Un interesado solicitó a la Universidad de Vigo documentación sobre un proceso selectivo, alegando que la información recibida estaba incompleta. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación debido a que el solicitante tiene la condición de interesado en un procedimiento administrativo en curso, primando la normativa procedimental sobre la de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública implica recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria como herramienta de control de la actuación pública.
2
Se constata que el procedimiento selectivo estaba en curso en la fecha de presentación de la reclamación, dado que existen actas posteriores a dicha solicitud.
3
Según la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, cuando el solicitante tiene la condición de interesado en un procedimiento administrativo, prevalece la normativa reguladora de dicho procedimiento sobre la normativa general de transparencia.
4
Al concurrir la condición de interesado en un expediente activo, no es aplicable la vía de reclamación ante la Comisión de Transparencia, procediendo la inadmisión de la solicitud.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 9 de
xullo de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 21 de setembro de 2021,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 9 de xuño de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28
da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do
Secretario Xeral da Universidade de Vigo do 14 de xuño de 2021, pola que estima a súa
solicitude de acceso a determinada document ación referente ao proceso selectivo da praza
de Técnico Superior de Actividades do Medio Mariño.
O reclamante expón que con data do 14 de maio de 2021 solicitou, na súa condición de
interesado, document ación relativa á actuación do tribunal do proceso selectivo da praza de
Técnico Superior de actividades do Medio Mariño. Con data do 21 de xuño de 2021, recibe
documentación incompleta xa que tan só se recibe un acordo da Com isión e non a acta de
constitución da comisión, nin as actas das reunións desde a mesma, así como tampouco a acta
no que se adopta o acordo referente a petición formulada ao reclamante no acordo do 21 de
abril, polo que procédese a requirirllo para que se emenden as deficiencias, sen obter
resposta .
Segundo. Con data do 14 de xullo de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Universidade de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
a A Coruña
[email protected]! vvww.com isi ond atranspa rencia.ga 1
A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de xullo de 2021.
Terceiro. Con data do 27 de xullo de 2021 a Universidade de Vigo contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que en relación coa solicitude de acceso á información
presentada polo empregado da Universidade de Vigo contra a presunta desestimación da súa
solicitude de acceso á información ante a Universidade de Vigo, referente ao proceso selectivo
da praza de técnico superior de actividades do medio mariño, con data do 14 de xuño de 2021,
a Secretaría Xeral resolveu sobre a documentación solicitada, e con data do 21 de xullo de
2021 resolveuse a solicitude presentada polo interesado con data do 2 de xullo de 2021, polo
que considera que a Universidade respondeu aos requirimentos de acceso á información
pública cumprindo estritamente os prazos establecidos polo que, ao contrario do que afirma
o recorrente, en ningún caso se produciu a desestimación das súas solicitude.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
a A Coruña
info@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga l
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública.
No presente caso o interesado solicitou acceso a determinada documentación sobre un
procedemento selectivo para a provisión dun posto no que ten a condición de interesado.
0 (+34) 981 5697 40 (:) Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago d~ Compostela
A Coruña
(9 [email protected] G) ,w,w.comisiondatranspareocia.gal
A pesar de que no informe da Universidade non se fai referencia a si o procedemento estaba
finalizado ou non na data na que o reclamante presentou a reclamación ante esta Comisión,
da documentación presentada cabe concluír que o procedemento estaba en curso, por canto
a reclamación se presentou o 9 de xullo de 2021, e dentro da documentación que se remitiu
ao interesado coa resolución do 21 de xullo de 2021, se lle remite unha acta do tribunal do 12
de xullo de 2021, é dicir, posterior á presentación da reclamación.
No referido expediente, que se atopa en curso, o reclamante ten a condición de interesado,
polo que, de acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, debe ser a normativa
reguladora dese procedemento administrativo e non a normativa xeral de transparencia, a
aplicable ao acceso a información ou documentación por parte de quen teña a condición de
int eresados no mesmo, polo que procede a inadmisión da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por contra
Reclamación contra Resolución do Secreta rio Xeral da Universidade de Vigo do 14 de xuño de
2021, pola que estima a súa solicitude de acceso a determinada documentación referente ao
proceso selectivo da praza de Técnico Superior de Actividades do Medio Mariño.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administ rativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2021 .09.23 13:23:28 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.