Inadmitida 30/05/2017

Reclamación por imposibilidad de acceder al listado de Bienes de Interés Cultural y resultado de inadmisión

El ciudadano solicitó acceso al listado de Bienes de Interés Cultural a la Consellería de Cultura, Educación e Universidade debido a fallos en los enlaces web. La Comisión de Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación porque fue presentada el mismo día que la solicitud original, sin esperar el plazo legal de resolución ni la configuración del silencio administrativo.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es extemporánea ya que se presentó el mismo día que la solicitud de acceso a la información.
2 No ha transcurrido el plazo de un mes establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016 para que la administración resuelva la solicitud.
3 La presentación de la reclamación fuera de plazo conlleva la inadmisión del acto al no ser susceptible de recurso según el artículo 116.c) de la Ley 39/2015.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito que tivo entrada no ·Rexistro do Valedor do Pobo o 23 de xuño de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 20 de ·xullo de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único: presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 23 de xuño de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, pola imposibilidade de acceder ao listado de Bens de Interese Cultural, xa que todos os enlaces ou non dan a información ou comunican unha páxina con outra sen dar solución, nin resposta, nin posibilidade de contacto para avisar do problema . Segundo consta no seu escrito de reclamación, a solicitu de de acceso a información ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a presentou na mesma data que a reclamación ante esta Comisión. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, esta blece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse (+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 90, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se 1 ' (~ (•34)981 569740 (} Rúa do Hórreo, 65 15700, Santí~go de Compostela A Coruña ~¡ ,.;;.;,r, info@:comisfoodatransparen(ia.ga1 (t\j www.1;.ornision datransparencia.ga1 toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e 9ue se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28 da Lei 1/2016, prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de. acceso poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, reclamación que debe interporse no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día segu inte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo. Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación é extemporánea, xa que a solicitude ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade presentouse con data do 23 de xuño de 2021, e a reclamación ante esta . Comisión presentouse o mesmo día, sen ter transcorrido o prazo dun mes que o artigo 27.4 da Lei 1/2016 establece para a resolución das solicitudes. Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 39/2015, obrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos interesados nos mesmos, polo que procede en consecuencia, a inadmisión da reclamación presentada por tratarse dun acto non susceptible de recurso, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, dlo procedemento administ rativo común das adm inistracións públicas. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da delegación de competencias outorgada pola Comisión de Transparencia de Galicia en sesión do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017), ACORDO Único: lnadmitir a reclamación presentada por ,con data do 23 de xuño de 2021, contra a imposibilidade de acceder ao listado de Bens de Interese Cultural. .i (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela - ;: [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga! Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2021.07.22 11 :55:18 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.