se sustenta en ningún dos obxectivos identificados, senón que a administración precisa a información interesada para velar polo cumprimento da Lei 53/1984 e, de non producirse este, para exercitar a potestade disciplinaria que lle recoñece o artigo 94 do Real decreto lexislativo 5/2015 (EBEP). Por conseguinte, non é de aplicación a normativa en materia de transparencia, senón a Lei 40/2015, que, como parte do principio de colaboración que rexe nas relacións interadministrativas, dispón que "as administracións públicas deberán facilitarlles ás outras administracións a información que precisen sobre a actividade que desenvolvan no exercício das súas propias competencias ... " (art. 141.1, ap. c), e 142.a)). Neste sentido, interesa destacar que o devandito principio está reiterado no art. 99 EBEP. Os límites desta colaboración son menos estritos ca os da Lei 19/2013, posto que só poderá negarse, consonte o artigo 141.2 da Lei 40/2015, cando: o organismo non estea facultado para prestar a colaboración de acordo co previsto na súa normativa; non dispoña de medias suficientes para facelo; de facelo, causase un dano grave aos intereses cuxa tutela ten encomendada ou ao cumprimento das súas propias funcións; a información teña carácter confidenciai ou reservado. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, i -~ (+34) 9 81 56 97 40 ol Rúa do Hórreo, 65 ·::. t · 15700, Santiago de Compo$tela ~ ti t:,ri ~,f :i~f{':J°"iC!E.l t 1 l_l (, d ÍÍC~? ,..,:, !,;;;) [email protected]! ®• www.comisi-Ondatransparencia.gat ACORDA Único: lnadmitir a reclamación presentada polo con data do 25 de maio de 2021 contra a Resolución do 17 de marzo de 2021, do director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, sobre a súa solicitude de información relativa aos empregados municipais que prest en servizos na dita academia e, de existir, que tipo de actividade desenvolven así como a remuneración que perciben. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-ad ministrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo .do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administ rativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.22 11 :46:35 +02'00' María Dolores Ferná ndez Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.