Se solicitó al Concello de Brión la memoria técnica y propuesta económica de la empresa adjudicataria de la web municipal. El Ayuntamiento denegó el acceso alegando que no era información de publicación obligatoria y que el solicitante no era interesado en el expediente. La Comisión da Transparencia estima la reclamación por vulnerar el derecho de acceso a la información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La transparencia proactiva (obligación de publicar) no delimita ni prejuzga el derecho de acceso reactivo de los ciudadanos a la información pública.
2
El hecho de que una administración no esté obligada a publicar un documento no implica que los ciudadanos no puedan solicitar su acceso, siendo precisamente en estos casos donde el derecho cobra mayor sentido.
3
El derecho de acceso abarca, en principio, toda la documentación en poder del sujeto obligado, debiendo ser los límites los mínimos posibles y mediante resolución razonada.
4
La Ley 39/2015 solo es aplicable al acceso de quienes tienen la condición de interesados en un procedimiento administrativo en curso, no siendo aplicable al derecho general de transparencia.
5
Se debe dar audiencia a la empresa autora de la documentación para que motive el posible menoscabo de sus derechos o intereses legítimos antes de facilitar el acceso.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escr ito do 10 de xuño
de 2021, e considerando os ant ecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do . Pobo o 10 de xuño de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
contra a desestimación por silencio administ rativo da súa solicitude de acceso ante o Concello
de Brión á memoria t écnica e á ·proposta económica presentadas pola empresa que gañou a
licitación da nova páxina web municipal.
O reclamante indicaba que presentara a súa solicitude o 6 de maio de 2021 sen ter recibido
resposta.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 14 de xuño de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Brión para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
- i [email protected] www.c.om isiondatransparencia.gal
A administración recibiu a solicitude o 15 de xuño de 2021.
Terceiro. Con data do 24 de xuño de 2021, o alcalde do Concello de Brión contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído,
Neste informe, en resumo, indica que non se tramitou a solicitude no prazo preceptivo dun
mes dado que os servizos administrativos do concello carecen do tamaño necesario para
atender todas as peticións que reciben.
Entrando xa no fondo do asunto, o rexedor local entende que non procede solicitar esa
documentación ao abeiro da normativa en niateria de transparencia, toda vez que non se
atopa entre a información en materia de contratación que debe figurar nos portais de
transparencia (art. 8.1, apartado a), Lei 19/2013), que xa foi obxecto de publicación.
Por conseguintei alega que a normativa aplicable é a Lei 39/2015, que restrinxe aos
interesados o dereito a acceder e a obter copia dos documentos contidos nos procedementos
en que reúnan tal condición. Desta maneira, non se lle podería facilitar o acceso ao solicitante,
que carece de vinculación co expediente administrativo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
info@cornísiondatransparencia.gat www.comisiondatransparencia.ga l
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Brión non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo
que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
Debe partirse da base de que a normativa sobre transparencia distingue dúas dimensións do
dereito de acceso á información que non deben confundirse, tal e como pon de manifesto a
Sentenza núm. 46/2017, do 22 de xuño, do Xulgado Central do Contencioso-Administrativo
núm. 2 de Madrid.
Por unha banda, atopamos a transparencia proactiva, prevista no capítulo II do título I da Lei
19/2013. Consiste en que os titulares da información están obrigados a publicar, de maneira
periódica e actualizada, a información que sexa relevante para que os cidadáns poidan
coñecer o funcionamento e o contrai da súa actuación.
Por outra banda, encontramos a transparencia reactiva, que é o dereito de toda persoa de
acceder á información pública, entendéndose esta como os contidos ou documentos,
calquera que sexa o seu formato e soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos
incluídos no ámbito de aplicación da Lei 19/2013 e que fosen elaborados ou adquiridos no
exercicio das súas funcións.
Neste caso, o recorrente exercitaba o seu dereito de acceso á información pública para
coñecer a memoria técnica e a proposta económica que presentou a empresa á que se lle
adxudicou o contrato de deseño, implementación, posta en marcha, mantemento e
,~ (•34) 981 569740 Rúa do Hórreo, 65
... ...
~ ~
\:;,) info@comist0ndatransparencia,.ga1 @. www.comisiondatransparerKia.ga1
aloxamento da páxina web municipal (expediente . Porén, a administración
municipal alega que a información que debe ser de coñecemento xeral xa está publicada no
perfil do contratante, de tal maneira que os cidadáns non teñen dereito a solicitar a que non
figura aí.
O Criterio lnterpretativo 9/2015, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, é moi claro
ao afirmar que as obrigas en materia de publicidade activa "no delimitan ni prejuzgan [ ... ) el
derecho de acceso a la información que asiste a los ciudadanos", toda vez que "la definición
de información pública accesible a través del ejercicio del derecho de acceso [ ... ] no restringe
en modo alguno el contenido de esa información por estar o no sometida al régimen de
pu blicidad activa".
Deste xeito, o feito de que a administración non estea obrigada a publicar esa documentación
non significa que os cidadáns non poidan exercitar o seu dereito de acceso con respecto a ela;
senón que, máis ben, é precisamente nestas circunstancias cando aquel cobra máis sentido,
porque a documentación interesada non pode obterse por outras vías.
Cabe destacar que resultaría impensable que a normativa en materia de transparencia
detallase os documentos que deben facilitárselles aos cidadáns e os que non, dado que a
casuística é moi complexa. Así as cousas, a amplitude da definición de información pública
recollida no artigo 24.1 da Lei 1/2016 implica que, en principio, o dereito de acceso abrangue
toda a documentación que obre en poder dun suxeito obrigado. En consecuencia, os límites
que se lle impoñan deberán ser os mínimos posibles e sempre mediante unha resolución
razoada.
Iso si, neste caso, parece procedente ofrecer audiencia á empresa
- dado que é a autora da documentación interesada, para que, se é o caso, motive
o menoscabo que o acceso poderia provocar nos seus dereitos e intereses lexítimos (art. 24.3
Lei 19/2013). A administración deberá ter en conta, de ser o caso, o carácter confidenciai da
información contida no expediente de contratación, de acordo co artigo 133 da Lei 9/2017,
do 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP).
Finalmente, polo que respecta á existencia dun procedemento específico de acceso á
información regulado na Lei 39/2015, cabe destaca r que esta norma só é aplicable no caso do
acceso por parte de quen teñan a condición de interesados nun procedemento administrativo
en curso aos documentos que se integren nel (disposición adicional primeira, apartado 1, Lei
19/2013). Nest e caso, o solicitante non reúne esa condición, tal e como alega a propia
administración, e o procedemento xa está concluído, dado que expirou o prazo para recorrer
a adxudicación previsto no artigo 50.1 LCSP ..
{ ~ Rúa do Hórreo, 6S
15700, S.,ntlago de Com¡,ost•I•
'1 /; :r . ,\; _I t ¡ j: 1( i l•
t.Coru~•
.C.i:~l; ,.¡d (~)'
. ,~,,
_
info@comisiondatra nsparencia..ga1 (~-;•· www.comisiondatranspare,ncid.ca1
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro:. Estimar a reclamación presentada por con data do 10 de
xuño de ·2021 contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso
ante o Concello de Brión á memoria técnica e á proposta económica presentadas pola
empresa que gañou a licitación da nova páxina web municipal.
Segundo: Instar ao Concello de Brión, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda
ao interesado á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15
da .Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro:-lnstar ao Concello de Brión, a que, no prazo máximo de 15 días hábil•es, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao recl amante da informació n solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1. da lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digit almente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2021.07.22 11 :53:19 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia .