Inadmitida 20/07/2021 · 40 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre la publicación de actas municipales en la web del Concello de Brión

El solicitante pidió al Concello de Brión explicaciones sobre la desaparición de actas plenarias de su web. Tras el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo inadmitió la reclamación porque el solicitante instaba a la publicación activa de información que no es obligatoria por ley para entidades locales.

Puntos clave de la argumentación

1 Se distingue entre transparencia proactiva (obligación de publicar periódicamente) y reactiva (derecho de acceso a solicitud).
2 Las administraciones locales gallegas no tienen la obligación legal de publicar las actas de sus órganos colegiados como publicidad activa según la Ley 19/2013 y la Ley 1/2016.
3 La reclamación es inadmisible ya que el objeto era instar la publicación de información no sujeta a obligaciones de publicidad activa y no una solicitud de acceso reactivo.
4 Se recuerda que, en casos de transparencia reactiva, no basta con una remisión genérica al portal web, sino que debe ser precisa, directa y sin búsquedas sucesivas.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 10 de xuño de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021, adopta a segu inte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de xuño de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a desestimación por silencio adm inistrativo da súa solicitude presentada ante o Concello de Brión sobre a razón pola cal as actas das sesións plenarias e das xuntas de Goberno, que antes estaban dispoñibles para consulta pública, desapareceron da páxina web unha vez foi renovada. O reclamante indicaba que solicitara esa información o 7 de maio de 2021 e que, porén, non recibira resposta no prazo dun mes que recolle a normativa en materia de t ransparencia. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DN I. Segundo. Con data do 14 de xuño de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Brión para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga t A recepción da solicitude pola administración foi o 15 de xuño de 2021. Terceiro. Con data do 21 de xuño de 2021 o alcalde do Concello de Brión contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indica que non se lle deu resposta en prazo ao interesado dado que os servizos administrativos do Concello carecen dos medios necesarios para atender todas as peticións que lles chegan. Ademais, informa de que as actas non estiveron dispoñibles unicamente durante unha tarde pola renovación da páxina web do Concello, se ben actualmente xa se poden atopar nela, tal e como se lle trasladou ao reclamante. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa / (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga\ Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Brión non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente ata o 21 de xuño, unha vez interposta a reclamación, polo que esta debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente Debe partirse da base de que a normativa sobre transparencia distingue dúas dimensións do dereito de acceso á información, tal e como pon de manifesto a Sentenza núm. 46/2017, do 22 de xuño, do Xulgado Central do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Madrid. Por unha banda, atopamos a transparencia proactiva, prevista no capítulo II do título I da Lei 19/2013. Consiste en que os titulares da información están obrigados a publicar, de maneira periódica e actualizada, a información que sexa relevante para que os cidadáns poidan coñecer o funcionamento e o control da súa actuación. Por outra banda, encontramos a transparencia reactiva, que é o dereito de toda persoa de acceder á información pública, entendéndose esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato e soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 19/2013 e que fosen elaborados ou adquiridos no exercido das súas funcións. Desta maneira, os cidadáns poden exercitar o seu dereito de acceso á información pública recoñecido no artigo 17.1 da Lei 19/2013 para reclamarlles ás administracións, incluídas as entidades locais, que cumpran cos seus deberes de publicidade activa. De non obteren unha resposta satisfactoria, poden recorrer ante os organismos independentes de control, como esta Comisión, de acordo co artigo 24.1 e coa disposición adicional cuarta da mesma norma, así como do artigo 28.1 e da disposición adicional quinta da Lei 1/2016. Así acontece, por exemplo, na Resolución 47 /2016, do 12 de abril, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno. ,{1/k (•34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 \\~ trnn~,pni r·, 1l.i;1 A Coruña .. Gc1lk ;,; (;) info@comisiondatranspare ncia.gal www.comisiondatranspa,encia.gal As obrigas de publicidade activa ás que están sometidas as administracións locais galegas figuran recollidas, exclusivamente, no capítulo II do título I da Lei 19/2013, dado que a Lei 1/2016 non lles resulta de aplicación consonte o seu artigo 3. Da lectura da normativa aplicable despréndese que non teñen por que publicar as actas das reunións dos seus órganos colexiados, de tal maneira que os cidadáns non están lexitimados para esixírllelo. Isto non prexulga, como resulta evidente, a posibilidade q·ue teñen de solicitar o acceso a elas na liña da transparencia reactiva. Así pois, dado que o obxecto da solicitude do interesado era o de instar a publicación dunha información que non estaba sometida ás obrigas de publicidade activa e non o de acceder a ela, procede inadmitir a reclamación presentada. En todo caso, constátase que a información interesada se atopa na páxina web do Concello de Brión, no apartado "Documentación municipal"1, pero non no Portal de Transparencia. Neste sentido, recórdase que, no caso de que se houbesen de cumprir os deberes de transparencia reactiva, de acordo co Criterio lnterpretativo 9/2015, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, "en ningún caso será suficiente únicamente la remisión genérica al portal [... ] correspondiente", de tal maneira que a remisión que realizase a administración á información publicada na súa web debería ser precisa e concreta e levar, de forma inequívoca, rápida e directa á información sen necesidade de sucesivas buscas. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: lnadmitir a reclamación presentada por con data do 10 de xuño de 2021 contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o Concello de Brión sobre a razón pola cal as actas das sesións plenarias e das xuntas de Goberno, que antes estaban dispoñibles para consulta pública, desapareceron da páxina web unha vez foi renovada . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.tomisiondatransparencia.gal artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021.07.22 11 :50:13 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.