Estimada 20/07/2021 · 36 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el uso de contenciones mecánicas en el SERGAS, estimada por motivos formales

Se solicitó a la Consellería de Sanidade información estadística sobre el uso de contenciones mecánicas en el SERGAS (2019-2021). Ante el silencio administrativo, se reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no había respondido expresamente al momento de interponerse el recurso.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación fue admitida por estar presentada en plazo, ya que la Consellería de Sanidade no dictó resolución expresa hasta después de interpuesta la reclamación ante la Comisión.
2 La administración alegó que la información se encuentra en las historias clínicas individuales y que su obtención requeriría una reelaboración de datos al no estar sistematizados.
3 Se determinó que responder a la solicitud obligaría a elaborar información ad hoc, acción que no está amparada por la normativa de transparencia.
4 La resolución se basa en el artículo 18.1, párrafo c), de la Ley 19/2013 para justificar la imposibilidad de extraer los datos sin medios técnicos adecuados.
5 La estimación es estrictamente formal debido a la falta de respuesta expresa inicial, sin perjuicio de que la interesada recurra la resolución denegatoria posterior del 22 de junio.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 14 de xuño de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia, na sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021, adopta a segu inte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 15 de xuño de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparenda e bo goberno contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería de Sanidade referente ao uso de contencións mecánicas no Servizo Galego de Saúde durante os anos 2019-2021. A reclamante indicaba que lle solicitara a información á administración o 26 de abril de 2021, pero que non recibira resposta. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. (+34) 98156 97 40 Rúa oa Hórreo. 65 15700, Santiago de Compostela AConJña [email protected] www.tornisiondatransparencia.ga1 Segundo. Con data do 18 de xuño de 2021 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A administración recibiu a solicitude o mesmo día. Terceiro. Con data do 23 de xuño de 2021, o secretaria xeral técnico da Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indica que ditou resolución expresa con respecto á solicitude de referencia o 22 de xuño de 2021, inadmitindo a solicitude en base ao disposto no artigo 18.1. da Lei 19/2013 . FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña ,nfo@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga\ Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. , O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.tomisiondatransparencia.ga\ Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente ata o 22 de xuño, unha vez interposta a reclamación ante a Comisión da Transparencia, de maneira que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O 26 de abril de 2021, a reclamante solicitou diversa información estatística relativa ao uso de corítencións mecánicas no Servizo Galego de Saúde durante os anos 2019, 2020 e 2021. Ante a falta de resolución expresa, recorreu a desestimación por silencio administrativo negativo ante esta Comisión o 14 de xuño de 2021. Finalmente, a Consellería pronunciouse o 22 de xuño. O dito órgano administrativo alega que esa información se atopa na historia clínica de cada doente que precisou a contención mecánica. Así pois, atender a solicitude suporía realizar unha tarefa de reelaboración, toda vez que habería que recorrer a distintas fontes e a administración carece dos medios técnicos necesarios para extraer os datos requiridos (Criterio lnterpretativo 7/2015, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno). Por conseguinte, inadmite a petición con base no artigo 18.1, parágrafo c), da Lei 19/2013. Cabe destacar que a estes supostos podemos engadir aqueles en que o órgano administrativo non pode dar resposta á solicitude debido a que a información non se atopa desagregada de acordo cos conceptos que se piden na solicitude (RCTBG 44/2015, do 19 de maio, FX 4). Pois ben, parece que estamos ante un caso destas características, toda vez que o Servizo Galego de Saúde non ten sistematizadas as historias clínicas en función de se os doentes foron sometidos a contencións mecánicas. En consecuencia, responder á solicitude obrigaría a elaborar unha información ad hoc, o que non se encontra amparado na normativa en materia de transparencia. Por conseguinte, só procede estimar o recurso por motivos formais, dado que a solicitude non se resolvera expresamente na data en que aquel se interpuxo. Así as cousas, este pronunciamento non impide que a interesada, se o estima conveniente, presente reclamación (+34) 98156 97 40 Rúa d o Hórreo, 6S ,.». ~-,,, t info@comis iondattanspaumtia .gat (;,~ www.<.omisiondat ran.sparencia.ga1 ante esta Comisión fronte á resolución expresa do 22 de xuño de 2021 para que, na súa tramitación, poidan considerarse os seus argumentos. En .base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por . con data do 15 de xuño de 2021 contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería de Sanidade referente ao uso de contencións mecánicas no Servizo Galego de Saúde durante os anos 2019-2021. , Contra esta . resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- .administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- admin istrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.07.22 11 :55:02 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. (' .)