Una ciudadana reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia la falta de respuesta del Concello de Piñor sobre diversas solicitudes (ruina, gatos, contenedores, internet). La Comisión inadmitió la reclamación porque las solicitudes no eran de acceso a información pública, sino exigencias de prestaciones o servicios municipales.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión da Transparencia de Galicia es el órgano competente para resolver reclamaciones contra resoluciones de acceso a la información de entidades locales gallegas según la Ley 1/2016.
2
El derecho de acceso a la información pública se define como el acceso a contenidos o documentos elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones públicas.
3
El objetivo de la normativa de transparencia es someter al escrutinio la acción de los responsables públicos, la toma de decisiones y la gestión de fondos públicos.
4
La reclamante no solicitó acceso a información pública, sino que presentó quejas por la falta de actuación o respuesta en la prestación de servicios municipales.
5
Las solicitudes dirigidas a exigir prestaciones o servicios deben tramitarse por el procedimiento administrativo común y no mediante la normativa de transparencia.
6
Se procede a la inadmisión de la reclamación conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015 al no encuadrarse los hechos en el ejercicio del derecho de acceso a la información.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Com~sión da Tra!'lsparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 d.a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación present~da por mediante escrito do 23 de
xuño de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de xullo de 2021,
adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Único. presentou, media.nte escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 23 de xuño de 2021, unha reclamación contra a falla de actuación e falla
de contestación por parte do Concello de Piñor ante unha solicitude de declaración de ruína
iniciada á súa instancia, denuncia contra unha colonia descontrolada de gatos, solicitude de
instalación de contedor de vidro e aclaración sobre a xestión da recollida selectiva e
deficiencia de cobertura de Internet do rural.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa prácti: ica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comun idades
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa. o ·seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
info@comisíondatransparencia.gal www.tomisiondatransparencia.ga l
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un
órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de
reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28
da mesma Lei.
Na tramitación das reclamacións, debe analizar se a información solicitada é información
pública ou non, e de selo, se á información solicitada lle son aplicables ou non os límites
establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, ou se concorre na mesma algunha causa de
inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei.
De acordo coa documentación presentada pola interesada, debe concluírse que a interesada
non presenta reclamación contra a falla de contestación ou desconformidade cunha solicitude
de acceso á información pública, senón que presenta unha reclamación contra a falla de
contestación ou desacordo coa contestación de determinadas solicitudes relacionadas con
distintas actuacións ou servizos que entende que o Concello debe prestar á cidadania.
As solicitudes presentadas ante o Concello, e por tanto a reclamación presentada ante esta
Comisión, non poden considerarse enmarcadas no exercício do dereito de acceso á
información regulado na Lei 19/2013. A este respecto, hai que indicar que o obxectivo da Lei
19/2013 é someter a escrutínio a acción dos responsables públicos, coñecer como se toman
as decisións que afectan aos cidadáns, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións. No presente caso, as solicitudes presentadas pola
ínteresada, diríxense a esixir ao Concello unha serie de prestacións ou servizos, que deben
tramitarse polo procedemento administrativo que corresponda, sen que proceda a aplicación
ao presente caso, da normativa en materia de Transparencia.
Non se trata dun suposto de acceso cuxa finalidade sexa someter a escrutínio a acción dos
responsables públicos, coñecer como se toman as decisións que afectan os cidadáns, como se
f
1¡
t~ Rú> do llórrto, 65
15700, Santiago de Compostel•
·.ti(<t;_p:: •; ::: A Coruña
O lnfo@co,ni>iondatranspar<n<ia.ga1 (
, wv..-w.comi~ondatnnsparfncia.ga1
manexan os fondos públicos ou ba ixo que criterios actúan as nosas institucións, polo que as
cuestións suscitadas, non lle corresponde axuizar a esta Comisión da Transparencia.
Por tanto, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da
reclamación presentada, ao non poder considerarse as solicitude presentadas, solicit udes de
acceso á información pública de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 13
da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por contra a fa lla de
act uación e falla de contestación por parte do Concello de Piñor ante
actuación a dito Concello.
· Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sa la do cont encioso-
admin istrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo · 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisd ición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalm ente por 76706870F
MARIA OOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021.07.22 11 :55:32 +02'00'
M aría Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.